Dexter renova dous anos máis e rematará na oitava tempada
Publicado en 2011 por BraisR en Series e TV | 1 comentario18 Nov
Despois do desencontro que protagonizaron a Showtime e o actor Michael C. Hall hai un mes, hoxe xa sabemos cal é o resultado da disputa: haberá dúas tempadas máis de Dexter (o que farán un total de oito tempadas). O presidente da cadea David Nevins asegurou que xa se trazou a traxectoria que seguirá Dexter os próximos tres anos (incluindo esta tempada), polo que os próximos episodios irán guiando a serie cara a fin.
Sobre o proceso de negociación, o presidente da canle insistíu en que o actor foi «un cabaleiro durante todo o proceso». Recordemos que a renovación de Michael C. Hall demorouse debido a que o actor solicitaba vintecatro millóns de dólares fronte aos vinte que lle ofrecía a canle. Ante a pregunta de se a oitava tempada sería a final, David Nevins sinalou que «non aseguro con certeza que vaia a ser a fin, pero si que será o escenario ideal; a serie está avanzando e é inevitable que remate nalgún punto». Finalmente, remarcou a importancia de que a serie Dexter non descendera en calidade nin en éxitos de audiencias durante esta seis tempadas.
Agora é o voso turno: pensades que este é o final ou, polo contrario, pensades que só é unha estratexia para conseguir publicidade? No caso de que sexades dos da primeira opción: como pensades que pode rematar? Cales son as vosas teorías?
Vía: deadline.com












by Alberto, on Novembro 18 2011 @ 9:41 p.m.
Pois eu penso que rematará … ou ao menos debería facelo, eu son da opinión de que unha serie non debe durar moito no aire.
Sobre como rematará … pois aínda sen ver nin un só capítulo da sexta tempada eu creo que non vai ter un final pechado.