"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Crítica a “O verán de Kikujiro”

Moitísimas películas pasan desapercibidas, moitísimos filmes pasan detrás noso e non viramos nin sequera a cabeza para velos e deste xeito cando visualizo obras como “O verán de Kikujiro” alégrome profundamente de ver que hai filmes que non son o mesmo, e agradécese.

“O verán de Kikujiro” é unha comedia xaponesa de 1999 que narra a historia dun pequeno neno que vive coa súa avoa, mais cando chega o verán todos os seus amigos marchan de vacacións e froito deste aburrimento decide ir en busca da súa nai que non coñece. Pero unha amiga da avoa observa este movemento polo que abriga ao seu marido acompañar ao rapaz. Deste xeito embárcanse nun viaxe con apenas diñeiro e unha foto da nai coa dirección.

Takeshi Kitano é director e actor protagonista desta obra o cal distribúe de forma maxistral o filme por capítulos como se un libro se tratase facendo fincapé nas accións máis irreverentes da aventura. Precisamente aquí é onde destaca esta película, porque lonxe do seu lento inicio atopamos todo unha serie de situacións extravagantes que como mínimo nos fará sorrír e como máximo lóxico afondarnos en gargalladas.

Gran parte de culpa tena a predisposición das cámaras, que nas imaxes máis cómicas manten a escena uns segundos profundizando no espectador.

A selección de actores tampouco diminúe a calidade, xa que temos visto a Kitano en filmes bastante máis serios, mais desta volta observaremos un personaxe totalmente diferente e aínda que os protagonistas estén serios en practiacamente a totalidade do filme, transmiten unha empatía asombrosa co que ve a película. Porque a tenrura aínda que pareza ausente está presente, a amizade entre persoas tan diferentes e dispares aparece e unha vez que remata este filme sentímonos como se un cadro vangardista estivesemos vendo, aparecen detalles camuflados na ironía e na comicidade. Debo mencionar que gran parte de culpa deste contraste entre comicidade e tristeza ben dada pola banda sonora, que aínda que por momentos sexa un chisco monótona, fáinos sentir como se foramos o propio neno.

Pero funme polos ramallos e non falei da calidade dos actores, porque non só Takeshi é digno de mención, xa que o actor que representa a Masao (o neno) é expléndido, transmitíndonos pena por momentos e tenrura pola presunta inocencia do rapaz. E co resto de actores tanto do mesmo, porque unha vez que vexades o filme (e debedes) saberedes que cada personaxe ten unha personalidade moi remarcada o que fai que a esaxeración facilite a saída das risas.

Un filme de culto que a moitos non gustará polo seu plantexamento, polo que arrisca e porque é como se fose unha poesía do cine, transmite añoranza, felicidade, pena,tristeza, violencia,amor… si, certo é que hai controriedade nas palabras, pero así é ” O verán de Kikujiro” unha luz no cine cómico con momentos que vos aseguro que recordaredes durante moito, moito tempo.

E con esta pequena crítica/recomendación preséntome en Cinema Friki, porque máis vale comezar con bo pé e con boas películas, que para criticar as malas sobra tempo.

http://www.youtube.com/watch?v=rgRdBOotk7o

Comments are closed

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.