"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Neste mundo hai un tipo de seres que escapan a todo tipo de catalogación. Seres estranos capaces de idear as máis estrafalarias, desmadradas e inverosímiles creacións. Ningún de nós é capaz de entender como son quenes de producilas e financialas, como fan para transmitir o interese necesario para que estes proxectos cheguen a materializarse, ou como conseguen que estas creacións sexan difundidas de maneira normal e absolutamente convencional, obviando por completo a súa xénese marciana. Non o sabemos, nin nos importa demasiado, porque gracias a estes seres temos… OS DVDESES DOS QUE SÓ PAGAS A CAIXA!!

Filme: Zarkorr! The Invader (Zarkorr. El Invasor, 1996)

Director: Aaron Osborne

Prezo: 0,99€

Cando un se achega a un caixón con películas amoreadas sexa no lugar que sexa e ve un prezo de 0,99€ a carón do logo de Filmax xa sabe que o que ten nas mans non vai ter desperdicio. Se a eso lle engadimos unhas letras maiusculas en tipografía cutre nas que podemos ler: “EL APOCALIPSIS HA LLEGADO”, pois xa podemos confirmar antes de ver nada que nos acabamos de atopar cunha xoia. Esto é o que acontece con Zarkorr, botemoslle un vistazo á sinopse: “Una civilización extraterrestre vigila la Tierra desde hace cientos de años. Ahora el planeta se encuentra en peligro por un gigante que lanza rayos láser por los ojos. Nada parece que pueda detener su avance. Sin embargo, los extraterrestres han designado a un joven como el único defensor posible de la Tierra. Y sólo cuenta con la ayuda de una pequeña chica en forma de holograma enviada por los protectores alienígenas.” Dálle xa ó play!!!!

Pois eso que a peli comeza e o primeiro que vemos son unha especie de montañas rochosas de cartón pedra das que se comezan a ver luces de cores saíndo de pequenos buracos, polo susto que se levan os operarios da construcción que andaban pola zona podería tratarse perfectamente dunha rave montada por David Guetta, pero non, trátase de Zarkorr. Esta é unha peli de bicho e o primeiro que sae é o bicho, os prólogos son para nenazas. A cámara sobrevoa unha vila feita con casiñas de xoguete e entramos nunha cociña que canta a plató a máis non poder. (NOTA: Señores productores de Zarkorr e cousas similares, nos EE.UU. existen milleiros de cociñas reais por todo o país nas que poder rodar 1 única secuencia, non é necesario usar un decorado cutre. E se o que están facendo é reutilizar un decorado de outra cousa pois poñan polo menos algún prato, algo de menaxe, algún electrodoméstico…, as cociñas da xente, incluídas as persoas que loitan contra seres extraterrestres, soen ter utensilios para comer) . Haberá quen pense que me estou a poñer moi tiquis miquis co tema da cociña, pero é que nesa cociña ten lugar o que sen dúbida é o mellor momento da película. Aparece unha adolescente en miniatura vestida con top e minisaia dicindo que é unha extraterrestre. A personaxe en si é totalmente irrelevante e intrascendente para o que pase pero ten a xentileza de explicarnos o que vamos ver na película. Está ben que apareza ó principio, se aparecera ó final o que estaríamos a ver sería unha peli de M. Night Shyamalan e para ver pelis deste tipo non merece a pena pagar os 0,99€ da caixa. O caso é que a secuencia en cuestión é tan gloriosa que mellor que comentar este filme é transcribir directamente unha das conversacións máis surrealistas do séptimo arte:

SEC 02-INT/NOITE-COCIÑA

O protagonista da peli está tomando un café pousa a cunca e de súpeto unha adolescente en miniatura materializase da nada ó lado dunha cunca de almorzo e unha mazá de plástico. O prota miraa con cara de susto e deixa caer unha torrada de estaba a piques de levarse á boca.

MARCIANA

Tomy tenemos que hablar.

Tomy mira como dicindo “lo estoy flipando mucho”

MARCIANA

Tomy, hola.

TOMY

No eres real

MARCIANA

Soy real pero no soy sólida. De hecho soy

una imagen real proyectada directamente a los centros

visuales y auditivos de tu cerebro. Sólo tú puedes verme

y oirme.

A Tomy non se lle ocorre outra cousa que intentar pegarlle un toque co dedo á marciana.

MARCIANA

Ehhh!

TOMY

Y ¿por qué estás aquí?

MARCIANA

Has sido seleccionado por una coalición de especies

inteligentes de la galaxia para defender tu planeta de un

invasor. Si fracasas tú y toda tu civilización seréis destruídos.

¿Lo entiendes?

TOMY

De acuerdo

Tomy lo flipa (e eu tamén)

TOMY

¿Se supone que debo creermelo?

MARCIANA

TOMY

Entonces vienes de una civilización muy avanzada

¿no es así?

MARCIANA

Así es

TOMY

Y ¿por qué tienes aspecto de una adolescente ligona de la calle?

MARCIANA

Bueno, sencillamente porque es una proyección convencional.

Hecha para que parezca familiar y no de miedo.

TOMY

Si vienes de una civilización avanzada ¿puedo hacerte

algunas preguntas?

MARCIANA

Hay cosas que no puedo decirte

contestaré lo que pueda.

TOMY

De acuerdo. ¿Cual es el significado de la vida?

MARCIANA

No tiene ninguno. Es sólo una coincidencia resultado de

la cristalización del cuanto de nuestro universo.

TOMY

¿Existe la vida después de la vida?

MARCIANA

No

TOMY

Nuestro espíritu, nuestra conciencia ¿sigue existiendo

después la muerte de nuestro cuerpo físico?

MARCIANA

No

TOMY

¿Es cierto que le gusto a Wendy Sizes?

MARCIANA

No. Te está usando para poner celoso a Arny Benworth y se

ha acostado con Josh Winston para conseguir un ascenso en

el trabajo.

TOMY

Lo sabía, ¡qué la jodan!

A conversa dura uns 4 minutos máis e como podedes ver non ten desperdicio. O autor de esta marabilla de diálogo é o guionista Benjamin Carr, que aínda que pareza imposible currou moitísimo despois desto. Na súa carreira aparecen títulos tan suxerentes como Kraa! The Sea Monster (Kraa, el monstruo marino, Aaron Osborne e Dave Parker, 1998) que tamén está dirixida por Aaron Osborne, igual que este filme, ou algunha máis de consumo como Thir13en Ghosts (13 Fantasmas (13 Ghosts), Steve Beck, 2001) aínda que neste caso o colega Carr decidiu firmar cun pseudónimo, supoñemos que para non manchar a súa imaxe con productos comerciais.

A partir daquí a peli non pasa de ser un quest dunha aventura gráfica dos 80. Máis simple que un arado pero bizarra como ela sola. En realidade calquera cousa que se poida dicir da peli despois de ler algo tan xenial non lle faría xusticia.

Só unha última cousa. Pódese ver en V.O. Inegramente en YouTube.

Fagot

 

1 comentario

  1. by A secuela de Blade Runner é prioritaria para Alcon Entertainment | CINEMA FRIKI, on Xaneiro 2 2012 @ 3:05 p.m.

     

    […] 2. E que mellor forma de agardar que botando un ollo ás últimas recomendacións de Cinemafriki? Zarkoor e […]

Comment RSS

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.