"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Decembro, 2011

Co gallo de comezar o 2012 temos en exclusiva o trailer da curtametraxe que a Tropa Korriban: Star Wars Galicia rodou este verán.  A Tropa Korriban é a primeira asociación de Star Wars en Galicia de caracterizacións dos personaxes da saga de George Lucas, co único propósito de realizar actos conxuntos, considerando un privilexio colaborar en actividades educativas, lúdicas e culturais dentro de toda a comunidade galega.

Aquí tedes o trailer.

Estrea da curta na Revista da TVG.

É dificil para min agora mesmo escribir sobre este filme. Agora mesmo estou entre alegre, abraiado e triste. Comecemos pola sinopse: Drive é unha película sobre un especialista de Hollywood que durante as noites exerce de conductor en determinados roubos. En palabras do protagonista: “Se eu conduzo para ti, dame un lugar e unha hora. Eu douche unha ventá de cinco minutos, se algo pasa durante eses cinco minutos eu estou contigo pase o que pase. Se pasa fóra desa marxe, estás só. Eu non levo un arma: eu conduzo“. Con este monólogo do noso protagonista comeza Drive.

A secuencia que abre a película é absolutamente demencial. Un atraco, policías, un helicóptero da policía, catro derrapes, fuxida ‘in extremis’ e títulos de créditos. Neste punto xa te podes deixar levar porque non te despegarás na hora e media que resta de película. A trama, a pesar de que pode parecer moi próxima a películas do estilo To Fast To Furious, está tratada dunha forma moi delicada. Evidentemente, non pode faltar a trama amorosa na película, aínda que (e non digo máis para non spoilear), nesta ocasión non se rixe ás normas ás que estamos acostumados no cine de persecucións. En canto a actores, Ryan Gosling, ao que só coñecía de Crazy, Stupid, Love, sorprendeume moi gratamente encarnando a este heroe (?) cuxo nome non chegamos a coñecer. Un home inexpresivo, tímido, que ten un lado absolutamente escuro e tenebroso. De onde saíu? Por que fai o que fai? Son preguntas que non chegamos a coñecer, ao igual que apenas chegamos a coñecer nada do protagonista.

Deixoume sen palabras a elegancia do director Nicolas Winding Refn ao empregar o silencio e o oído subxectivo de cada personaxe nalgúns momentos da película. Algunhas secuencias rozan a máis pura beleza grazas a que, ironicamente, se nos priva de parte da escea. Igual que o son, o uso que fai dos planos slow-motion e os xogos coas sombras son para quitarse o sombreiro. Por outra banda, e como parte negativa, os efectos especiais parecéronme ás veces excesivamente cutres e mal logrados, así coma algúns planos detalles que me parecen innecesarios e desagradables.

Drive é unha película absolutamente recomendable se queredes gozar de persecucións, tiros e ostias respaldados cunha trama máis que decente. Coma bonus, dicir que a banda sonora escollida, maiormente música electrónica, dalle un ambiente irrepetible que deixa moi bo sabor de boca.

En exclusiva… trailer de Prometheus!!!


Menudo ano 2012 que nos espera. Primeiro foi Batman, The Dark Knight Rises, logo The Hobbit e agora Prometheus

Aquí tedes o trailer.
Babita… :O…
Vía: comicbookmovie.com

Espectacular cartace de The Expendables 2

Qué máis se pode pedir? E ollo a sinopse…

Despois de que a alma do grupo (Mickey Rourke) sexa brutalmente asasinado nunha misión, o seus compañeiros xuran vingar a súa morte. Pero non son os únicos que queren sangue, xa que mozos membros do equipo de Tool (Rourke) e a súa fermosa filla Fiona buscan a súa propia viganza, o que complicaralle as cousas unha vez sexa capturada por un dictador despiadado que planea destruir un movemento de resistencia. Agora Barney e os seus mercenarios deberán arriscalo todo para salvar a Fiona e a todo un país.

Vía: fantasymundo.com

Justin Bieber será ‘Tony Stark’ en Iron Man 3

Por favor, por favor, por favor, por favor, que isto soamente sexa un deses rumores que logo compiten na sección de “Peor Rumor” dos Premios de CinemaFriki, por favor, por favor, por favor, por favor, …

O cantante canadiense Justin Bieber formará parte do elenco do filme de ‘Marvel Comics’ da terceira entrega da saga deIron Man 3.

Na película o artista daralle vida a ‘Tony Stark’ na súa adolescencia. A súa aparición será en tres secuencias onde mostrarase a vida de mozo do creador de armas máis famoso do mundo.

Ademáis, os productores da película están pensando incluir un tema de Bieber na historia. A estrea de Iron Man 3 está programado para o 2013.

Vía: Películasy Cines.com

Batman: Year One

Na Comic-Con do 2011, estreouse a adaptación cinematográfica, da serie de DC Universe, a historia de Frank MillerBatman: Year One” de 1987 e que apareceu nos número 404-407. É producida por Bruce Timm e codirixida por Lauren Motgomery e Sam Liu. Conta coas voces de Benjamin McKenzie como Bruce Wayne / Batman, Bryan Cranston como James GordonEliza Dushku como Selina Kyle / Catwoman, Katee Sackhoff como Sara Essen, Grey DeLisle como Barbara GordonJonPolito como Comisionado Loeb e Alex Rocco como Carmine Falcone.

Sae directamente en DVD e BluRay en outubro do 2011.

Trailer de Batman: Year One

Vía: The Source

William Shakespeare´s Coriolanus

Creo que sobran as palabras para este filme de Ralph Fiennes. Coriolanus (2011) é bestial!

Trailer de Coriolanus

Vía: YouTube

Trailer de Killer Elite

Este é un dos típicos filmes que pasan sen pena e sen gloria, case sen promoción e que pode ser unha desas películas que desfrutamos sen moita preocupación a defraudarnos.

Baseada nunha historia real, Killer Elite (2011) recorre todo o mundo, desde Australia a París, Londres e Oriente Medio nun filme cheo de acción onde un ex axente de operacións especiais (Jason Statham) ten que sair do seu retiro para rescatar ó seu mentor (Robert De Niro). Para realiza-lo rescate, debe completar unha misión case imposible de eliminar a tres durísimos asasinos cun líder cruel (CliveOwen).

 Trailer de Killer Elite

Vía: YouTube

Trailer de Underworld: Awakening

E cantas van… 4? Pois sí, xa saíu o trailer da cuarta parte da saga Underworld (2003). Despois de Evolution (2006) e Rise of the Lycans (2009), con Awakening (2012) voltamos o mundo actual para seguir coa historia de Selene e Michael Corvin (metade vampiro metade lobisome).

Retomamos o coiro negro e os homes lobo sen depilar (coma ten que ser).

Trailer de Awakening

Vía: YouTube

Trailer de Batttleship

- D2

- Auga… B4

- Tocado!

- B5!

- Tocado e afundido; maldición! Afundiches o meu acorazado!

Todos xogamos centos de veces ó Afundir a Frota nas súas miles de versións, de pequenos e non tan de pequenos. Pois os “iluminados” guionistas de Hollywood pensaron que diso se podía sacar unha película. E así foi e perpetraron Battleship (2012).

Logo de ver o “impresionante” trailer será unha deses filmes que agardaremos a ver nunha tarde aburrida, pero se vos sobran uns euros e queredes botar unhas risas cos amigos pode ser unha opción para ver no cine.

Trailer de Battleship

Liam Neeson… tanta fame pasas para ter que facer isto???

Vía: YouTube

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.