"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Que pasaría se os filmes actuáis foran concevidos fai anos?

-Loki: I have an army.
-Stark: We have a Hulk.

No more comments…

Quedan menos de catro meses.

Flowers of War (2011), tamén coñecida como Jin líng shí san chai, é a última obra de Yimou Zhang. O filme sitúase no Nanjing de 1937, en China, durante o Masacre de Nankín na época da Segunda Guerra Sino-Xaponesa. Un grupo de fuxitivos atopan refuxio nunha igrexa, arriscando as súas vidas ca fin de sobrevivir á difícil situación e a persecución provocada pola invasión do exército xaponés á cidade.

Protagonizada por Christian Bale presentarase o vindeiro 13 de febreiro no Festival de Berlín.

Xa nos gustaría a cada un de nos poder levar unha camisola destas…

A revista Empire sacou fai un tempo unha listaxe dos 100 mellores personaxes do mundo do cinema, que agora queremos compartir con vós.

Non cabe dúbida que cada un de nós terá os seus favoritos, pero considero que a lista é bastante aceptable. Eu soamente cambiaría algún de posición e metería algún esquecido, coma o Conan de Schwarzenegger (o de verdade), Ramsay, de Runaway (Runaway, brigada especial, Michael Crichton, 1984) ou o Sarxento Hartman.

A verdade e que a listaxe é bastante friki, proba clara que o cinema que nos gusta é o que vale. Xa diredes o que opinades.

Vía: Empire Magazine

Co gallo de comezar o 2012 temos en exclusiva o trailer da curtametraxe que a Tropa Korriban: Star Wars Galicia rodou este verán.  A Tropa Korriban é a primeira asociación de Star Wars en Galicia de caracterizacións dos personaxes da saga de George Lucas, co único propósito de realizar actos conxuntos, considerando un privilexio colaborar en actividades educativas, lúdicas e culturais dentro de toda a comunidade galega.

Aquí tedes o trailer.

Estrea da curta na Revista da TVG.


Menudo ano 2012 que nos espera. Primeiro foi Batman, The Dark Knight Rises, logo The Hobbit e agora Prometheus

Aquí tedes o trailer.
Babita… :O…
Vía: comicbookmovie.com

Qué máis se pode pedir? E ollo a sinopse…

Despois de que a alma do grupo (Mickey Rourke) sexa brutalmente asasinado nunha misión, o seus compañeiros xuran vingar a súa morte. Pero non son os únicos que queren sangue, xa que mozos membros do equipo de Tool (Rourke) e a súa fermosa filla Fiona buscan a súa propia viganza, o que complicaralle as cousas unha vez sexa capturada por un dictador despiadado que planea destruir un movemento de resistencia. Agora Barney e os seus mercenarios deberán arriscalo todo para salvar a Fiona e a todo un país.

Vía: fantasymundo.com

Por favor, por favor, por favor, por favor, que isto soamente sexa un deses rumores que logo compiten na sección de «Peor Rumor» dos Premios de CinemaFriki, por favor, por favor, por favor, por favor, …

O cantante canadiense Justin Bieber formará parte do elenco do filme de ‘Marvel Comics’ da terceira entrega da saga deIron Man 3.

Na película o artista daralle vida a ‘Tony Stark’ na súa adolescencia. A súa aparición será en tres secuencias onde mostrarase a vida de mozo do creador de armas máis famoso do mundo.

Ademáis, os productores da película están pensando incluir un tema de Bieber na historia. A estrea de Iron Man 3 está programado para o 2013.

Vía: Películasy Cines.com

Na Comic-Con do 2011, estreouse a adaptación cinematográfica, da serie de DC Universe, a historia de Frank Miller «Batman: Year One» de 1987 e que apareceu nos número 404-407. É producida por Bruce Timm e codirixida por Lauren Motgomery e Sam Liu. Conta coas voces de Benjamin McKenzie como Bruce Wayne / Batman, Bryan Cranston como James GordonEliza Dushku como Selina Kyle / Catwoman, Katee Sackhoff como Sara Essen, Grey DeLisle como Barbara GordonJonPolito como Comisionado Loeb e Alex Rocco como Carmine Falcone.

Sae directamente en DVD e BluRay en outubro do 2011.

Trailer de Batman: Year One

Vía: The Source

Creo que sobran as palabras para este filme de Ralph Fiennes. Coriolanus (2011) é bestial!

Trailer de Coriolanus

Vía: YouTube

Este é un dos típicos filmes que pasan sen pena e sen gloria, case sen promoción e que pode ser unha desas películas que desfrutamos sen moita preocupación a defraudarnos.

Baseada nunha historia real, Killer Elite (2011) recorre todo o mundo, desde Australia a París, Londres e Oriente Medio nun filme cheo de acción onde un ex axente de operacións especiais (Jason Statham) ten que sair do seu retiro para rescatar ó seu mentor (Robert De Niro). Para realiza-lo rescate, debe completar unha misión case imposible de eliminar a tres durísimos asasinos cun líder cruel (CliveOwen).

 Trailer de Killer Elite

Vía: YouTube

E cantas van… 4? Pois sí, xa saíu o trailer da cuarta parte da saga Underworld (2003). Despois de Evolution (2006) e Rise of the Lycans (2009), con Awakening (2012) voltamos o mundo actual para seguir coa historia de Selene e Michael Corvin (metade vampiro metade lobisome).

Retomamos o coiro negro e os homes lobo sen depilar (coma ten que ser).

Trailer de Awakening

Vía: YouTube

- D2

- Auga… B4

- Tocado!

- B5!

- Tocado e afundido; maldición! Afundiches o meu acorazado!

Todos xogamos centos de veces ó Afundir a Frota nas súas miles de versións, de pequenos e non tan de pequenos. Pois os «iluminados» guionistas de Hollywood pensaron que diso se podía sacar unha película. E así foi e perpetraron Battleship (2012).

Logo de ver o «impresionante» trailer será unha deses filmes que agardaremos a ver nunha tarde aburrida, pero se vos sobran uns euros e queredes botar unhas risas cos amigos pode ser unha opción para ver no cine.

Trailer de Battleship

Liam Neeson… tanta fame pasas para ter que facer isto???

Vía: YouTube

Sacred Peak

Os nosos amigos de Sentinel Wardrobe desvelaron o 25 de Setembro o evento que van realizar no 2012 e que esperábamos todos con ansiedade. Despois de toda esa espera naceu SACRED PEAK.

O evento levaranos a esa fantasía medieval de maxia, aventuras, heroes e bruxería que todos desfrutamos de pequenos. Películas como Conan O Bárbaro, Dentro do Labirinto, O Señor das Bestas, Krull, Masters do Universo, Cristal Escuro, Willow, Lady Falcón, Red Sonja, … verémolas polas rúas de Santiago de Compostela que se encheran de orcos, elfos, dragóns, bruxas, magos, espadachíns, unicornios e demáis. E non hai que esquecer o filme co que comezou a idea e que vai ser o centro do evento: A Princesa Prometida.

Coa lenda do dragón que vive debaixo do Pico Sacro de fondo intentarase restablecer o equilibrio entre o ben e o mal, a luz e a oscuridade, controlando a furia do dragón xa esquecido que reclama o seu tributo. Alí é onde morreu o pai de Iñigo Montoya, Domingo Montoya, asasinado polo conde de seis dedos, e librarase un duelo onde soamente pode quedar un…

Para iso hai que escoller un paladín que loite co conde e traia a paz e a xustiza a Santiago. Para iso comezaron co concurso «The Best Iñigo Montoya». Quen queira participar ten que subir a Internet (a través de Youtube, Vimeo, etc) un vídeo teu dicindo a inmortal frase de Inigo Montoya:

«Ola. Chámome Iñigo Montoya. Ti mataches o meu pai. Prepárate a morrer«.

Logo hai que publicar o link na web http://thebestinigomontoya.com/ Queren que, pouco a pouco, encher con vídeos con esa frase e chegarlle entre todos ó corazón de Mandy Patinkin.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Ha6c7lnjgSw" width="520" height="294" wmode="transparent" /]

El Correo Gallego, Disquecool ou Galicia Confidencial xa deixaron un oco nas súas novas ó día seguinte do anuncio. Aquí tedes unha playlist para que os vaiades metendo no papel.

Seguro que vai a ser outro éxito. Xa estamos ansiosos de que chegue. Ide pensando nas vosas caracterizacións favoritas!!!

Graciñas de corazón, Sentinel Wardrobe, por facernos soñar de novo!

 

About Author

CINEMA FRIKI é un blogue de novas e de opinión sobre o cinema que máis nos gusta. Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series e moito máis teñen sitio neste recuncho da internet que levamos facendo interrumpidamente dende 2005. CINEMA FRIKI fai parte da rede de blogues Vencello.