O estudio pasa de Red Tails e George Lucas anuncia que deixa o cinema comercial
Publicado en 2012 por ifrit en Directores | No Comment18 Xan
Red Tails (Anthony Hemingway, 2012) é un filme producido e financiado integramente por George Lucas e que foi concebido por este coma unha superproducción patriótica para mozos negros.
Red Tails conta a historia do escuadrón Tuskegee, un grupo de pilotos negros durante a II Guerra Mundial. E polo visto isto non gustou aos executivos do estudio, que esperaban algo con hip-hop e grandes cus.
Nun acto de promoción Lucas amosou o seu cansancio da industria e anunciou a súa decisión de deixar de facer cinema comercial. «Retírome. Marcho do negocio, da compañía, de todo este tipo de cousas».
O filme, protagonizado por Cuba Gooding Jr., Gerald McRaney, David Oyelowo e Method-Man, entre outros, estrearase o 20 de xaneiro de 2012 nos EUA.
O último que fará para o gran público será a quinta entrega da franquía Indiana Jones, que xa leva tempo en marcha.
Na foto: Mellody Hobson, parella de George Lucas, fala con el.
Vía: Las Horas Perdidas












Deixa un comentario