"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Pósters category

Que pasaría se os filmes actuáis foran concevidos fai anos?

O día da estrea, inda pendente de anunciar, achégase cada vez máis e xa podemos empezar a ver imaxes definitivas de Ríos Revueltos (Enrique Diego, 2012), primeiro segmento do proxecto Doble sesión. Disque en breve ata poderemos ver un teaser tráiler.

Novas relacionadas: Teaser pósters promocionais de Doble Sesión: Ríos revueltos e Novo teaser póster de Sesión doble: Ríos revueltos.

Qué máis se pode pedir? E ollo a sinopse…

Despois de que a alma do grupo (Mickey Rourke) sexa brutalmente asasinado nunha misión, o seus compañeiros xuran vingar a súa morte. Pero non son os únicos que queren sangue, xa que mozos membros do equipo de Tool (Rourke) e a súa fermosa filla Fiona buscan a súa propia viganza, o que complicaralle as cousas unha vez sexa capturada por un dictador despiadado que planea destruir un movemento de resistencia. Agora Barney e os seus mercenarios deberán arriscalo todo para salvar a Fiona e a todo un país.

Vía: fantasymundo.com

Lobos de Arga é unha comedia de terror, dirixida por Juan Martínez Moreno, que conta a historia de Tomas Mariño (Gorka Otxoa), un escritor que volta ao pobo natal no que é recibido polos veciños con grande hospitalidade. Aínda que ignora que todas estas mostras de afecto non son gratuítas, xa que en realidade os habitantes do lugar pretenden sacrificar ao pobre escritor por pesar sobre a súa familia unha antiga maldición, materializada en forma dun lobishome que leva séculos aterrorizando ao pobo.

A película conta con grande presencia galega no reparto: Luís Zahera, Mabel Rivera Manuel Manquiña foron tres dos actores escollidos polo director. Tamén nas localizacións da rodaxe falouse galego, xa que tiveron lugar entre Noia e Silleda antes de trasladarse a Madrid. Cun presuposto de cinco millóns de euros, esta produción de comedia-terror estrearase no Festival de Sitges.

Vía: lashorasperdidas.com

Novas relacionadas: Lobos de Arga. Rodando en Santiago de Compostela e Remata a rodaxe de Lobos de Arga


Don’t Be Afraid of the Dark (No tengas miedo a la oscuridad, 2010) é a nova produción de Guillermo del Toro. Dirixido por Troy Nixey e protagonizado por Katie Holmes, Guy Pearce e a pequena Bailee Madison, é o clásico filme de terror no que unha familia se muda a unha casa na que hai seres sobrenaturais. Un argumento máis que manido, pero que baixo a produción de Del Toro danos certa esperanza.

Estreado nos EUA fai máis dun mes inda non ten data de chegada aos nosos cines.

Vía: Uruloki.org

O 16 de outubro a canle estadounidense AMC estreará a segunda tempada de The Walking Dead (ídem, Frank Darabont, 2010 – ?). Serán trece capítulos e esperamos que non repitan os erros da primeira e vexamos unha adaptación á altura da banda deseñada de Robert Kirkman.

Sóabos dalgo a imaxe do cartaz?

Vía: Uruloki.org

Justin Timbarlake e Amanda Seyfried protagonizan In Time (ídem, Andrew Niccol, 2011), un thriller de ciencia ficción ambientado nun futuro non moi lonxano non que a apariencia física non pasa dos 25 e a moeda de cambio é tempo de vida. Timbarlake atópase cunha gran cantidade de tempo e verase perseguido polas forzas policiais.

In Time chegará ós nosos cines o 2 de decembro de 2011.

Vía: Uruloki.org

Warner Bros finalmente amosa o primeiro trailer do thriller de ciencia-ficción Contagion.

Se o argumento do que se supón un dos últimos proxectos de Steven Soderberg (antes do período sabático que supostamente ten pensando coller en canto remate os presentes compromisos) era ata hai ben pouco unha incógnita máís aló do que o título suxería, agora con este trailer queda case clarificado. Nestes pouco máis de dous minutos revélase moito. O que nos fai pensar, tendo en conta as estratexias de marketing dos americanos, que aínda haberá milleiros de xiros e sorpresas agochadas no producto final.


O argumento (tentando evitar spoilers) é o seguinte: Cando unha muller de negocios volve de traballar en Hong Kong, descobre que o que parecían ser efectos do jet lag, toman un xiro virulento. Soderberg contará como isto afecta á xente que o sofre, ós científicos que loitan por vencelo, e á xente que esixe a verdade ó goberno, dende diversos puntos de vista como xa fixera en Traffic (ídem, 2000).

Este drama, que fará as delicias dos amantes das tramas post-apocalípticas conta cun elenco de luxo cheo de nominados e gañadores de Oscar, que encabezan Marion Cotillard (Inception), Matt Damon, Kate Winslet, Gwyneth Paltrow, Bryan Cranston (o protagonista da serie Breaking Bad), Jude Law e Lawrence Fishburne. Está baseado no guión de Scott Z. Burns e a data de estrea é este 14 de setembro (aquí o 29 de novembro).

Vía: Screenrant.com

En Perros Muertos (2011, Koldo Serra) Hugo Silva interpreta a un atracador de bancos que despois dun asalto en Barcelona remata viaxando ata o deserto de Almería onde se atopará con que os nenos infectados con aceite de colza convértense en asasinos caníbales.

¿Quién puede matar a un niño? (1976, Narciso Ibáñez Serrador) + Children of the Corn (1978, Fritz Kiersch) + Celtiberia. Pode estar interesante. Chirría un pouco aí Hugo Silva… Aquí tedes un teaser tráiler para comezar a opinar.

Está ben que na febre de cinema de terror e fantástico que invade o estado se fagan filmes con referencias autóctonas como as intoxicacións con aceite de colza dos anos 1980.

Pósters con casco de Thor

Xa dixen que nos íamos fartar de ver imaxes promocionais de Thor (2011, Kenneth Branagh) e que de momento non amosan nada novo nin chamativo. Desta volta os complementos craneais de Thor e Loki.

Novas relacionadas: A mina de ouroJessica Biel en Thor?Primer póster e tráiler de ThorPóster exclusivo de ThorJeremy Renner será Ojo de Halcón en ThorDous novos pósters de Thor e Pósters de Thor a manchea

Henry Cavill é Teseo

Luke Evans é Zeus

Kellan Lutz é Poseidón

Isabel Lucas é Atenea

Daniel Sharman é Ares

Immortals (2011, Tarsem Singh) é máis unha nova versión da clásica historia que conta o enfrontamento entre deuses e demos con humano escollido polo medio.

A presenza de Singh na dirección (e estes primeiros pósters), director da preciosista The Fall (The Fall – El sueño de Alexandria, 2006), premio ó Mellor filme en Sitges 2007, asegúranos impacto visual na presentación e desenvolvemento dos actores e protagonistas: o príncipe Teseo (Henry Cavill) o rei Hiperión (Mickey Rourke), a sacerdotisa Phaedra (Freida Pinto), o escravo Stavros (Stephen Dorff), Poseidón (Kellan Lutz), Zeus (Luke Evans), Atenea (Isabel Lucas) ou Ares (Daniel Sharman).

A estrea nos EUA será o 11 de novembro de 2011.

Ese neno é malvado. Vese de lonxe, non engana a ninguén. Iso ou sofre efectos secundarios de utilizar a Nintendo DS 3D. Vaite ti a saber.

Insidious (2010, James Wan) estreouse este primeiro de abril nos EUA con grande éxito, situándose no terceiro lugar da taquilla, por detrás do filme de animación Hop (2011, Tim Hill) e de Source Code (Código fuente, 2011, Dunca Jones). Para vela nos nosos cines teremos que agardar ata o 10 de xuño de 2011.

Novas relacionadas: Primer póster de Insidious.

Pósters de Thor a manchea


O deus do trono


O rei de Asgard


O gardián de mundos


O deus das trasnadas


A deusa da guerra


A muller de ciencia

A menos de un mes da estrea de Thor (2011, Kenneth Branagh) a avalancha de materiais promocionais é imparábel.

A verdade é que estes pósters ca imaxe dos principias protagonistas non están nada mal.

Novas relacionadas: A mina de ouroJessica Biel en Thor?Primer póster e tráiler de ThorPóster exclusivo de ThorJeremy Renner será Ojo de Halcón en Thor e Dous novos pósters de Thor

De momento Jack Sparrow centra todo o material promocinal que vai saindo de Pirates of the Caribbean: In Strange Tides (Piratas del Caribe: En mareas misteriosas, 2011, Rob Marshall). E a verdade é que Jack Sparrow/Johnny Depp é o único que mantén viva esta saga. Só de recordar a terceira entraga éntrame o sono *bocexo*

Novas relacionadas: Primer tráiler de Pirates of the Caribbean: In Strange Tides, Novo póster de Pirates of the Caribbean: In Strange Tides. Para fans de Johnny Depp e Arte conceptual de Pirates of the Caribbean: In Strange Tides.


«Queres ir loitar un pouco contra o crime?»

Cartaz verde de Super (2011, James Gunn), a cor de Bolty, sidekick de Crimson Bolt, e interpretada por Ellen Page.

Novas relacionadas: Tráiler de Super, un superheroe que dá risa.

 

About Author

CINEMA FRIKI é un blogue de novas e de opinión sobre o cinema que máis nos gusta. Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series e moito máis teñen sitio neste recuncho da internet que levamos facendo interrumpidamente dende 2005. CINEMA FRIKI fai parte da rede de blogues Vencello.