"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

PóstersArchives for category

Novo teaser póster de Sesión doble: Ríos revueltos

Mentras o director e guionista Rubén Arnaiz explica o seu proxecto en varias entrevistas e agardamos pola rodaxe de Sandra Munt, a segunda mediametraxe, aquí temos novo material gráfico.

A ver se o próximo pode ser un tráiler, ou algo así.

Novas relacionadas: Teaser pósters promocionais de Doble sesión: Ríos revueltos.

Sean Bean no papel de Eddard “Ned” Stark, man dereita do rei Eduard, sentado nese espectacular trono de espadas do novo póster da esperadísima serie Game of Thrones (2011).

Novas relacionadas: Chega o prometedor tráiler da serie Game of Thrones

E isto é o que pasa como dous dos grandes como son J. J. Abrams e Steven Spielberg se xuntan. Disfrutade aquí do tráiler.

Que vos parece? O tráiler amosa todo o que hai pero sen amosar nada. Puro Abrams. E a historia de criaturas extrañas e nenos protagonistas é puro Spielberg.

O elenco de Super 8 está compostos por, entre outros: Kyle Chandler, Elle Fanning, Ron Eldard, Noah Emmerich, Gabriel Basso, Joel Courtney, Riley Griffiths, Ryan Lee, Zach Mills e Amanda Michalka. Dirixe J. J. Abrams e a estrea está anunciada para o 10 de xuño de 2011 nos EUA.

Novas relacionadas: Posíbel imaxe viral do próximo de J. J. Abrams, Super 8 (2011)

Arte conceptual de Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides

Disfrutade desta galería co xenial arte conceptual de Miles Teves para Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides (Piratas del Caribe: en aguas misteriosas, 2011, Rob Marshall).

Semella que os mariñeiros de Blackbeard (Barbanegra) non van gozar de moi boa saúde.

Novas relacionadas: Pirates Of The Caribbean 4: On Stranger Tides (En marés estrañas), Primer tráiler de Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides e Novo póster de Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides. Para fans de Johnny Depp.

Sen palabras. Teño visto moitos pero que moitos moitos cartaces de filmes. Cousas cutres e mal feitas, con paupérrimos orzamentos. Pero isto supera con moito a calquera cousa que vira nos últimos tempos.

Vós recordade algo máis horrendo?

Novas relacionadas: Michael Fassbender será Magneto e Argumento de X-Men First Class.

Nada novo nos ensina este póster de Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides (Piratas del Caribe: En mareas misteriosas, 2011, Rob Marshall) máis que a Johnny Depp como Jack Sparrow, o único personaxe que aguanta esta serie.

Novas relacionadas: Primer tráiler de Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides.

Coidado póster de The Innkeepers, unha de terror en hotel

Sara Paxton e Pat Healy protagonizan The Innkeepers (2011, Ti West), unha historia de terror na que os dous derradeiros empregados dun hotel a piques de fechar deberán loitar contra as pantasmas que acosan ós poucos clientes.

Sen datos da estrea nos EUA, así que de que chegue aquí nin falamos.

E outro tráiler de Priest (El sicario de Dios)


A guerra é eterna. A súa misión é só o comezo

El sicario de Dios (Priest, 2011, Scott Charles Stewart), un filme que cantas máis cousas vemos máis dúbidas temos sobre o resultado final. A vós pásavos igual?

Novas relacionadas: Novo tráiler de Priest.

Dous novos pósters de Thor

O deus do trono

Thor, Odin, Jane Foster e Heimdall

Seguimos xuntando material de Thor (2011, Kenneth Branagh) e creo que non me equivoco se digo que Elsa Pataki non é a única que os colecciona.

Quedan menos de dous meses para a estrea.

Novas relacionadas: A mina de ouro, Jessica Biel en Thor?, Primer póster e tráiler de Thor, Póster exclusivo de Thor e Jeremy Renner será Ojo de Halcón en Thor.

Inda que ten aliens e a Nick Frost esta tenme moita mellor pinta que Paul (2011, Greg Mottola).

O argumento: unha rapaza é perseguida por unha banda nun dos peores barrios de Londres cando un meteorito cae do ceo con algo estraño no seu interior. Sen pensalo demasiado collen o obxecto e lévano para o piso dun deses clásicos bloques da era Tatcher dende onde ven que non empezan a caer máis e máis meteoritos. Acaba de comezar unha invasión extraterrestre.

Aquí tedes o tráiler.

En Attack The Block (2011, Joe Cornish), xunto a Nick Frost tamén temos a Jodie Whittaker e Luke Treadaway. A estrea no Reino Unido 13 de maio de 2011.

Sorprendente novo póster de Conan The Barbarian 3D

Como quedades? Vírades algo parecido antes?

O Conan The Barbarian 3D (2011) de Marcus Nispel, con Jason Momoa no papel de Conan, non pinta nada mal para o que pode ser un filme deste estilo. Mágoa que sexa en 3D.

Tamén conta ca participación de Ron Perlman, Rachel Nichols e Rose McGowan, ademáis dunha boa colección de tíos cachas.

A estrea nos EUA será o 19 de agosto.

Novas relacionadas: Primeira foto do novo Conan.

Novo póster de Apollo 18

Aquí tedes un novo póster de Apollo 18 (2011, Gonzálo López-Gallego) un dos filmes máis prometedores do ano, con intrigas e conspiracións lunares de fondo.

De momento só temos un par de cartaces e este tráiler.

O subxénero das fitas perdidas e atopadas e o terror minimalista e espacial levados a un novo nivel.

A estrea nos EUA está prevista para o 22 de abril.

Noticias relacionadas: Gonzálo López-Gallego dirixirá ‘A Jealous Ghost’

Dous novos pósters de Dylan Dog: Dead of Night (2010, Kevin Munroe), a adaptación da banda deseñada con cheiro a fumetti que protagoniza Brando Routh e que se estrea o 16 de marzo de 2011 en Italia.

Novas relacionadas: Novo póster de Dylan Dog: Dead of Night

Non pinta nada mal esta visión militaroide dunha invasión extraterrestre. Aquí o tráiler.

Poderemos ver Battle: Los Angeles (2011, Jonathan Liebesman) nos nosos cines a partir do 1 de abril de 2011 co título de Invasión a la Tierra (antes pasou polos títulos Battle: Los Angeles e Invasión a la Tierra: Batalla Los Angeles).

Novas relacionadas: Novo póster de Battle: Los Angeles

O mestre do terror volta á gran pantalla con esta historia de toques clásicos protagonizada por Amber Heard na que un moza que queimou unha casa é internada nun escuro psiquiátrico no que será perseguida por unha vingativa pantasma.

Aquí podedes ver o tráiler. A estrea de The Ward (2010) sera o 20 de maio de 2011.

No festival de Sitges 2010 decepcionou moito moito.

Inda que hai para todos os gustos.

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.