"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

É dificil para min agora mesmo escribir sobre este filme. Agora mesmo estou entre alegre, abraiado e triste. Comecemos pola sinopse: Drive é unha película sobre un especialista de Hollywood que durante as noites exerce de conductor en determinados roubos. En palabras do protagonista: «Se eu conduzo para ti, dame un lugar e unha hora. Eu douche unha ventá de cinco minutos, se algo pasa durante eses cinco minutos eu estou contigo pase o que pase. Se pasa fóra desa marxe, estás só. Eu non levo un arma: eu conduzo«. Con este monólogo do noso protagonista comeza Drive.

A secuencia que abre a película é absolutamente demencial. Un atraco, policías, un helicóptero da policía, catro derrapes, fuxida ‘in extremis’ e títulos de créditos. Neste punto xa te podes deixar levar porque non te despegarás na hora e media que resta de película. A trama, a pesar de que pode parecer moi próxima a películas do estilo To Fast To Furious, está tratada dunha forma moi delicada. Evidentemente, non pode faltar a trama amorosa na película, aínda que (e non digo máis para non spoilear), nesta ocasión non se rixe ás normas ás que estamos acostumados no cine de persecucións. En canto a actores, Ryan Gosling, ao que só coñecía de Crazy, Stupid, Love, sorprendeume moi gratamente encarnando a este heroe (?) cuxo nome non chegamos a coñecer. Un home inexpresivo, tímido, que ten un lado absolutamente escuro e tenebroso. De onde saíu? Por que fai o que fai? Son preguntas que non chegamos a coñecer, ao igual que apenas chegamos a coñecer nada do protagonista.

Deixoume sen palabras a elegancia do director Nicolas Winding Refn ao empregar o silencio e o oído subxectivo de cada personaxe nalgúns momentos da película. Algunhas secuencias rozan a máis pura beleza grazas a que, ironicamente, se nos priva de parte da escea. Igual que o son, o uso que fai dos planos slow-motion e os xogos coas sombras son para quitarse o sombreiro. Por outra banda, e como parte negativa, os efectos especiais parecéronme ás veces excesivamente cutres e mal logrados, así coma algúns planos detalles que me parecen innecesarios e desagradables.

Drive é unha película absolutamente recomendable se queredes gozar de persecucións, tiros e ostias respaldados cunha trama máis que decente. Coma bonus, dicir que a banda sonora escollida, maiormente música electrónica, dalle un ambiente irrepetible que deixa moi bo sabor de boca.

2 Comentarios so far »

  1. by Diego Fernández, on Decembro 29 2011 @ 3:54 p.m.

     

    Eu vina onte e quedei abraiado. Encantoume, a banda sonora é sublime e a trama moi ben levada. Por momentos parece unha partida do GTA ou do Driver.

    Non coñecía a novela pero será de lectura obrigada este ano.

  2. by A secuela de Blade Runner é prioritaria para Alcon Entertainment | CINEMA FRIKI, on Xaneiro 2 2012 @ 3:26 p.m.

     

    [...] Agora só queda agardar dous meses para seguir coñecendo as novidades sobre Blade Runner 2. E que mellor forma de agardar que botando un ollo ás últimas recomendacións de Cinemafriki? Zarkoor e Drive. [...]

Comment RSS · TrackBack URI

Deixa un comentario

Nome: (Required)

eMail: (Required)

Website:

Comment:

 

About Author

CINEMA FRIKI é un blogue de novas e de opinión sobre o cinema que máis nos gusta. Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series e moito máis teñen sitio neste recuncho da internet que levamos facendo interrumpidamente dende 2005. CINEMA FRIKI fai parte da rede de blogues Vencello.