Arquivo para a categoría 'Críticas'

Seguinte páxina »

Maratón de Pesadelo en Elm Street. Parte 4

8 Maio 2008

O enorme éxito da terceira parte fixo que tan só un ano despois pudiésemos ver unha nova entrega e en agosto de 1988 estreábase comercialmente Pesadelo en Elm Street IV, que levaba o subtítulo de “Dream Master”. Este subtítulo foi traducido de múltiples formas por estes lares, comunmente como “Maestro de los sueños”, unha […]

10 filmes zombis que marcaron a miña non vida (II)

7 Maio 2008

O Amencer dos Mortos (Dawn of the Dead, 2004, Zack Snyder)
Este filme dirixido por Zack Snyder, artífice tamén da adaptación da banda deseñada de Frank Miller 300 (sangue, suor e carne, moita carne) e da agardadísima Watchmen (baseada na banda deseñada de Alan Moore e Dave Gibbons), e cun guión de Romero podería dicirse que […]

10 filmes zombis que marcaron a miña non-vida (I)

5 Maio 2008

A noite dos mortos vivintes (Night of the Living Dead, 1968, George A. Romero)
Aquí escomezaba unha das sagas que endexamáis debería faltar en ningunha das nosas casas, a de George A. Romero Mortos Vivintes. Un clásico do cinema de terror e, por suposto, do noso subxénero favorito, o zombi. Vale que se podería dicir que […]

Copiar-pegar, copiar-pegar, copiar…

5 Maio 2008

Bueno, que se pode dicir de Aliens vs. Depredador 2. Non moito que unha persoa cun pouco de sentidiño non vira. Vendo a “grande” película que foi a primeira, onde destrozan directamente un filme que podería convertirse nun mito, convertida nun produto vacío, sen clasificación de terror, acción ou comedia (e aínda por riba destrozaron […]

Non son zombis, son infectados…

5 Maio 2008

Xa ó sei, fai tempo que xa se estreou, pero uns problemas informáticos e unha época de exames levoume a pospoñer, e moito, as críticas pendentes. E ademáis, é máis doado facer unha crónica deportiva que unha crítica (a xente sabe de que vai).
En canto ó filme en cuestión, temos que falar dunha película […]

Fantasporto 2008. 28º Festival Internacional de Cinema do Porto

5 Marzo 2008

CINEMA FRIKI estivo no Fantasporto 2008. 28 Festival Internacional de Cinema do Porto.
Aquí tedes un limiar coas entradas do diario zinéfago-gastronómico do evento | Veja aquí!
Porto. Día 2.
Porto. Día 2 (bis). (The Eye 10, Presumptes Implicats, Triangle)
Porto. Día 3. (Natural City, Mother of Tears, Hell’s Hound)
Porto. Día 4. (Mirror, Dark Corners, Cannibal, The Musical)
Porto. Día […]

Porto. Día 5

5 Marzo 2008

Levo dous días de peregrinaxe polos principais centros de adoración consumista: Fnac, MediaMarket, Central de Cómics… e conseguín sair sen mercar nada (e andar moito). A comida deste día foi sinxela: salchichas frescas cubertas con queixo fundido e patacas fritidas nun local preto da Central de Cómics. E de cea unha hamburguesa non moi alá […]

Porto. Día 4

4 Marzo 2008

Explosión protéica!! Podían telo chamado así, con signos de admiración e todo, mais non, preferiron chamalo “francesinha”. Para os non iniciados direi que a francesinha é un sandwich (si, si, un sandwich!) que se fai da seguinte maneira: unha rebanada de pan de molde, unha loncha de xamón de York, un filete de vitela, salchicha, […]

Porto. Día 3

3 Marzo 2008

Estou de vacacións, así que durmo ata tarde. Paseo, recollo as entradas do día seguinte e vou comer. Hoxe toca carne, Entrecosto con patacas fritidas nun local xusto enfronte do cine Sá de Bandeira. Rico, boa cantidade e bo prezo. Xa lle empezo a coller o xeito a esta comida.
Natural city. Pesadísimo filme de […]

Porto. Día 2 (bis)

2 Marzo 2008

O de onte foi unha excepción, as entradas son ó día seguinte, non no día.
The Eye 10. Primeiro filme para min do festival. Pre-estrea europea para este filme dos irmáns Pang. Nesta ocasión preséntannos unha historia de medo e humor a partes iguais. Un grupo de amigos estudantes de Hong Kong van de vacacións a […]

O Planeta dos Gorilas

31 Xaneiro 2008

Para celebrar como se merece, e por primeira vez a tempo neste bló, o Dí­a do Traxe de Gorila faremos un repaso á maior saga de xente disfrazada de mono da historia do cinema, O Planeta dos Simios e outros subprodutos relacionados.
Para empezar po-lo principio diremos que o filme O planeta dos simios, ó igual […]

Godzilla. Xapón baixo o terror dos monstro (1954)

20 Xaneiro 2008

Parece mentira, que a estas alturas da historia do mellor blog cinéfago, este pouco humilde crítico non tivera comentado nada sobre esta magnífica obra do mellor cine asiático e mundial. Un erro case imperdoable que me faría inclina-la faciana de vergoña (se tivese tal cousa). Pero en fin, a historia está para correxila, así que, […]

[REC], o cinema español si funciona

7 Xaneiro 2008

Co gallo de Cineuropa o outro día puiden desfrutar do último filme do mestre George A. Romero Diary of the Dead e, como non, quedei con ganas de máis doses de zombis e xente en perigo. E que mellor momento para que estrearan [REC].
Non hai que negar que cando un se mete no cine a […]

28 semanas despois… a base de carne humana

17 Setembro 2007

Dez minutos… Dez minutos de tensión abrumadora, dez minutos de violencia descontrolada, dez minutos de horror desenfocado levados a unha velocidade extenuante.

Dez minutos foi o tempo que tardamos en poder volver a respirar despois de que desaparecesen os créditos iniciais de 28 Semanas despois. Con esta incrible secuencia do ataque por parte dunha horda de […]

Os robots transformables vidos do espazo

17 Setembro 2007

Xa sei que pasou tempo desde a súa estrea, pero tamén avisamos hai tempo da consecuencia que podería sair de Transformers, ese proxecto do dúo Michael Bay - Steven Spielberg.

Non hai que negar que houbo certa ilusión ó saber que ían a trasladar á grande pantalla estes robots de Cybertron e, sobre todo, coas novas […]

Seguinte páxina »