Arquivo para a categoría 'Actores e actrices'
« Páxina anterior — Seguinte páxina »
Live fast & Die Hard, Fraggle Rock, Fantastic Four 2, Painkiller Jane, Terminator 4, The Dark Knight
23 Outubro 2006Timothy Olyphant será o malo da cuarta entrega de A Xungla de Cristal (Live free & Die Hard). Esta nova entrega conta a como os EUA sofren un ataque informático a grande escala que está a colapsar o país. O cerebro detrás de todo pensou en cada unha das posibilidades informáticas pero non conta con […]
Eses actores e actrices tolos
14 Marzo 2006Inauguramos aquí unha nova sección na que traeremos videos e outros materiais gráficos que nos amosan a cara menos coñecida dos nosos actores e actrices favoritos.
Empezamos cunha das nosas musas e actrices máis queridas, a doce e entrañábel Natalie Portman.
Vía Cool2ra
De segundo traemos a un David Hasselhoff recordando os tempos nos que foi número un […]
Os duros tamén morren
9 Marzo 2006Onte morreu ós 93 anos de edad Gordon Parks, máis coñecido por se-lo director que deu vida a Shaft na mítica serie blackxplotation por excelencia.
Gordon Parks tamén fixo fotografía, películas, escribíu novela e poesía, música e incluso ballet. De feito adoitaba decir: “Coido que a xente podería facer moitísimas máis cousas das que fai se […]
Project BB
8 Marzo 2006O meu filme comezou por fin! O orzamento é aproximadamente de 120 - 130 millóns de dólares de Hong Kong, o que para min non é unha gran produción, pero o principal é que é un filme de Hong Kong.
Nestes días hai cada vez menos filmes de Hong Kong. The Myth é un filme chinés, […]
Actores e actrices de Stardust
8 Marzo 2006Stardust está baseada na obra homónima de Neil Gaiman, que conta como Tristian (Charlie Cox), que, para gaña-lo corazón da súa namorada (Sienna Miller), promete traerlle unha estrela caida chamada Yvaine (Claire Danes). Para acadalo deberán enfrontarse no seu camiño cun pirata chamado Capitán Shakespeare (Robert de Niro) e cunha malvada bruxa (Michelle Pfeiffer)
Vía KillerMovies
Stardust
Os monstros tamén morren
6 Febreiro 2006O pasado venres deixounos un dos vampiros máis famosos da pequena pantalla, Al Lewis, o avó da serie A Familia Munster. 95 anos son moitos, incluso para un vampiro.
E nós ficaremos sen saber por que demos o seu neto era un lobisome, sendo seu pai un mosntro de Frankenstein e o seu avó un vampiro.
Vía […]
Adam Goldber en Deja Vu
28 Xaneiro 2006Deja vu contará a historia dun axente do FBI (Denzel Washington) que viaxará atrás no tempo para salvar a unha muller de ser asasinada. Adam Goldberg fará de científico.
Denzel Washington, Adam Goldberg e Jim Caviezel. Dirixe Tony Scott. Comezarán a rodar no mes de febreiro en Nova Orleans.
Vía Rotten Tomatoes
Agora só nos queda saber se […]
Jet Li deixa as artes marciais
26 Xaneiro 2006Jet Li, un dos grandes actores do cinema de artes marciais, o mestre de wushu, deixa o xénero que fixo que sexa o que é.
O seu derradeiro filme será Fearless, recén estreado en China.
Todo explicado nesta entrevista tirada da web chinesa de cinema Sina:
Que nos podes contar da túa personaxe en Fearless?
Interpreto ó protagonista, Fok […]
Casting de Alita. Anxo de Combate
6 Decembro 2005Búscase muller entre 16 e vinte e pico anos. Calquera étnia, incluido caucásicas. Móvese e compórtase con confianza e sentido da nobreza. Áxil coma un gato. Atlética coma un águia. É unha guerreira. Movementos elegantes e ouvido para os idiomas e dialectos son esenciais.
Prazo ata o 19 de Decembro
Para máis información e formulario de solicitude […]
Adeus ó sensei Miyagi
26 Novembro 2005Onte morreu o inconfundíbel Pat Morita, máis coñecido coma o señor Miyagi. Nominado a un Oscar po-lo seu papel na primeira Karate Kid Morita dedicou a súa vida a actuar tanto en cine coma en televisión e sobre todo en comedias, converténdose así en toda unha icona do imaxinario de toda unha xeración.
Por fin Daniel-san […]
Michael Caine en The Prestige
31 Outubro 2005Michael Caine é a última incorporación ó novo proxecto de Christopher Nolan, The Prestige.
The Prestige narra o enfrontamento entre dous magos, Christian Bale e Hugh Jackman, a principios do século XX.
Michael Caine interpreta a un mago que entrena a Hugh Jackman.
Vía KillerMovies.com
Lindsay Lohan en Bobby
31 Outubro 2005Lindsay Lohan é a última incorporación ó proxecto escrito e dirixido por Emilio Estévez.
O filme, titulado Bobby, mistura ficción e realidade para contar as historias entrecruzadas de distintas personaxes que se atopaban no Hotel Ambassador de Os Ánxeles nas horas precedentes ó asasinato de Kennedy.
O reparto de luxo contará coa presenza de Anthony Hopkins, Demi […]
Omahyra Mota en X-men 3
18 Outubro 2005A modelo Omahyra Mota (rostro do perfume de Gaultier Fragile) interpretará a Stacy X en X-men 3, unha mutante nova que acompaña todo o tempo a Juggernaut e ten o poder de segregar feromonas para poder atraer así a calquera.
Cousas veredes…
Vía Superhero Hype
Super-cameos en X-men 3, , Ben Foster en X-men 3, As irmás Williams […]
Katie Holmes fora do próximo Batman
27 Xuño 2005Katie Holmes non estará na proxima película de Batman. A productora Warner Bros. afirma que a súa (incríbel) relación co protagonista de A Guerra dos Mundos restou protagonismo ás promocións nas que participou a actriz.
As malas linguas din que non era necesario, xa que para a estrea da próxima película xa estarán divorciados (se é […]
Miami Vice
23 Xuño 2005Luis Tosar recén rematou a rodaxe de Cargo co director Clive Gordon e en setembro comezará a rodaxe de Miami Vice, a adaptación cinematográfica da famosa serie Corrupción en Miami.
Luis Tosar interpreta a Montoya, o xefe dun cártel da droga e malo do filme. O director será Michael Mann e acompañarán a Tosar na pantalla […]