"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Ridley Scott apunta máis detalles sobre Prometheus

“Un equipo de exploradores atopa unha pista sobre os orixes da humanidade na Terra. Esto provocará que se vexan inmersos nunha viaxe polos recunchos máis escuros do universo. Alí será onde teña lugar unha loita que decidirá a salvación da raza humana”. Esto era o pouco que sabíamos de Prometheus, a precuela de Alien que está preparando Ridley Scott, ata agora. Nun chat co The Wall Street Journal o director deu máis detalles sobre a película.

O realizador xustificou a súa separación do terreo da ciencia ficción por que “non atopaba un guión que me gustase realmente. en cambio, Prometheus desenvolveuse e saíu dunha forma extraordinariamente boa“. Na conversa co medio estadounidense, confirmou a súa preferencia por construír os escenarios a pesar de apoiarse en imaxes xeradas por ordenador neste proxecto: “Son un gran defensor de filmar as cousas reais e polo tanto construín moitos dos escenarios de forma real“. Hai que recordar que neste proxecto, o realizador empregou o escenario “007”, situado no Pinewood Studios (Reino Unido) e que é un dos maiores escenarios en Europa.

O director tamén falou do título do filme. Segundo o director, a metáfora central da película xira arredor dun ser superior que desafía aos deuses roubandolles o lume, ao igual que o mito grego de Prometeo, e que remata castigado eternamente por tal acción. O británico tamén confirmou que Sigourney Weaver, a famosa Ripley, non terá ningún cameo nesta película. Finalmente, Ridley Scott dixo que os últimos oito minutos da historia de Prometheus conforman “un bo ADN para Alien“.

Prometheus estrearase en xuño de 2012, segundo a 20th Century Fox, e está protagonizada por Michael Fassbender e Charlize Theron.

Vía: Speakeasy (The Wall Street Journal)

Comments are closed

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.