"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Sacred Peak

Os nosos amigos de Sentinel Wardrobe desvelaron o 25 de Setembro o evento que van realizar no 2012 e que esperábamos todos con ansiedade. Despois de toda esa espera naceu SACRED PEAK.

O evento levaranos a esa fantasía medieval de maxia, aventuras, heroes e bruxería que todos desfrutamos de pequenos. Películas como Conan O Bárbaro, Dentro do Labirinto, O Señor das Bestas, Krull, Masters do Universo, Cristal Escuro, Willow, Lady Falcón, Red Sonja, … verémolas polas rúas de Santiago de Compostela que se encheran de orcos, elfos, dragóns, bruxas, magos, espadachíns, unicornios e demáis. E non hai que esquecer o filme co que comezou a idea e que vai ser o centro do evento: A Princesa Prometida.

Coa lenda do dragón que vive debaixo do Pico Sacro de fondo intentarase restablecer o equilibrio entre o ben e o mal, a luz e a oscuridade, controlando a furia do dragón xa esquecido que reclama o seu tributo. Alí é onde morreu o pai de Iñigo Montoya, Domingo Montoya, asasinado polo conde de seis dedos, e librarase un duelo onde soamente pode quedar un…

Para iso hai que escoller un paladín que loite co conde e traia a paz e a xustiza a Santiago. Para iso comezaron co concurso “The Best Iñigo Montoya”. Quen queira participar ten que subir a Internet (a través de Youtube, Vimeo, etc) un vídeo teu dicindo a inmortal frase de Inigo Montoya:

“Ola. Chámome Iñigo Montoya. Ti mataches o meu pai. Prepárate a morrer“.

Logo hai que publicar o link na web http://thebestinigomontoya.com/ Queren que, pouco a pouco, encher con vídeos con esa frase e chegarlle entre todos ó corazón de Mandy Patinkin.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Ha6c7lnjgSw" width="520" height="294" wmode="transparent" /]

El Correo Gallego, Disquecool ou Galicia Confidencial xa deixaron un oco nas súas novas ó día seguinte do anuncio. Aquí tedes unha playlist para que os vaiades metendo no papel.

Seguro que vai a ser outro éxito. Xa estamos ansiosos de que chegue. Ide pensando nas vosas caracterizacións favoritas!!!

Graciñas de corazón, Sentinel Wardrobe, por facernos soñar de novo!

Comments are closed

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.