"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

RumoresArchives for category

Imaxes de Megatrón en Transformers 2

Megatrón

Megatrón

A maquinaria para Transformers 2. Revenge of the fallen púxose a funcionar pouco despois de comprobarse o éxito comercial da primeira parte. E xa temos aquí  imaxes conceptuais dun dos viláns por antonomasia da serie, Megatrón.

Hai tedes os comentarios para deixar as vosas opinións sobre o… visto.

Vía Cinema Blend

Novas relacionadas: Haberá un xuixo en Transformers 2

Ocean

Un descoñecido Ryan Condal é o elexido para adaptar á pantalla grande Ocean, unha banda deseñada guionizada por Warren Ellis e debuxada por Chris Sprouse.

No século que vén atopan centos de cadaleitos e armas de destrucción masiva en Europa, unha das lúas de Xúpiter. O inspector da ONU Nathan Kane deberá investigar o interese que pode ter tal achádego.

Unha historia nada rompedora que nas mans de Ellis e cos debuxos de Sprouse convértese nun éxito seguro (outra cousa será a adaptación…)

Vía KillerMovies

Leonardo DiCaprio en Atari

Leonardo DiCaprio interpretará a Nolan Bushnell que, xunto a Ted Dabney, fundou en 1977 unha das máis míticas compañías de videoxogos.

A apaixoante vida dun tipo que comeza arranxando pinballs e remata fundando unha corporación millonaria.

Vía Cinema Blend

Outras novas relacionadas: Akira en imaxe real

Akira en imaxe real

Flipante nova!
“Entre Ain’t It Cool, The Hollywood Reporter y Bloody Disgusting se ha cascado la primicia de este jueves al revelar, de una tacada, al director, protagonista y secundario de lujo de Akira, la adaptación del manga de Katsushiro Otomo que ya no estará dirigida por Stephen Norrington, sino por Ruairi Robinson, y que tendrá nada menos que a Leonardo DiCaprio como protagonista, secundado por Joseph Gordon Levitt (Brick), que darán vida a Kaneda y a Tetsuo, respectivamente. El film, según BD, constará de dos partes y estará producido por la Warner Bros. Se desea que la primera entrega se estrene en verano de 2009, con un cambio en el escenario: en vez del Neo Tokio que todos amamos, la acción transcurrirá en un Manhattan reconstruido tras la Tercera Guerra Mundial. Allí, un grupo de jóvenes pilotos callejeros se inmiscuye sin querer en una operación militar que involucra a niños con poderes psíquicos especiales, que en su día estuvieron “capitaneados” por el más poderoso de todos ellos, un chaval llamado Akira que podría volver a despertar muy pronto. Obviamente, éste argumento ni siquiera rasca la monumental obra de Otomo, pero algo es algo.”

Vía: Las Horas Perdidas

Imaxe de Major Spoilers

Volve un dos clásicos de CINEMA FRIKI, os rumores sobre posibeis ‘chicas Bond’. O nome que soa agora é o da pouco coñecida actriz natural de Ucraina Olga Kurylenko, que podería acompañar a David Craig na nova entrega da saga do axente 007, que ata o momento coñecemos como Bond 22 mais podería titularse The Emerald Sphere.

Bond 22, Rumores bondianos, Estrea de Risico.

Para comezar a semana nada como unha boa selección de tráilers para tódo-los gustos.

Angelina Jolie cunha trenza? A terceira parte de Tomb Raider?! Non, tranquilos. É o póster promocional de Beowulf, unha nova revisión do mito nórdico.

E que queredes que vos diga, visto o tráiler non é que me emocione. Nin sequera tendo no reparto á propia Angelina (nai de Grendel), a Anthony Hopkins (rei Hrothgar), Crispin Glover (Grendel), John Malkovich (Unferth)… ou a Neil Gaiman e Roger Avary nos guións ou a Robert Zemmeckis na dirección (será isto o que me mete medo?)

Preguemos para que non sexa tan infame como o Beowulf de Christopher Lambert; pero coido que está mellor, inda que a temos pendente de ver, a versión islandesa, Beowulf & Grendel.

Teremos que agardar ata o 30 de novembro para sair de dúbidas.

Golpes, patadas, puñadas, xeonllazos, piruetas imposibeis, stunts mortos a ducias, efectos especiais a esgalla… Queredes saber máis? Pois é do outro loitador tailandés esperanza dos filmes de artes marciais, Dan Chupong (de Nacido para loitar) e as coreografías de Panna Rittikrai (Ong Bak). Ah! pero que queredes saber de que vai? (seguro?) Pois vai dun campesiño ó que lle arrasan a vila e vai buscar vinganza buscando ó lider dos malos malosos, pero entón descubre que o malo non é humano e a única maneira de vencelo é (seguro que queredes sabelo?) con sangue de regla de moza virxe.

Todo isto teríamolo aforrado se virades o tráiler de Dynamite Warrior.

01-18-08 este é o nome pouco clarificador dun dos novos proxectos de J. J. Abrams, creador de Perdidos (o proxecto tamén recibe os nomes de Cloverfield ou The Parasyte [será isto?]). Os rumores en internet non deixan de medrar:

Vía: chuza! e Xeración Web

Remake de Barbarella

E tremede…  se vos gustou o filme erótico festivo orixinal non vos perdades isto. Robert Rodríguez será o encargado de dirixir o remake de Barbarella, película que protagonizou Jane Fonda en 1968 (aquí a crítica de Diefer K’San).

Dino de Laurentiis será un dos productores da película. Sábese que Rodríguez xa se encontra traballando no guión xunto con Neal Purvis e Robert Wade, que xa se encargaron do guión de Casino Royale.

He-Man, Returns?

Esta vez parece que vai en serio. Tras multitude de rumores, parece que finalmente si haberá unha nova película de He-Man. Joel Silver, productor da triloxía Matrix, Ghost Ship, A casa de cera, V de Vendetta, etc. xa se encontra traballando para realizar unha nova película de He-Man. Justin Marks xa está traballando no guión.

Polo momento descoñécese quen interpretará á personaxe principal. ¿Mellorará o filme anterior (Masters do Universo) de Dolph Lundgren? Para ter o tempo que ten é un filme moi correcto, para o meu gusto.

“I believe in Harvey Dent”

Xa hai web de Batman: Dark Knight, bueno, web ou algo así, xa que soamente poderemos ver o novo logotipo e aínda que xa non estamos en eleccións invítannos a votar a Harvey Dent coma fiscal do distrito. Din que a peli vaise guiar polo guión do comic O Longo Halloween polo que se é certo isto vai pintar moi ben.

Polo menos o comic comeza así “I believe in Harvey Dent”

“Quando nasceu o anho nasceu a anha” Steven Spielberg e Peter Jackson produziram e dirigiram umha adaptaçom de Tintí­n. Dirigiram trés filmes baseadas nas aventuras do personagem de comic Tintin para DreamWorks Animation. Selecionaram tres histórias de entre os 23 livros de Tintí­n e cada um dirigirá umha pelí­cula.

Fantastic Four 3. Rise of the Black Panther

Ainda nom estrearom a segunda parte do s 4 Fantástico e Tim Story ja declarou que possívelmente Panteira Negra seja um dos maus da terceira entrega da saga….

Rumerejam que o actor Djimon Hounsou (Gladiator, A Illa, Diamantes de Sangue) poderia encarna-lo e um dos possíveis títulos seria Fantastic Four Rise of the Black Panther.

Estrea de Risico

Vai tomando forma. O 7 de novembro do 2008 estrearase nos cines Risico (título non oficial todavía, pero segundo diversas fontes moi probábel). Repiten Daniel Craig como James Bond, Judi Dench coma M e Giancarlo Giannini coma Mathis. A trama do film continuará onde quedou Casino Royale: 007, marcado para sempre pola súa relación con Vesper, seguirá á organización que intentou asesinalo en Montenegro.

Rumores fresquiños: a derradeira chica-Paul Verhoeven (O libro negro) Carice Van Houten podería pasar a sela derradeira chica-Bond. A actriz australiana Abbie Cornish, que xa soara como actriz principal, pasaría a ter un papel secundario e o vilán sería Goran Visnjic, coñecido por todos como o doutor guaperas substituto de Clooney na serie de TV Urxencias e que xa soara tamén como posíbel James Bond.

Rumores bondianos

Non da tempo para nada. Inda lle estou quitando o plástico envoltorio ó DVD de Casino Royale e xa nos están bombardeando con novas e rumores sobre Bond22.

Segundo a MTV a cantante pop Jamira podería ser unha chica Bond22, disque no casting de Casino Royale xa ‘impresionara’ ós productores (non sei por que, a Barbara Broccoli non creo, ou si. Hui, que pillabana…)

Outra que se rumorea que podería ser chica Bond22 é Abbie Cornish.

Un rumor que pode se-la BOMBA. Sir Sean Connery déixase querer e podería voltar á saga Bond. Declarou que lle gustaría interpretar un papel na próxima peli, por un módico prezo, declarou despois. Podería ser moi interesante ver a Bond-Connery de vilán (xa o vimos en Os Vengadores) contra Bond-Craig. Iso tería moi boa pinta.E para rematar algo un pouco máis certo. O 4 de abril re-inaugurouse o 007stage nos estudios Pinewood. Agora só falta que empezen a traballar. Unha curiosidade, na páxina do estudio podedes ver tóda-los filmes que se rodaron alí, entre eles A espía que me amou e Aliens e ata a saga Tomb Raider ou a escena de Venecia en Casino Royale.

Secuela de Casino Royale

Disque a secuela de Casino Royale podería se-la historia curta de Ian Fleming Risico, precuela ou “postcuela” de Só para os teus ollos, un dos mellores filmes de Roger Moore no que o axente 007 ten que buscar un aparello encriptador para controlar misis que ía nun barco espía inglés afundido nas costas de Albania.

Risico conta como Bond é enviado a Italia a investigar unha rede de narcotráfico que introduce drogas no Reino Unido, con personaxes que xa foron utilizados no filme Só para os teus ollos.

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.