Aventuras, acción, fantático, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series…

Archives for Críticas category

Para celebrar como se merece, e por primeira vez a tempo neste bló, o Dí­a do Traxe de Gorila faremos un repaso á maior saga de xente disfrazada de mono da historia do cinema, O Planeta dos Simios e outros subprodutos relacionados.

Para empezar po-lo principio diremos que o filme O planeta dos simios, ó igual que Sin tetas no hay paraiso, está baseado nunha novela. Neste caso a novela de 1963 é obra do escritor francés Pierre Boulle, tamén autor do libro A ponte sobre o rí­o Kwai, no que se baseou o filme homónimo.

Para que non vos fagades un lí­o podedes seguir esta liña temporal.

O planeta dos simios (1968)

O argumento é máis que coñecido: Charlton Heston é un astronauta que xunto con outros astronautas viaxan nunha nave que se perde no espazo chegando a un planeta onde os simios son a raza dominante e os humanos uns meros escravos. Charlton Heston é capturado e engaiolado e deberá fuxir dalí loitando contra os prexuizos da sociedade simia.

O filme fundador da maior saga de xente vestida de gorila é un filme de ciencia ficción en toda regla e así o demostra o final, unha das escenas máis famosas de Charlton Heston. A viaxe non foi no espazo mais no tempo, o lugar no que están é a Terra da que partiron mais no ano 3978.

Primeiramente o filme é unha plataforma para ensinarnos a Charlton Heston seminú e despois para tratar un sinfín de temas tanto filosóficos como morais. O dito, pura ciencia ficción da boa.

Regreso ó planeta dos simios (1970)

O segundo filme da saga sucede a continuación do primeiro, mais seguindo a historia de personaxes distintas. Un novo astronauta aterra no planeta, vén en busca dos astronautas perdidos. A historia repítese e ten que fuxir axudado polos mesmos que axudaron a Charlton Heston na primeira e así marcha á Zona Prohibida en busca deste. Nesta Zona Prohibida o que atopa é unha sociedade de mutantes de pel traslúcida e con poderes psíquicos que viven nos restos subterraneos da civilización post-holocausto (metro e outras ruinas de Nova York). Alí adoran a un misil nuclear co que deducimos que os mutantes son os herdeiros dos “pajeros”, pois de todos é coñecida a súa afección po-lo nuclear e os fungos radiactivos. Ó final aparecen os simios soldados e tamén Charlton Heston e a festa está montada.

En definitiva Regreso ó planeta dos simios é unha secuela en toda regla: conta practicamente o mesmo que a primeira, con menos orzamento mais intenta parecer moito máis, e ten a metade de chicha. E gustamos diso, non si?

Fuxida do planeta dos simios (1971)

Como era de esperar, os filmes de señores disfrazados de gorila (e outros simios) son todo un éxito, así que hai que seguir facendo películas, e desta volta proban algo novo. Cunha bomba nuclear polo medio o anterior filme non podía ter rematado doutra maneira que non fora a destrucción do planeta, e así este terceiro filme conta de como os simios que axudaron ós dous astronautas nas anteriores entregas e a estas alturas convertidos en protagonistas da saga chegan aproximadamente 2000 anos antes do seu tempo montados na nave da primeira parte. Así que temos o argumento das dúas anteriores pero do revés. Nun primeiro momento a xente trataos ben e eles intentan encaixar na sociedade humana (gorileo a gogó), mais unha vez que se revela que no futuro os simios gobernarán por riba dos humanos as cousas cambian e queren acabar con eles. Pero, como nas primeiras, entre tanto mal sempre hai alguén disposto a axudar e consiguen que o seu bebé sobreviva á persecución. A continuidade espazo-temporal está salvada.

Que é incríbel ademáis de inexplicábel que vaian na nave averiada? Si, claro, que esperabades? A saga está chea de inconsistencias tanto científicas coma de guión dende a primeira entrega. Mais non me digades que non é bonito ver bicarse a dous señores disfrazados de simio. E inda máis inspirador, ver a dous señores disfrazados de simio intentando parecer señores nun guateque. Demencial!

A rebelión dos simios (1972)

Isto xa non hai quen o pare! A saga é todo un éxito e imos a filme por ano! Unha vez máis o filme continúa a historia do anterior uns vinte anos despois. Unha estraña plaga acabou con tóda-las mascotas e agora o que se leva é ter simios na casa. O fillo supervivinte é descuberto polo mismísimo presidente dos EUA e perseguido. O noso protagonista non pode ficar indiferente ante o trato recibido po-los seus conxéneres e organiza unha revolta. Os simios inda non evolucionados érguense contra a humanidade levando ó caos e a destrucción alí por onde pasan. Ó final o simio arrepíntese de ter escomezado a revolta e berra po-la convivencia pacífica entre os restos queimados da cidade.

Unha nova reviravolta nos plantexamentos da saga con relación as razas. Na primeira están os simios por riba(gorilas, chimpancés e orangutáns) e os humanos por baixo; na segunda os simios por riba, os humanos por baixo e os mutantes, os diferentes; na terceira están os humanos por riba e os simios os raros (despois o perigo) e na cuarta están os humanos por riba e os monos moi por debaixo. Non dubidedes que hai lecturas e explicacións varias para todos estes argumentos.

A conquista do planeta dos simios (1973)

E chegamos ó quinto e derradeiro filme da saga. Antes de nada explicar un dato que pode levar a confusión provocado po-los XENIAIS! tradutores de títulos de películas españois. O cuarto filme no orixinal chámase Conquest of the Planet of the Apes e traducírono por A rebelión dos simios; e a quinta é Battle for the Planet of the Apes e traducírono por A conquista do planeta dos simios. Moi hábiles, si señor.

O mono listo da anterior é agora o líder dos simios e para que a cousa non se lle vaia das mans ten ós humanos esclavizados (interesante maneira de conseguir a convivencia pacífica). Mais non todo é idílico e tanto de parte dos humanos como de parte dos simios hai disidentes que buscan desestabiliza-lo sistema. Por primeira vez na saga un filme remata ben e a convivencia entre simios e humanos faise posíbel.

É hora de ir rematando a saga. Os principais valores da mesma desapareceron: a ciencia ficción brilla pola súa ausencia, así como os subtextos e o espectacular maquillaxe substituiuse por máscaras de goma.

O planeta dos simios (1974)

Rematan os filmes, mais non a saga. Esa historia e todos eses traxes de simio hai que aproveitalos dalgún xeito, e que mellor maneira que unha serie. A serie consta dunha única tempada de catorce capítulos autoconclusivos protagonizados por dous humanos e un simio que loitan no ano 3085 contra a tiranía dos simios que dominan o planeta.

Cunha calidade máis que aceptábel a serie non se diferencia demasiado doutras semellantes da mesma época. Tres fuxitivos viven eternamente no camiño e loitando ó límite, mais ó final do capítulo sálvanse.

Regreso ó planeta dos simios (1975)

E non hai saga que se prece que non teña a súa serie de animación. Así Oplaneta dos simios ten a súa serie dunha tempada de trece capítulos para que os máis pequenos da casa podan disfrutar coma monos (pero outra vez veremos que os debuxos animados non son sempre para nenos)

Aquí non hai xente disfrazada porque son debuxos, mais non podiamos deixar esquecida esta pequena xoia dos ‘70.

Ó contrario que a serie de imaxe real os capítulos non son autoconclusivos e contan unha historia que van desenvolvendo pouco a pouco. Ademáis disque esta serie é máis fiel á novela de Boulle xa que conta unha historia semellante á dos dous primeiros filmes inda que sucede despois de Regreso ó planeta dos simios. Tres novos astronautas chegan ó planeta. A muller é capturada po-los mutantes e os seus compañeiros intentarán liberala mentres axudan ós humanos a loitar contra o exército simio.

A serie ten unha animación bastante pobre e como nota distinta dos filmes os simios posuen unha tecnoloxía moito maior, con vehículos motorizados, radio, televisión e elevados edificios.

Saru No Gundan / Time of the apes (1974, 1987)

E chega a hora do bizarro e da apesplotation. E como non podía ser doutra maneira chega dende oriente, máis concretamente dende Xapón.

En 1974, ó mesmo tempo que a serie estadounidense, estréase Saru No Gundan (O exército dos monos), unha serie de 26 episodios nos que coñeceremos a historia dunha científica que xunto a dous nenos é accidentalmente transportada por culpa dun experimento crioxénico a un futuro no que os simios dominan o planeta (sóavos de algo?)

En 1987 (sabe Deus por que) saiu un telefilme co mesmo título e feito na súa totalidade en forma de colado con anacos da serie. Reciclaxe xaponesa a todo filispín!

Eso que vedes aí arriba co título en marelo é a carátula da banda sonora, composta por 56 pistas que misturan de todo: pop xaponés da época, ruidiños incidentais, berros militares, música estilo spaghetti western, cancións cantadas por nenos, orquestras robóticas e toda o que se vos poda ocorrer.

Aquí podedes ler o resumo dos catro primeiros capítulos feitos por un machiño que os visionou sen subtítulos.

Homes de ollos rasgados disfrazados de gorilas disfrazados con gabáns e de militares, non se pode pedir máis.

Planete of the Erotic Ape / World of the Erotic Ape / Babes in Kongland (2002)

E chegamos á parte máis quente. A unha parodia soft-core do Planeta dos simios. O argumento é o que segue: Un mad doctor/técnico de televisión inventa un aparello co que sintonizar canles eróticas de planetas lonxanos, mais cando o proba é transportado a un planeta lonxano (ou iso cre el) domina por mulleres no que os homes foron enviados á Zona Prohibida (o lugar onde os homes aman a outros homes e pasan o seu tempo libre escoitando vellas canción de Judy Garland) e os gorilas son os seus escravos sexuais. O doutor é capturado por unha tribo que perdeu ó seu gorila escravo (a.k.a simio erótico) e danlle un ultimátum para atopalo ou perderá a súa hombría nun bizarro ritual.

O que a saga nunca non amosou! Homes vestidos de gorila a foder con mulleres! (en tóda-las posturas)

Play-mate of the Apes (2002)

Os guionistas de soft-core son do máis surrealista que hai (sempre acompañados po-los orzamentos máis baixos) Tres astronautas de boa raza caen nun planeta gobernado por simios (a ninguén lle soa?) e a partir de aí todo tocarse entre elas e ós gorilas.

Non conseguín ningunha imaxe, pero disque os disfraces de gorila son do peor visto nun filme.

E ata aquí chega o repaso á saga do Planeta dos simios e os seus subprodutos.

Feliz día do traxe de gorila e a disfrutar!

ifrit

Parece mentira, que a estas alturas da historia do mellor blog cinéfago, este pouco humilde crítico non tivera comentado nada sobre esta magnífica obra do mellor cine asiático e mundial. Un erro case imperdoable que me faría inclina-la faciana de vergoña (se tivese tal cousa). Pero en fin, a historia está para correxila, así que, queirades ou non, vouvos falar da película que todo ser humano, inhumano ou friki debería ter visto xa:

Godzilla. Xapón baixo o terror do Monstro (1954)

Despois da misteriosa desaparición dunha serie de barcos no Mar do Xapón, os inútiles dos científicos comezan a especular con absurdas teorías de erupcións submariñas e outras parvadas. Ten que ser o típico e venerable ancián de aldea o que saque da memoria a lenda que contén a verdade, a do monstro mariño Godzilla, ó que tradicionalmente se lle ofrendaban mozas novas para calmar a súa fame e a súa ira (política que no pasado dera resultados pero que caera en desuso por motivos incomprensibles).

Cando por fin as autoridades se ven forzadas a admiti-la verdade, gracias ás amables atencións e coletazos do grandioso superser, comezan a trazar complexos plans para acabar con el, baseados principalmente no uso de cantas armas tiñan. Pero claro, estamos nos 50, os mechas todavía non son efectivos, e os seus antepasados, os tanques, moito menos, así que a teoría da evolución comeza a aplicarse en toda a súa grandeza: “Só Chuck Norris podería sobrevivir ante Godzilla”.

Pero lembremos que estamos nunha película de ficción, así que ten que haber un “happy ending”, polo que inventamos un científico chosco, descubridor dunha arma revolucionaria, e rematamos a historia dunha forma totalmente ilóxica (triste día para nos os monstros xigantes).

No tocante ó aspecto técnico da propia película, non podemos ter máis que eloxios, dende logo, non debeu quedar medio técnico de época sen empregar, e os resultados son máis que dignos, as maquetas contan cun grado de detalle tan elevado, que xa lle gustaría a máis de un tolo dos ordenadores obte-los mesmos resultados (e non miro para ninguén, George Lucas).

Sobre o mérito artístico, é indudable que, dende o seu comezo, nos atopamos ante unha das mellores historias de intriga científica, cunha sorprendente profundidade no tratamento do mundo emocional das personaxes, e que culmina na apoteose dramática da morte do verdadeiro protagonista de cinta, o monstro xigante.

En conclusión, unha obra mestra sen parangón, que ninguén debería perder, e indispensable para a correcta formación da futuras xeracións de friáis e críticos aleccionados.

Godzilla-Sama

(Non quedaría demasiado parcial, verdade?)

12 filmes de Godzilla para descargar no Torrent

Co gallo de Cineuropa o outro día puiden desfrutar do último filme do mestre George A. Romero Diary of the Dead e, como non, quedei con ganas de máis doses de zombis e xente en perigo. E que mellor momento para que estrearan [REC].

Non hai que negar que cando un se mete no cine a ver unha película “Hecha en España” sempre entra co medo no corpo e coas dúbidas do que un se vai atopar (normalmente, non é nada bo). Pero este filme era especial, viña abalado con grandes premios e unha boa crítica e ademáis, vai de zombis, polo que os cartos do cine estaban xustificados.

E ben xustificados que estaban. Encántame poder desfrutar dunha película así. Ter esa sensación no corpo de que o estas pasando ben, ou neste caso, non tan ben, porque os primeiros sustos xa impresionan e continúas toda a metraxe nesa tensión e liberando adrenalina que tan ben senta para limpar as veas.

A realización é implecable. Toda a película está rodada en primeira persoa, coa cámara ó lombo, o que provoca que un estea moito máis dentro dos personaxes e vexas en primeiro plano as caras de terror e os babexos dos non-mortos. A ambientación xenial. Canto se pode sacar dun bloque de apartamentos de fai máis de 50 anos e crear esa sensación de claustrofobia e corredores estreitos con “algo” esperándote ó fondo. Os persoaxes do máis variado: bombeiros, un novato da policía, a presentadora dos 40 e dende nais histéricas, vellos o máis estilo “Made in Spain” ata chineses de Todo a Cen e un enfermeiro. Sublime. ¡Ah! E avisar que non aparecen peitos, tan normal (e parece que obrigatorio) que xordan nos filmes con firma española.

O único que se lle pode ter en conta é que está chea de topicazos, moi comúns nesta clase de filmes. Experimentos segredos, científicos, conspiracións e máis dun sobresalto vese vir, pero ¿para qué cambia-las cousas cando así funcionan estupendamente? Con pouco orzamento (fastídiate Alatriste!) conséguese un filme case de culto que eu polo menos recordarei e demostra que soamente fai falla unha boa idea (ou a veces nin iso) e unhas boas maneiras de facer, pódese conseguir un bo producto sen máis pretensións que o de entreter, divertir e facer pasar un bo rato (ou malo, según se mire) que é no que consiste isto do cinema, que aparte dun arte é unha boa forma para estar cos amigos e pasalo ben.

Desfrutade co cinema.

Diefer K’san

Dez minutos… Dez minutos de tensión abrumadora, dez minutos de violencia descontrolada, dez minutos de horror desenfocado levados a unha velocidade extenuante.

Dez minutos foi o tempo que tardamos en poder volver a respirar despois de que desaparecesen os créditos iniciais de 28 Semanas despois. Con esta incrible secuencia do ataque por parte dunha horda de infectados polo “virus da carraxe” contra unha comunidade de superviventes agochados nun cottage na campiña inglesa da comezo á que na miña humilde opinión é a xoia da coroa do xénero de cine de zombis actual. O grao de realismo e a escala de violencia hiperactiva e descerebrada desta introducción á historia fixo que incluso xurdise algún feble laio dende as gorxas de membros de CINEMA FRIKI (non da miña, claro), pedindo que rematase xa a secuencia ó non poder soportar a presión dunha persecución esgotadora ata para o público.

Con este extremadamente brillante comezo, Juan Carlos Fresnadillo desenvolve un filme de zombis (ou de infectados con desmesuradas tendencias caníbales, como se prefira) o cal, se ben non escapa do guión habitual deste tipo de pelis, si introduce unha serie de novas secuencias orixinais que fan que esta historia se manteña a un nivel altísimo. Momentos como a extraordinariamente cruel morte da portadora do virus na sala de aillamento ou a claustrofobica fuxida polo metro de Londres vista a través do intensificador de luz residual (mira nocturna) dun CAR-15, son na miña humilde opinión (ou non tan humilde) das mellores secuencias vistas neste xénero.

Se non tedes medo a vos mergullar nun oceano de tensión onde o director non ofrece o máis mínimo cuartel ó expectador bombardeándolle con momentos de carraxe en estado puro a unha ritmo esgotador… este é o fime que buscades.

Yann Breoc

Xa sei que pasou tempo desde a súa estrea, pero tamén avisamos hai tempo da consecuencia que podería sair de Transformers, ese proxecto do dúo Michael Bay - Steven Spielberg.

Non hai que negar que houbo certa ilusión ó saber que ían a trasladar á grande pantalla estes robots de Cybertron e, sobre todo, coas novas tecnoloxías, podería ser un resultado moi prometedor. Pero vendo as numerosas “adaptacións-fracasos” de Hollywood sempre fomos con certa precaución. Logo chegaron os bocetos das personaxes, con Autobots e Decepticons angulados e cheos de apéndices picudos e Megatron transformado nunha nave espacial. Nese momento xa andaba con certo medo desta adaptación e esas libertades que se toman estes directores de hoxe en día, pero serían aceptables se estaban ben introducidos no filme e, ademáis, os Transformers pasaron por diferentes fases polo que sería medianamente aceptable. E entón chegou a personaxe que debería ser a máis importante da película: Optimus Prime, e o pobre foi degradado a un camión “tuneado” e con lapas. ¿Por qué? ¿Acaso o filme vai dirixido ó mesmo público da trioloxía de A Todo Gas, ou Torque, ou Persecución Extrema? ¿O público ianqui é tan descerebrado? É difícil de responder. Máis tarde chegaron os trailers e certa esperanza rexurdiu (ou polo menos certo voto de confianza, aínda que solo fora polos cartos investidos).

Pero centrémonos na película. Estamos co de sempre coas adaptacións. Os guionistas de Hollywood teñen as personaxes desenroladas, un argumento complexo e sólido moitas veces con varios anos de evolución e van e teñen que invertarse os guións e personaxes dende cero e na maioría sen ter que ver nada cos orixinais. Logo viñeron eses críticos oficiais, con estudios e todo iso, que puxeron a caldo a todos eses fans por criticala antes de ve-lo filme (sabendo o que lles esperaba) e dicían que ía a ser a repanocha e todo iso. Como dixo Carlos Blanco no seu monólogo: “Matalos non, pero unhas hostias…”. O filme foi vacío, solo disfrutable dende o punto visual e o único momento destacable foi: “Mi nombre es Optimus Prime” que sentín coma se estivera vendo unha lenda, pero quedou aí. Como se dí: “calquera parecido co comic é pura coincidencia”.

Pero aínda non acabou, despois duns créditos finais estranos, non tiveron a decencia nin o respecto de poñer a sintonía orixinal da serie, coma no caso de Spider-Man, que serviría de homenaxe á serie que lle está dando tantos cartos. Pero en fin, as productoras son “sabias” e eles saberán.

Soamente quero facer un apuntamento sobre isto das adaptacións. O outro día vendo os contidos adicionais de Silent Hill, que foi coñecida por ser unha das adaptacións máis fieis, nunha entrevista co director comentou que acabou o videoxogo varias veces e, tanto lle gustou (ou aterrou), que decidiu face-la película. Aí nótase a diferencia dun director que sabe o que fai e dirixe o que lle gusta, a moitos que non saben nin de onde veñen as historias que tan cutremente lles preparan os guionistas e un avaro productor que soamente pensa nos beneficios totais. Haberíalle que dicir a esta xente que eses filmes-adaptacións poderían sacar moito máis se foran un pouco máis fieis, xa que sacarían películas máis complexas e profundas aptas para tódo tipo de públicos e non soamente para ese tipo plano que vive feliz no seu propio mundo.

Diefer K’san

Se A Raiña dos Mortos (pode que algún día escriba por aquí) atopa un pack de tres DVDs do mestre Dario Argento por 6 ouros, pois nosoutros non temos outra opción que velos.

A continuación paso a repasar dous dos títulos de distintos xéneros e de dispar calidade.

Demons (Lamberto Bava, 1985)

Farán dos cemiterios as súas catedrais e as cidades serán as vosas tumbas

Comezamos mal, o filme non é de Dario Argento propiamente dito, o mestre só participa como guionista. Pero o tal Lamberto Bava é bo amigo do mestre e mantén a mesma liña que este.

O filme comeza cunha desconcertante escena no metro, todo para levarnos ó punto onde se desenvolve a historia, un cine nun día de estrea. E alí mesmo, non hall do cine, empezamos a coñecer ós distintos personaxes. No centro da escena unha moto ca máscara prateada dun demo colgada e unha catana.

O filme de estrea é unha historia de terror adolescentes onde un grupo de parellas atopan un libro de Nostradamus cheo de profecías e tamén atopan unha máscara igualiña á do hall (tan igualiña que é a mesma) é o contacto co sangue converte á xente en demos. Ó principio xa vimos como alguén facía unha pequena ferida xogando coa máscara, así que desta maneira vemos como a maldición salta da pantalla á realidade (viva o metacinema!). Os filmes de Dario Argento son pura carambola.

No filme hai pequenas tramas persoais sen demasiada trascendencia pero que engaden bizarrez ó discurrir da historia.

E de aquí en adiante, sangue, mutilación, violencia e malas ideas (o típico de “Non, non! Non o fagas!” e vai e faíno… Mala idea) O filme está cheo de escenas a medio camiño entre o grotesco e a hilaridade, de frases para a memoria, decisións nefastas e un cine onde se realiza unha estrea que parece un búnker infernal.

O filme ten varios momentos cúmio dos que salientarei dous:

  • A situación é desesperada. Os posesos xa son maioría e non dan atopado ningunha saída. Os protagonistas están na sala principal do cine e de repente rómpese o teito e cae un helicóptero. Sorpresa! Toma carambola! Pouco importa que o teito teña uns catro metros de grosor e sexa formigón. O que segue xa o podedes imaxinar. Conseguen acender o aparato xusto cando chegan os demos e así deleitarnos cunha preciosa escena de picadillo de carne e chuvia de sangue (unha deliciosidade parecida puidémola disfrutar recentemente en 28 semanas despois)
  • Recordades que no hall había unha moto e unha catana promocionando o filme? O que seguro que non esperabades é que a moto tivera gasolina e a catana estivera afiadísima. Que mellor escusa para que o cachas da historia poda interpretar unha espectacular escena de destrucción motorizada antes de morrer.

E a película remata de súpeto, deberon quedar sen orzamentos. Dous salvan a vida e Berlín (si, era Berlín) queda baixo o dominio do posesos.

Pero tranquilos, hai Demons 2 e promete ser tan entretida como a primeira (Coido que Demons 3, non é unha secuela e que só aproveita o nome)

O gato de 9 colas (Dario Argento, 1971)

A pesar das frases que na portada anunciaban hiperviolencia e intriga a partes iguais, O gato de 9 colas é un filme de asasino en serie no que os protagonistas e o espectador non se enteran de nada, e así pasa o que pasa, que chegan tarde a todo e incluso están a piques de ser eles mesmo vítimas.

Unha trama farmacéutica, un xornalista que se mete en todo, un home cego que deseña crucigramas e xeroglificos e o seu sobriño lazarillo, belas mulleres e personaxes que pasaban por alí. O filme váise desenvolvendo engadindo máis e máis información (a maioría inútil) e os sucesos transcurren sen moita explicación.

E cando a maioría dos sospeitosos están mortos, nosoutros a piques de apaga-lo DVD e fixos de que o neno é o asasino, descúbrese todo nunha escena final sen moito sentido. Máis carambolas.

Inda que o filme deixa bastante que desexar en comparación con outros traballos de Argento, este é considerado un dos iniciadores do subxénero do cinema giallo, un subxénero principalmente italiano e no que precisamente as súas señas de identidade son os títulos enrevesados e con pouco sentido (a referencia ó gato de nove colas que fan no filme é de risa), misterios e despiadados asasinos en serie, intriga e unhas tramas e desenlaces bastante tramposos.

ifrit

E máis outro final de triloxía. A verdade é que Piratas do Caribe sen dúbida deu máis do que se podía esperar dun filme tirado dunha atracción de parque temático, mais como en case tóda-las triloxías tres entregas foron demasiadas, non había tanta historia para contar, nin personaxes para soportala, nin foguetes de feria para deixa-la boca aberta.

Nesta terceira entrega remata a historia que levamos seguindo sen moito interés dende o principio. O único que salva a película é o incomensurábel Johnny Depp/Capitán Sparrow, po-lo demáis os outros poderían ter quedado na casa.

A primeira sorprendeunos por esa recuperación do mundo dos piratas na mellor liña dos clásicos de piratas con loitas a espada, fanfarronería a todo trapo e piruetas imposibeis (basicamente o que ofrecía o espectáculo do parque de atraccións) A segunda parte engade máis loitas a espada en localizacións imposibeis (esa pelexa na roda), máis fanfanorrería (Jack Sparrow rei) e uns efectos especiais de luxo dende a caracterización de Davy Jones e a súa tripulación de mariscos ata un kraken digno dun relato de Lovecraft. Mais na terceira non conseguiron superarse (o listón estaba ben alto). Jack Sparrow mantén a súa locuacidade pero queda só, incluen a Chow Yun Fat, mais está desaproveitado. A pelexa cumio é no máis alto dos mastros dun barco no medio dun remuiño, está claro que non sabían que facer, a escena dura minutos innúmeros. Porque ese é o principal problema da terceira parte, a súa duración, o filme dura 2h e 48min. No comments.

Está visto que a triloxía é o xénero cinematográfico dos nosos días, estira-lo chicle ata tirar todo o diñeiro que se poda dunha franquicia, a calidade e a historia son o de menos.

ifrit

Lede tamén as críticas de Uruloki e Rafa Marín (de Crisei)

Robert Rodríguez mutilado

Planet Terror

O primeiro de todo amosa-la miña repulsa a de tódo-los colaboradores deste bló po-lo tratamento dado po-los distribuidores ó proxecto Grind House de Rodríguez e Tarantino.
Como moitos saberedes estes dous tolos da serie Z e demáis bizarradas quixeron rendirlle unha homenaxe ás grind houses, salas de cinema nas que se proxectaban sesións dobres de todo tipo de filmes dende terror, plotation en xeral, eróticos festivos, kung-fu e moitas outras alfaias que hoxe consideramos cinema de culto. Pero parece ser que ás distribuidoras non lles gustaba a idea e decidiron separar os dous filmes, facendo que o proxecto quedara en simple anécdota. Moito se reblanceceron os miolos dalgúns dende os anos 70.

E así comeza Planet Terror cun tráiler ficticio dun filme chamado Machete, protagonizado por un dos secundarios malos máis famosos: Danny Trejo, ó que nós cariñosamente chamamos Cara de Can. Machete é unha historia desmadrada de violencia, mafias, xiros de guión, sexo, tiros, explosións e dende xa queremos ve-lo filme enteiro! (Non confundir con este outro Machete)

E seguindo na mesma liña Planet Terror ofrécenos violencia, mutilacións, sangue, pus, vísceras, cachondas, heroes do lado escuro e todo tinguido cunha estética, unha fotografía e un tratamento que retrotraenos a outros tempos do cinema.

O filme comeza como nos mellores clásicos do xénero, unha chapuza duns militares corruptos deixa libre un virus que convirte á xente en mutantes antropófagos. E aí xa a temos liada. A partir de aquí presentación dos personaxes, creación do grupo de heroes á forza e orxía de destrucción e morte.

En cada detalle do filme nótase que Robert Rodríguez está facendo o que lle gusta e que sabe do que ‘fala’, que é un verdadeiro fanático da serie Z, o pulp e demáis produtos dos pop de derribo. E non perde ocasión en amosarnolo: a apariencia de cinta vella durante todo o filme que incluso córtase na metade e quedamos sen metraxe, a construción dos personaxes e as súas accións sen sentido pero necesarias no conxunto do filme, grandes frases para a posteridade e toda unha lista sen fin de pequenos e grandes detalles que son un homenaxe dobre: por unha parte ós autores das obras orixinais coas que medrou Robert Rodríguez e nas que se inspirou e por outra a tódo-los cinéfagos amantes destes.

Non sain do cine coa sensación de ver un peliculón pero si de ver algo feito con agarimo e que coido que disfrutarei máis nun segundo visionado.

ifrit

Non deixedes de le-las críticas de: absence, uruloki e la petite claudine

Spiderman faise EMO

E así remata a triloxía. Pero sen dúbida haberá máis.

Pero empecemos po-lo principio, e o principio deste filme foi do mais cutre, os créditos mistúranse con espellos nos que vemos anacos dos filmes anteriores. Sen dúbida non estará nesta lista de Uruloki (non o din atopado)

E despois disto xente gorda. Gorda? Si, gorda, moi gorda. Estabamos na terceira ringleira de butacas. Nunca máis.

E a partir de aí pasa de todo. O filme é longo pero pásase ben sen facerse pesado hai tempo para que pase de todo. Hai momentos para a acción desmadrada, para a comedia hilarante, para o pasteleo romántico, para o drama social, para o musical… E non, tranquilos, non hai Secret Wars. O simbionte é un extraterrestre pero sen máis historia.

A cousa non é tan esaxerada como en X-Men 3 pero si que hai historias e personaxes de máis para algo tan sinxelo como debería ser un filme de superheroes. Non digo que sobren, pero si que intenta contar demasiadas cousas.

Non sei falando con quen díxome que lle gustara este filme porque era máis o Spiderman da banda deseñada que nas dúas anteriores entregas. E agora que o penso vimos pouco a Spiderman, ou máis ben escoitamos pouco a Spiderman. O filme ben podía terse chamado Peter Parker. E pódovos asegurar que na terceira ringleira de butacas as escenas de acción son de todo menos espectaculares.

Relendo o ata agora escrito poida semellar que non gustei de Spiderman 3, pero non foi así. Gustei dos viláns, un Home de Area xenialmente caracterizado e cuns efectos de luxo, un Veleno (Venom) máis pegañento que nunca e outra vez salienta-los FXs e por último un Trasno Verde máis cortante que nunca (supoño que as pelexas po-los aires e as persecucións vistas dende calquera outro sitio serían de quita-lo alento)

Tamén ten momentos que quedarán no noso material xenético friki, como… bueno, agora non recordo ningún, pero háinos.

O que non nos tería importado é que o filme se tivera chamado J. Jonah Jameson. Este si que é un personaxe con personalidade! Dos que se fai querer!

O filme remata como rematan tódo-los filmes, cos títulos de créditos. Desta volta acompañados por tres cancións a cada cual menos ó xeito.

E as críticas rematan recomendando ou non recomendando. E eu recomendo a calquera que gustara das dúas primeiras que vexa esta terceira, que non quede sen vela. E por suposto, recomendo coller un mellor sitio que a terceira ringleira de butacas.

ifrit

  1. A Noite dos Mortos Vivintes (1962, George A. Romero)
  2. O Amencer dos Mortos (2004, Zack Snyder)
  3. 28 días despois (2002, Danny Boyle) e 28 semanas despois (2007, Juan Carlos Fresnadillo)
  4. [REC] (2007, Jaume Balagueró e Paco Plaza)

O pasado domingo estreouse en cuatro A habitación perdida, unha miniserie de ciencia-ficción e drama de tres capí­tulos dobres.

Esta miniserie xira ó redor dos obxectos, obxectos cotidiáns que teñen certos poderes, uns máis utis que outros. Todos estes obxectos proceden dunha habitación dun motel localizado nun lugar indeterminado. O obxecto principal na serie é a chave, abrindo calquera porta coa chave chegas á habitación do motel e dende a habitación podes abrir e aparecer en calquera sitio onde haxa unha porta.
Ó redor dos obxectos existen varias teorí­as que misturan deuses, explicacións do universo, fallos na fí­sica e outros moitos. E como non, ó redor dos obxectos xurden multiples intereses dende sectas e ordes que os buscan para destruilos ou atoparse con Deus ata coleccionistas e xente que busca o seu poder.
En medio de todo isto atópase sen comelo e sen bebelo o protagonista, Joe Miller, un detective da policí­a que recibe a chave e nun momento ve como a súa filla pequena desaperece dentro da habitación indo a parar a non se sabe onde (tódo-los obxectos que entran na habitación e non pertencen a esta desaparecen, persoas incluidas, se non están coa chave dentro, claro).
Agora deberá busca-la forma de atopala nunha realidade recén descuberta e movéndose nun mundo no que non se pode fiar de ninguén.

Despois de ve-lo primeiro capí­tulo dobre non me queda outro remedio que recomendala. O guión está moi ben construido, a acción está moi ben levada (a duración afórranos ter que aguantar palla), os actores están á altura, hai sangue, mortes cruentas, humor negro…
Haberá que seguir vendo os outros dous capí­tulos, pero mantendo como mí­nimo o nivel do primeiro conseguirá converterse nunha serie de ciencia ficción moi recomendábel.

Ás veces tamén se agradece que non nos queiran marear capí­tulo tras capí­tulo, e tempada tras tempada, dando voltas ó mesmo e facéndoo todo un lí­o.

ifrit

Pasou só un ano desde que se estreara Pesadelo en Elm Street e xa temos secuela. En 1985 estréase Pesadelo en Elm Street II que conta cun subtítulo pouco orixinal pero moi propio para a ocasión: A vinganza de Freddy.

E é que efectivamente, Freddy regresa para vingarse e vaino facer na que posiblemente sexa o filme máis “raro” na saga. O novo filme ven firmado por Jack Sholder (que un par de anos despois acadaría certo recoñecemento internacional no mundiño do xénero por dirixir Oculto) e está escrito por David Chaskin. E o certo é que se van cargar unha grande parte das “normas” establecidas na primeira parte da saga. Este feito, que podería parecer intrascendente vai obrigar a vindeiros guionistas a darlle uns cantos xiros extraños ós argumentos de posteriores filmes para que todo teña máis ou menos lóxica.

O caso é que na ficción pasaron xa 5 anos da primeira matanza en Elm Street e non queda nin rastro de Nancy nin da súa familia. O único que recoñecemos da zona é a mesma casa, que ten novos inquilinos, entre eles un mozo adolescente, Jesse (Mark Patton), que será o noso protagonista. O rapaz comeza a sufrir pesadelos no momento en que se muda á súa nova casa e pouco a pouco vai descubrindo que as paredes onde vive teñen un pasado escuro.

O filme non aporta ningunha novidade sobre o pasado de Freddy e o noso protagonista vai descubrindo o que precisa gracias a un diario de Nancy Thomson que atopou no fondo dun armario. Ata aquí, a cousa colaría, máis ou menos, o malo é que Freddy en lugar de matar ás súas victimas nos sonos como viña facendo, vaise pasar á moda da posesión e vaise dedicar a entrar e saír do corpo para matar na realidade. Esto non so vai contra o que era a personaxe, senón que vai marcar unha tendencia que terá repercusión nos posteriores filmes: a necesidade dun intermediario, por parte de Freddy, para chegar ás súas víctimas.

A esto podemoslle sumar uns cantos elementos desmadrados do filme como uns periquitos caníbales que morren por combustión espontánea, uns cadelos mutantes ou un local de ambiente, non sabemos se gay ou sadomaso, que é frecuentado polo profesor de educación física e que non entendemos moi ben que pinta un sitio así na pequena vila de Springwood. E xa postos a poñer defectos, nesta parte, vemos a peor maquillaxe de Freddy de toda a saga (xunto coa 5 que tamén ten delito).

Resumindo, un filme que estorba máis do que aporta dentro da saga dos pesadelos pero que aínda así se deixa ver. A resolución final, seguindo a estela da primeira parte, segue a ser un tanto inocente, ademáis, neste caso é pouco orixinal.

Curiosidades moi moi frikis.

  • Nesta parte temos un bo feixe de curiosidades comezando pola secuencia inicial. Vemos un autobús escolar que abre as súas portas. Nese momento podemos apreciar que o conductor do autobús é Robert Englund. Pero a cousa non remata aí, porque uns segundos despois vemos un plano desde o interior do bus onde sae o conductor de costas. Nese plano, o conductor ten o pelo loiro e bastante longo, o que contrasta co pelo curto de Englund. Esto fai que nos salte a dúbida de se se trata dun fallo de racord ou se Englund tiña máis pelo do que pensabamos.
  • Sen sair dese autobús vemos máis cousas curiosas. No fondo do mesmo vemos un figurante con pinta de flipado que ten unha radio enorme que xesticula de forma esaxerada. Se nos fixamos un pouco notaremos que nos soa a súa cara. Efectivamente: é Jack Black!!! (e non sae nos créditos).
  • Esta é a única parte de toda a saga na que non aparece a melodía orixinal que Charles Bernstein compuxo para o primeiro filme. E en canto á cantinela orixinal vemos as primeiras variacións: 1-2 Freddy viene a por ti (primeira vez que o escoitamos), 3-4 cierra la puerta “con llave” (un engadido), 5-6 coge “tu” crucifijo (outro engadido).
  • Nunha das paredes do cuarto dun dos colegas de Jesse podemos ver un poster dos Stray Cats. É do disco Built for Speed de 1982. Cando se rodou Pesadelo en Elm Street II, en 1985 a banda xa estaba oficialmente disolta.
  • Esto máis que unha curiosidade é un superlercheo para marughóns. Na primeira parte de Pesadelo en Elm Street aparece nos créditos unha auxiliar de producción chamada Rachel Talalay. A medida que van avanzando as partes da saga, esta muller vai ir ascendendo peldaños de auxiliar a axudante de aí a xefa e así sucesivamente ata ser a directora da 6ª parte. Esto deixa de manifesto que os EE.UU. son a terra das oportunidades.

Continuará…

Fagot

Fai uns dí­as que completei un dos momentos máis frikis da miña vida ó tocar con éxito o 95% das notas do Hangar 18 de Megadeth no Guitar Hero II. Así­ que non se me ocorreu mellor forma de celebralo que unha megamaratón dunha das sagas de terror máis importantes de tódolos tempos: Pesadelo en Elm Street.

Rememoremos para quen non coñeza estas cousas. A comezos dos 80 o cinema de terror está no seu máximo esplendor. Os finais dos 70 deixaron títulos míticos para o xénero como A matanza de Texas (1974) ou Halloween (1978) e os 80 van arrancar con cousiñas tan serias como Venres 13 (1980) ou Posesión infernal (1981). Por tanto, panorama máis que propicio para contar historias de mortos a tutiplén. A época coincide tamén cunha etapa de crise económica para algúns estudios. É o caso de New Line (quen o diría) que pese a distribuir Posesión infernal (Evil Dead), está flitearndo coa quebra. Nestas chegou por alí Wes Craven (’aguililla’ profesional) cun guión debaixo do brazo. Craven xa tiña boa sona en Hollywood por ter dirixido en 1977 un título mítico de recente remake: Os outeiros teñen ollos. O seu novo proxecto era algo máis ambicioso e levaba como título: Pesadelo en Elm Street (A nightmare on Elm Street). O título sobre o papel xa era suxerente xa que tiñminiscencias da rúa onde asasinaron a Kennedy. Pero o forno non estaba para bolos así que se facía o filme debería rodalo con catro cadelas. E fixoo. E en 1984 nacía a que probablemente sexa a mellor saga de cine de terror que existe.

Pesadelo en Elm Street.

Vemos aparecer as mans dun tipo nun taller moi macabro. O ghichiño en cuestión ponse a afiar uns coitelos e a cousa comeza a prometer. Acto seguido vemos a unha loira en camisón andando por lugares extraños e unha voz metalizada que a acosa. “Esta palma”, dicimos todos. Pero non. Trátase dun pesadelo. O caso é que xa estás enganchado. Pouco despois, diálogo de situación un tanto enganoso:

Rob: “Tina, esta mañá espertei cunha erección e o teu nome escrito na pel”.

Tina: “Hai 4 letras no meu nome Rob, non creo que teñas espacio suficiente para 4 letrasï”.

Rob: “Hei Tina, sen ofender ou pártoche a boca”.

Reacción moi propia que parece indicarnos certas similitudes coas outras sagas da época, Venres 13 (Friday the 13th) e Halloween, onde a máxima é: “foder mata”. Pero non. Pronto descubriremos que o que aquí mata é durmir. Esta idea, “se morres no pesadelo, morres na realidade” deu lugar a unha das mellores campañas de máketing da época. Frases como “durmir mata” ou “se durmes non espertarás” fixeronse moi populares na época. O mesmo que o nome de Fred Krugger, posteriormente Freddy (para os colegas) e que aparece mencionado por primeira vez na xa célebre cancionciña que recitan unhas nenas loiras xogando á corda: “9-10 ¿onde está Fred?”. Unha cantinela que irá mudando de letra a medida que vai avanzando a saga, posiblemente polos diferentes tradutores utilizados para a dobraxe.

O caso é que case den darnos conta percibimos que a prota do filme non é Tina (Amanda Wyss á que despois veríamos en multitude de series desde Cheers a Walker Texas Ranger) senón Nancy Thomson (Heather Langenkamp) e o seu mozo Glen (Johnny Depp que debutaba con este filme), que serán os encargados de ter que lidiar con Freddy (Robert Englund, que naquel momento nos descolocou a todos por ter a súa imaxe asociada ó entrañable Willie de V).

O que ven despois é un filme fantástico. As mortes dos adolescentes vanse sucedendo a medida que vamos descubrindo pequenos detalles sobre a historia persoal de Fred Krugger. Ó parecer, Freddy é un asasino de nenos que despois de saír libre no xuizo foi axusticiado polos pais dos nenos da pequena localidade de Springwood. Agora, Freddy volve nos pesadelos adolescentes para vingarse matando ós fillos de quenes o asasinaron.

A tensión do filme vai ascendendo ata a esperada confrontación final entre Freddy e Nancy que vista con certa distancia resulta un tanto inocente. Sen embargo, e pese a que o clímax final pode parecer algo forzado, é con diferencia o filme da saga que mellor soubo envellecer.

O filme inclúe tamén unha secuencia final que deixa a historia aberta e que marcaríaa tendencia en todo o cine do xénero. Esta marca de estilo, que xa vimos con anterioridade en filmes como Halloween, remataría por converterse nun estandar dentro do cine de terror. A gran aportación de Pesadelo en Elm Street é que a secuencia incluida a maiores non ten unha continuidade temporal. É dicir, está feita co propósito de suxerir unha continuidade da historia con total independencia do argumento antes contado.

Curiosidades moi frikis.

  • Freddy Krugger é unha das personaxes da historia do cinema que máis beneficios reportou ó seu creador: Wes Craven. De feito, Wes Craven só dirixiu o primeiro filme da saga e non volveu a dirixir á súa creación máis rendible ata 10 anos despois, en 1994 cando dirixe a séptima parte da saga: O novo pesadelo, de Wes Craven.

  • Un dos actores de reparto que aparecen no filme é John Saxon (pai de Nancy) ó que vimos en multitude de produccións tanto en filmes, series ou tv movies destas das tres da tarde.

  • Hai un figurante que dí algo así como: “Deus podería encerrarme nunha casca de noz e considerarme o rei do universo se non tivese terribles pesadelos“. Este home é John Richard Petersen, un actor que non nos soa de nada pero que curiosamente detectamos que apareceu como figurante en varios filmes de gran éxito, aínda que normalmente non aparece nos créditos. De feito, se alguén se fixa, poderedes ver que é un dos espectadores da final do campionato de karate en Karate Kid.

Continuará…

fagot

Sublime. Levabamos máis dun ano agardando por ela e pagou a pena. Un ano de ver unha e outra vez o trailer e de admira-las comparacións entre os seus fotogramas e os cuadriños da banda deseñada. E por fin saciamo-la nosa sede.

O 300 de Zack Snyder é unha oda á violencia, á testosterona e ó ego desmedido. Podemos pedir algo máis? Unha adapatación fiel a tódo-los niveis coa banda deseñada, unha fotografía, unhas coreografías, unha banda sonora, todo, de sobresainte. Outro grande acerto coido que foi non elexir estrelas para os papeis principais e conseguindo de igual maneira (ou inda mellor) unhas interpretacións altamente convincentes e cunha grande forza.

Podería estar escribindo sobre as pelexas, as coreografías, o sangue, as amputacións, as mutilacións, etc. durante liñas e liñas. Todo precioso. Un verdadeiro espectáculo. A ambientación, o deseño de vestiario, o bestiario, esas ‘ghamonas’, eses freaks, ducias de frases para a memoria.

E a peli a penas ten mensaxe! Repito, podemos pedir algo máis? Bueno, si, que non fagan 301.

ifrit

Un café e unhas pastiñas no inferno e para de contar

Un dos medos que me asaltaban cando vin aparecer xuntos os nomes de Zack Snyder e “adaptación de 300” era que o filme rematara convertíndose nunha batalliña sen fin que desvirtuase a profundidade psicoloxica das súas personaxes principais: Leónidas e Ephialtes. O medo fíxose realidade e 300 convertiuse nunha batalla de dúas horas onde a adaptación da novela gráfica probablemente sexa idéntica na concepción de planos, cores e estética de personaxes pero oposta no seu contido e terriblemente inxusta coa personalidade das personaxes creadas por Frank Miller.

A obra de Miller establece un paralelismo entre o pasado de Leónidas e o de Ephialtes que vai evoluíndo a medida que avanza a historia para chegar a unha confrontación final na que todos entendemos o por que da forma de actuar de cada un deles ó tempo que asimilamos que saia quen saia vencedor, no fondo vai resultar unha derrota, unha derrota interna, unha derrota dos seus principios. No caso de Ephialtes porque contribuirá a matar ó rei que xurou honrar e no caso de Leónidas por ser o causante da rebelión dun súbdito contra si mesmo. O filme obvía esta confrontación para perderse no superficial das mortes ó tempo que elimina case que completamente ó que podería ser un dos grandes antagonistas do cinema: Ephialtes. Por contra decide conceder este papel ó rei Xerxes que na novela ten moi pouco peso e que no filme é caracterizado como unha personaxe sacada de Queer as Folk, feito este que provocou enormes gargalladas na sala durante a súa estrea.

Con todo o filme é entretido e non se pode negar que a súa espectacularidade fai que te divirtas vendo a sucesión de animaladas que se nos presenta. Incluso se poden considerar aceptables algúns dos “engadidos” sobre o texto orixinal, como os monstruíños varios que aparecen ou a historia de amor (que por outro lado non dista demasiado dalgunhas interpretadas por Meg Ryan). Esteticamente é unha preciosidade e todo o filme está cargado dunha beleza innegable.

Por tanto a sensación coa que te quedas, especialmente despois de ler a novela, é que Snyder é un técnico fantástico, cousa que xa se sabía, pero que dificilmente superaría unha mínima proba de análise de texto. A adaptación, como tal, é moi mala, e incluso o recurso barateiro de copiar bocadiños tal cual aparecen no cómic, ou a enorme cantidade de minutos de voz en off copiados do texto orixinal, perden completamente o seu sentido ó non verse apoiados por eses momentos decisivos na novela gráfica que foron suprimidos non sei con que criterio.

Así é que, xustiña, xustiña, moito alarde técnico pero pouca chicha.E aínda así tamén se ve algún que outro croma que canta que dá medo.

fagot

Lede tamén as opinións de: Viruete (de Viruete.com), Uruloki (de Uruloki.org) e Buchinsky (de VIVER E MORRER NO CINEMA)

Stay alive

Facía tempo que non viamos un deses filmes de adolescentes que van palmando un tras outro, así que xa íamos tendo algo de mono e enganchamos con ganas esta Stay Alive. A fórmula, a mil veces coñecida, dous “tíos buenos”, dúas tías cachondas e o chapón do instituto que non se sabe moi ben que pinta no medio desa tropa pero que tamén está con eles. Despois, un espíritu de 100 ou 200 anos atrás que regresa para matar por calquer aleatoria circunstancia e os ghichiños que van a ir palmando ata que consigan atopar a tumba e facerlle un “nonseiqueostias” ó cadaver en cuestión. En fin, un filme deses que é carne de eMule e que como único interese ten o feito de ver as horripilantes mortes dos seus protagonistas.

Fora do cliché aparecen as aportacións ou variacións do filme ó subxénero. Neste caso, a maior aportación é que a acción transcurre dentro dun videoxogo, é dicir, se palmas no videoxogo pásache o mesmo na realidade, parecido ó de Pesadelo en Elm Street pero aquí cobrando publicidade da Play Station. E non deixa de ter o seu punto, porque se deberon gastar unha pasta en animacións en 3D que vamos vendo durante o filme e que quedan bastante ben no medio dos interminables diálogos explicatorios sobre a palla mental que se fixo o director e tamén guionista William Brent Bell ó que lle auguramos un prometedor futuro como axudante de dirección.

En canto á interpretación, a gran estrela do reparto é Frankie Muniz, un chaval que prometía cando facía Malcolm (vai haber novos episodios) e que rematou facendo Superaxente Cody Banks e agora cousas como esta (nin que dicir ten que o seu papel é o do chapón). Xunto a el os/as cachondos/as dos que destacamos a Samarie Armstrong, moi parecida fisicamente a Franka Potente, coa única diferencia de que a esta botaronlle tanta laca no pelo que non se lle move nun só plano, de feito ata cando está sudorosa e sangrante os pelos seguen a estar no mesmo sitio.

Con todo, o filme non é tan ridículo como outros da mesma familia e podes pasar un rato máis ou menos distendido mentres comes algo con moita graxa e ben saturado de tabasco.

fagot

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.