Tráiler de Zombibi. Porque as invasións zombis poden pasar en calquera sitio, tamén en Holanda
Publicado en 2012 por ifrit en Trailers e teasers | No Comment12 Xan
Non todas as desfeitas e invasións teñen porque suceder nos EUA e todos os paises queren (e teñen o dereito) de sufrir o caos e a destrucción dentro das súas propias fronteiras. Desta maneira temos a oportunidade de ver versións dos clásicos do xénero con toques de idiosincrasia local.
Zombibi (Martijn Smits e Erwin van den Eshof, 2012) é unha comedia desmadrada de zombis, na liña de Shaun of the Dead (Zombies Party, Edgar Wright, 2004) e con homenaxes de todo tipo á Troma, Peter Jackson, etc., etc.
Aquí quedades co tráiler. Coidado que salpica.
A estrea nos Paises Baixos está anunciada para o 16 de febreiro de 2012 e xa vos podo dicir que non vai chegar aquí a non ser que sexa a través dos vosos provedores habituais.
(Vía: Uruloki)












Deixa un comentario