Despois do anuncio da caída de Community da grella da NBC, onte Robert Greenblatt (produtor da NBC) declarou que «non hai ningunha intención de que Community desapareza». A principal razón do movemento na grella da serie foi para facer oco a 30 Rock, a comedia protagonizada por Tina Fey e Alec Baldwin. Robert Greenblatt evitou responder sobre se haberá unha cuarta tempada. «É difícil falar deso agora mesmo», dixo o produtor.
Os fans de Community quedamos pois expectantes ás noticias que poidan saír nos vindeiros días, agardemos que sexa confirmando a cuarta tempada e o retorno ás noites do xoves dos estudantes de Greendale. En palabras de Abed: «Cool, cool, cool!».
Vía: Newsroom.mtv.com












Deixa un comentario