Próximamente comezará no Xabarin Club da TVG a serie de Dragon Ball Kai (2009 – 2011), a versión mellorada e en HD da serie Dragon Ball Z (1989 – 1996) do senseiToriyama.
Os irmáns cataláns Alex e David Pastor presentaron no festival de Toronto o teaser de The Last Days (2012).
Vai ser un dos filmes do 2012. Os irmáns Pastor, Alex e David, rodarán na primavera Los últimos días. Estes días en Toronto presentaron cuatro minutos que rodaron para presentar o look do filme, coa súa visión dunha Barcelona arrasada por ¿un apocalipsis?
As tropas imperiais foron solicitadas para que a entrega do material multimedia se levase sen problemas e sen interferencias das forzas rebeldes que estaban pola zona. Foi enviado un destacamento formado por dous stormtrooeprs comandados por un oficial e un mercenario rodiano. Tras interceptar un cargueiro rebelde, conseguiron recuperar algunhas das copias robadas e levalas o seu destino.
De tódalas formas, varias horas despois a Súa Maxestade Imperial enviou a un dos seus Gardas Imperiais para restablecer a paz entre o numeroso grupo de persoas que se congregaron. Outra misión que rematou en éxito.
A verdade é que agradécese una dose de cando en cando do universo Star Wars. Logo da estrea de Star Wars: Episode III – Revenge of the Sith (2005), saíron un montón de rumores, dende a continuación dunha serie con actores reais posterior a Star Wars: Episode VI – Return of the Jedi (1983) ata a realización dun Episodio 0 con Yoda coma protagonista.
As Clone Wars foron un deses rumores que se fixeron reais. Comezou cunha serie de debuxos que mostraba eses cabos soltos entre o episodio II e o III, cómo se converteu Anakin en Cabaleiro Jedi, a súa cicatriz e brazo novo, a concepción de Luke e Leia, o baño de ouro de C-3PO, os primeiros pasos no lado escuro de Anakin, a invasión de Coruscant e o por qué de que Grievous se pása todo o día tosendo. Dúas minitempadas (a primeira era de 20 capítulos de 5 minutos) de gran calidade, o meu parecer).
George Lucas non debeu quedar satisfeito con iso e decidiron realizar de novo a serie pero con animación 3D. Comezando cunha película (ou episodio piloto) que se estreou nos cines e retomándoa cunha serie da que xa levamos tres tempadas. A serie é totalmente independiente das Clone Wars orixinais e non teñen que ver nada unha coa outra.
Nesta nova andaina das Clone Wars, expándese moito máis o universo Star Wars, xa non son eses catro planetas onde todo o mundo se coñecía, aparecen novas razas, as intrigas políticas están á orde do día, a Orde Jedi está desbordada con tantos conflictos e os soldados clon non son unas persoas anónimas, se non que ten cada un a súa propia historia.
Nótase que a man de de Lucas non está detrás disto, bueno, supoño que poría a carteira, pero para o resto, nótase que hai alguén que lle interesa un pouco a saga. Obviamente, en tres tempadas, é lóxico que floxee nalgúns episodios pero en xeral é una serie bastante boa. Entre todos os capítulos destacar o 5º da segunda tempada, Landing at Point Rain, onde realizan o segundo asalto a Geonosis. Así debeu rodar George Lucas o Episodio II! Existen capítulos dedicados a só un personaxe, a historia dalgúns clons, conspiación políticas, asasinos, batallas campais, e a aparición de novos personaxes que xa colleron máis carisma que algúns protagonistas das cintas principais, como é o caso do cazarrecompensas Cad Bane. Tamén chama a atención que a serie, dirixida principalmente ós nenos, teñan esceas bastante duras para esas idades, como a morte de personaxes a sangue fría. Hai xente que lle desagrada o «comiqueiro» e «infantil» do deseño dos personaxes, pero queda esquecido unha vez comezado a historia.
Pero todo isto non é nada. Onde a serie tivo máis éxito foi no impresionante merchandising que sacou o mercado coas Clone Wars e que tivo un éxito sen igual, soamente comparado co das películas orixinais. Máis cartos para o peto.
Aquí tedes o tráiler da nova tempada, onde parece que vai ser un pouco máis escura cas anteriores. Os clons estrearán a armadura Phase II e espero impaciente o capítulo da escea de Grievous rodeado de gungans! Pronto saberemos o desenlace.
Logo de tanto tempo que se anunciou este spin-off (lembrade que co éxito de Shrek 2 xa se falaba del) este novembro poderemos desfrutar das súas aventuras. Aquí tedes o xenial trailer! XD
CINEMA FRIKI é un blogue de novas e de opinión sobre o cinema que máis nos gusta. Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series e moito máis teñen sitio neste recuncho da internet que levamos facendo interrumpidamente dende 2005. CINEMA FRIKI fai parte da rede de blogues Vencello.