"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Crítica Eva. Que ves cando pechas os ollos?

Xa están aquí. Chegaron (outra vez) os da ESCAC. E é que cada vez van máis alá.

Por iso coido que é un traballo espectacular o que fixeron con este filme de ciencia ficción dende Escándalo Films. A idea inicial podería lembrar a algunha outra, como AI (Intelixencia Artificial), pero ten un aquel diferente. Dende logo non é tan ñoña.

A ambientación sumérxenos nun futuro quen sabe se moi lonxano ou non, no que os avances tecnolóxicos son evidentes pero, todo sigue igual. Non hai grandes construccións, nin coches voadores. É máis, os seus novos automóbiles móvense emitindo un son peculiar e non expulsan gases.

Tódolos detalles que vos poidades imaxinar están perfectamente coidados. É impresionante o proceso de configuración da personalidade dos androides; nada que envexar ás mellores producións e moito menos ás pantalliñas de Tom Cruise en Minority Report.

Brhüll en Eva

Os efectos especiais en xeral están moi logrados, por algo levaron o premio en Sitges. E xa non só visualmente. Na propia trama, a construción e programación dos robots é polo menos orixinal. Ó igual que a súa “desconexión”, que non é tal. Trátana como un proceso totalmente equiparable á morte, posto que ese mesmo robot xa non se poderá recuperar se un lle di “que ves cando pechas os ollos?”

Non deixa de ser un repaso ó estudo dos principios e filosofía da robótica. Que ocorre se creamos un robot libre. Humano. É un caso hipotético que axuda a desenrolar unha trama dramática, con triángulo amoroso incluído. E moi ben resolto. Descóbreste especulando, entre outras moitas cousas, que foi o que pasou hai 10 anos entre ese trio de personaxes, e de que relación é froito esa cativa espelida que serve de modelo para o novo robot que deseña Daniel Bhrüll.

robot Eva

Esa é outra. Se remata de funcionar á perfección é polo elenco. Destaca por encima de todo a  cativa,  Claudia Vega, e Daniel Bhrüll, como non. Repítese a parella de Celda 211, Alberto Ammann e Marta Etura. Pero sobre todo destacaría a Lluis Omar, que é un robot asistente sen moito peso na trama e á vez o clásico personaxe que aporta un toque humorístico, sen rematar en tópico.

E así, sen moito spoiler máis. Un drama de ciencia ficción moi recomendable.

poster eva

Comments are closed

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.