Arquivo para a categoría 'Festivais'

Seguinte páxina »

Porto. Día 6

6 Marzo 2008

Isto vai rematando, pero non deixamos de comer. A media manhá probei un dos centos de pasteis que se poden probar nos centos de pastalarías da cidade e estaba bo. E para comer de novo sopa de verduras e spaguettis con polo e chícharos (menudo invento da cocinheira. O polo estaba partido en anacos grandes). […]

Fantasporto 2008. 28º Festival Internacional de Cinema do Porto

5 Marzo 2008

CINEMA FRIKI estivo no Fantasporto 2008. 28 Festival Internacional de Cinema do Porto.
Aquí tedes un limiar coas entradas do diario zinéfago-gastronómico do evento | Veja aquí!
Porto. Día 2.
Porto. Día 2 (bis). (The Eye 10, Presumptes Implicats, Triangle)
Porto. Día 3. (Natural City, Mother of Tears, Hell’s Hound)
Porto. Día 4. (Mirror, Dark Corners, Cannibal, The Musical)
Porto. Día […]

Porto. Día 5

5 Marzo 2008

Levo dous días de peregrinaxe polos principais centros de adoración consumista: Fnac, MediaMarket, Central de Cómics… e conseguín sair sen mercar nada (e andar moito). A comida deste día foi sinxela: salchichas frescas cubertas con queixo fundido e patacas fritidas nun local preto da Central de Cómics. E de cea unha hamburguesa non moi alá […]

Porto. Día 4

4 Marzo 2008

Explosión protéica!! Podían telo chamado así, con signos de admiración e todo, mais non, preferiron chamalo “francesinha”. Para os non iniciados direi que a francesinha é un sandwich (si, si, un sandwich!) que se fai da seguinte maneira: unha rebanada de pan de molde, unha loncha de xamón de York, un filete de vitela, salchicha, […]

Porto. Día 3

3 Marzo 2008

Estou de vacacións, así que durmo ata tarde. Paseo, recollo as entradas do día seguinte e vou comer. Hoxe toca carne, Entrecosto con patacas fritidas nun local xusto enfronte do cine Sá de Bandeira. Rico, boa cantidade e bo prezo. Xa lle empezo a coller o xeito a esta comida.
Natural city. Pesadísimo filme de […]

Porto. Día 2 (bis)

2 Marzo 2008

O de onte foi unha excepción, as entradas son ó día seguinte, non no día.
The Eye 10. Primeiro filme para min do festival. Pre-estrea europea para este filme dos irmáns Pang. Nesta ocasión preséntannos unha historia de medo e humor a partes iguais. Un grupo de amigos estudantes de Hong Kong van de vacacións a […]

Porto. Día 2

1 Marzo 2008

Día 2? E onde está o día 1? Pois o día 1 foi o día da viaxe, da chegada á Praça da Galiza e durmir coma un campión despois de reconhecela zona. Perdín a posibilidade de ir ver cousas como The Band’s Visit, Cello, Daddy’s Girl, Lorna, Muoi: The Legend of a Portrait ou […]

Donosti. Día 8. Filme sorpresa, gala de clausura e festa VIP (+ balance)

7 Xaneiro 2008

Xa está ben de tanta festa, tanta volta e de facer cousas de proveito! Remato a crónica de Donosti e botámonos a andar de novo, ou? Hai alguén aí?
Filme sorpresa. O filme sorpresa tivo lugar no recentemente restaurado Teatro Cristina, ó que as miñas fotos non fan xustiza. O filme en cuestión foi Jack Brooks: […]

Donosti. Día 7. Estamos rematando

15 Novembro 2007

Veña, vai, que xa queda pouco.
The damned thing: Capítulo correcto da segunda tempada de Masters of Horror dirixido por Tobe Hooper con forza descoñecida e xente que se volve tola.
How to get rid of the others:  Inda me estou preguntando que facía este filme nunha Semana de Cinema Fantástico e de Terror. Explícome. É un […]

Donosti. Día 6. Pouca chicha

15 Novembro 2007

E outro día con cinco filmes para ver (máis curtas)
The Tatooist: Para amigos das tatuaxes e da cultura maorí e semellantes, pouco interesante para os demáis.
Un tatuador desleigado vai de feira en feira roubando deseños e nunha desas rouba un instrumento sagrado de tatuar que un espírito usará para vengarse. Tamén é verdade que quedei […]

Donosti. Dí­a 5. Halloween

14 Novembro 2007

(Debido a problemas técnicos e doutras í­ndoles o relato do sucedido foi interrumpido, mais xa está de volta. Tampouco ninguén o botou de menos)
E chegou Halloween, o Dí­a das Cabazas, o Samaí­n, o Dí­a de Tódolos Santos ou como queirades chamalo. O primeiro dos dí­as grandes.
E sen más voltas imos ó que imos.
Epitaph: Filme […]

Donosti. Día 4. Cinema dende as antípodas.

31 Outubro 2007

Isto de face-la introdución cada vez é máis complicado, tódo-los días son moi semellantes.
Erguinme, fun de paseo, escribín a crónica do día anterior, comín un pintxo de lombo con pemento e pementos caseiros recheos (non me preguntedes de que) nun bar de barrio de Irún e de aí a ver cinema e máis cinema.
La Criatura […]

Donosti. Día 3. Frouxo

30 Outubro 2007

Manter o nivel tan alto non é nada fácil e hai días mellores que outros.
Onte tocaba maratón, pero o nivel non foi nada do outro mundo.
Curtas españolas. O futuro (tamén o presente) está nas curtas inda que nesta ocasión non houbo ningunha cousa sobresainte. Plastilina e kriters, pombas e asasinato marcha atrás, reinvindicando o dereito […]

Donosti. Dí­a 2. Invasión zombi

29 Outubro 2007

Para coller forzas nada mellor que ir comer a un caserío, neste caso Susperregui. Alá­, non alto dun monte nunha paisaxe idí­lica chea de piñeiros. Pratos combinados, bocadillos, sidra, bo peixe, mellor carne. Eu quedei cunha ensalada mixta e unhas costelas de tenreira. Rico, rico.
E co bandullo satisfeito a mogollón!
Contos de Terramar. Comezamos a tarde […]

Donosti. Dí­a 1

28 Outubro 2007

Xa estou aquí! Non foi sen tempo!
Dí­a 0. A viaxe
Once horas de tren! As nove primeiras ben, lendo e aprendendo con Mondo Brutto e rematando a pesadez de libro El guardián entre el centeno. Coido que inda non o fixen aquí­ pero recoméndovos a tódo-los que nunca o fixéchedes ler Mondo Brutto, con tres números […]

Seguinte páxina »