"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Este pasado sábado 3 de marzo finou o debuxante estadounidense Ralph McQuarrie, un dos deseñadores de personaxes, paisaxes, naves, etc. en Star Wars.

Foi o principal responsable do aspecto de Darth Vader, entre moitos outros. Velaquí algunha das súas ilustracións que recopilaron en elpulpo. Desfrutádeas.

Xa están aquí. Chegaron (outra vez) os da ESCAC. E é que cada vez van máis alá.

Por iso coido que é un traballo espectacular o que fixeron con este filme de ciencia ficción dende Escándalo Films. A idea inicial podería lembrar a algunha outra, como AI (Intelixencia Artificial), pero ten un aquel diferente. Dende logo non é tan ñoña.

A ambientación sumérxenos nun futuro quen sabe se moi lonxano ou non, no que os avances tecnolóxicos son evidentes pero, todo sigue igual. Non hai grandes construccións, nin coches voadores. É máis, os seus novos automóbiles móvense emitindo un son peculiar e non expulsan gases.

Tódolos detalles que vos poidades imaxinar están perfectamente coidados. É impresionante o proceso de configuración da personalidade dos androides; nada que envexar ás mellores producións e moito menos ás pantalliñas de Tom Cruise en Minority Report.

Brhüll en Eva

Os efectos especiais en xeral están moi logrados, por algo levaron o premio en Sitges. E xa non só visualmente. Na propia trama, a construción e programación dos robots é polo menos orixinal. Ó igual que a súa “desconexión”, que non é tal. Trátana como un proceso totalmente equiparable á morte, posto que ese mesmo robot xa non se poderá recuperar se un lle di “que ves cando pechas os ollos?”

Non deixa de ser un repaso ó estudo dos principios e filosofía da robótica. Que ocorre se creamos un robot libre. Humano. É un caso hipotético que axuda a desenrolar unha trama dramática, con triángulo amoroso incluído. E moi ben resolto. Descóbreste especulando, entre outras moitas cousas, que foi o que pasou hai 10 anos entre ese trio de personaxes, e de que relación é froito esa cativa espelida que serve de modelo para o novo robot que deseña Daniel Bhrüll.

robot Eva

Esa é outra. Se remata de funcionar á perfección é polo elenco. Destaca por encima de todo a  cativa,  Claudia Vega, e Daniel Bhrüll, como non. Repítese a parella de Celda 211, Alberto Ammann e Marta Etura. Pero sobre todo destacaría a Lluis Omar, que é un robot asistente sen moito peso na trama e á vez o clásico personaxe que aporta un toque humorístico, sen rematar en tópico.

E así, sen moito spoiler máis. Un drama de ciencia ficción moi recomendable.

poster eva

Bueno, e non só iso porque Dark Shadows xa foi nos anos sesenta unha serie da ABC que mesturaba vampiros, meigas, pantasmas e todo tipo de criaturas.

O reparto da serie da ABC

O reparto foi presentado esta semana. Conta, por suposto, cos habituais de Burton: Jhonny Depp será Barnabás Collins, un vampiro de 200 anos; e Helena Bonham Carter,  a Doutora Julia Hoffman, unha psiquiatra que se asenta na casa da inquedante familia Collins.

Ademais, Michelle Pfeiffer tamén participa neste, elenco completado por Eva Green, Jackie Earle Haley, Jonny Lee Miller, Bella Heathcote, Chloe Moretz e Gulliver McGrath.

Imaxe do novo reparto publicada no Entertainment Weekly

Outra adaptación a cargo de Burton nun xénero que sen dúbida domina. Pero haberá que esperar ata o 11 de Maio.

Tralo grande éxito de Modern Family nos Emmy Awards, esta serie familiar estrea a súa terceira tempada con, seguramente, elevadas expectativas na ABC.

O reparto da serie nos premios Emmy.

Unha comedia que arrincou hai dous anos e que non tardou en confirmar unha segunda tempada polo seu éxito. A clave é o elenco, actores moi bos e non especialmente coñecidos, agás, claro, Ed O´Neill que quen máis e quen menos lembra de Married with children. Claramente o formato escollido de falso documental axuda moito na renovación da comedia familiar, igual que o lixeiro cambio nos temas tratados.

Combina un guión espectacularmente escrito cun ritmo axeitado para que, a miúdo, as diferentes tramas conflúan nunha mesma situación final ou, no peor dos casos, nunha conclusión común, narrada por un personaxe.

Pero non se ía librar tan fácilmente dos problemas. O ano pasado os responsables desta serie foron demandados por Martin Alexander por suposto plaxio do seu proxecto Looney Ben. Segundo el, estivera intentando levalo a cabo e inclusive falaba de Sophia Vergara para un dos personaxes, moi semellante ó de Gloria Pritchett. Polo visto non se sabe nada máis de como rematou o asunto.

Imaxe promocional da segunda tempada.

A principal novidade para a terceira tempada son os cambios que sufrirá o seu reparto, e é que, para dar máis xogo, a pequena Lily será interpretada por Aubrey Anderson-Emmons (4 anos). A intención é darlle máis protagonismo ó seu personaxe; veremos como se defende e que situacións provoca esta meniña que ata agora permanecía impasible en cada secuencia. Ademais, reaparecerá momentaneamente Javier Delgado, interpretado por Benjamin Bratt e David Cross (Tobias Funke en Arrested Development) incorpórase como un concelleiro que lle fará a vida imposible a Claire Dunphy.

Eric Stonestreet e Aubrey Anderson-Emmons

Lembremos ademais que ó final da segunda tempada, Alex graduouse co cal comeza o instituto (corromperase a máis intelixente e responsable desta familia?); Haley insinuou que considera non ir á universidade (fará alguén que cambie de idea?) e Mitchell e Cameron decidiron adoptar de novo, neste caso un neno.

A terceira tempada comeza hoxe e moi… americana. A familia ó completo visita un rancho de Wyoming nunha emisión especial dunha hora.

 

About Author

CINEMA FRIKI é un blogue de novas e de opinión sobre o cinema que máis nos gusta. Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series e moito máis teñen sitio neste recuncho da internet que levamos facendo interrumpidamente dende 2005. CINEMA FRIKI fai parte da rede de blogues Vencello.