"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Lobos de Arga é unha comedia de terror, dirixida por Juan Martínez Moreno, que conta a historia de Tomas Mariño (Gorka Otxoa), un escritor que volta ao pobo natal no que é recibido polos veciños con grande hospitalidade. Aínda que ignora que todas estas mostras de afecto non son gratuítas, xa que en realidade os habitantes do lugar pretenden sacrificar ao pobre escritor por pesar sobre a súa familia unha antiga maldición, materializada en forma dun lobishome que leva séculos aterrorizando ao pobo.

A película conta con grande presencia galega no reparto: Luís Zahera, Mabel Rivera Manuel Manquiña foron tres dos actores escollidos polo director. Tamén nas localizacións da rodaxe falouse galego, xa que tiveron lugar entre Noia e Silleda antes de trasladarse a Madrid. Cun presuposto de cinco millóns de euros, esta produción de comedia-terror estrearase no Festival de Sitges.

Vía: lashorasperdidas.com

Novas relacionadas: Lobos de Arga. Rodando en Santiago de Compostela e Remata a rodaxe de Lobos de Arga

1 comentario

  1. by W. Sobchak, on Outubro 6 2011 @ 2:52 p.m.

     

    a min a peli tenme unha pinta caralluda. Pero non sei eu se o seu público será demasiado friki (o tema, os protas..) como para un orzamento de cinco millóns. Pero benvida sexa está e moitas coma ela!

Comment RSS

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.