"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Series e TVArchives for category

Despois do teaser tráiler chega este longo e ben saboroso tráiler de Game of Thrones (2011, David Benioff e D.B. Weiss) con todo o que os seguidores das exitosas novelas río de George R. R. Martin esperaban.

Para os que non o saibades a serie adapta o primeiro libro da serie, A Song of Ice and Fire, no que varias familias nobres intentan por todos os medios facerse co Iron Throne de Westeros. Un mundo fantastico recreado con fidelidade histórica.

Como sempre haberá algún zombi ó que non lle guste por non ser 100% fiel ós libros, pero ten moi boa pinta.

A estrea nos EUA será o 17 de abril de 2011 na HBO.

Spartacus

Spartacus, unha das moitas series que temos pendentes.

Le un par de boas críticas de Rafa Marín (Crisei): 1 e 2.

Dragon Ball Kai

dragon ball kai

Para os que pensan (coma min) que Dragon Ball GT non debeu existir…

A nova serie de Dragon Ball, a versión de Dragon Ball Z, remasterizada, con voces e efectos de son regravados, sen episodios lixo, sen censura… e todo en HD!

Poderemos vela algún día en galego?

DRAGON BALL KAI!

Botádelle aquí un ollo ó novo opening.

Teenage Caveman

teenage caveman

El regreso a las cavernas (Teenage Caveman, 2002)

Non me deu medo. Moito porno e coma sempre un final aberto. Non sabes si o bo é bo porque ó final convértese en malo para que se poda producir máis desta merda.

Só me pregunto de que cerebro sae esta merda.

En alemán dicimos: “das geht gar nicht”.

Sanne106

The IT Crowd (Primeira e segunda tempada)

the it crowd

A estas alturas xa todo o mundo coñece The IT Crowd, así que non me vou enrollar moito.
Dous apuntamentos rápidos para a polémica:

  1. The IT Crowd non é unha serie friki ou geek, tan só é unha comedia de situación británica arrodeada de chiscadelas frikis e geeks (hai ducias de sitios na internet onde identifican un por un os bonecos, camisetas e demáis que teñen estes dous ciscados pola oficina). Mais iso non converte a unha serie en friki ou geek e por iso tampouco se pode comparar con The Big Bang Theory, unha serie totalmente friki/geek e para a que necesitarás tradutor se non estás no allo.
  2. Para parella de parvos meténdose en problemas e totalmente estúpida e adorábel: Flight of the Conchords.

Rin cas dúas tempadas e vinas case do tirón, seguramente tamén vexa a terceira e ten momentos de humor negro brillantes e para o recordo e recoméndoa, mais tamén recomendo ver antes The Big Bang Theory e Flight of the Conchords.

ifrit

Batman the brave & the bold

Outra cousa. Unha nova serie en Cartoon Network e esta vez sobre o Cabaleiro “Escuro”. Esta vez tratase dunha serie que lle roerá as entrañas ós puristas de Batman, pero hai que recordar que é unha personaxe de cómic creada fai 80 anos. Esta serie hai que desfrutala desde esta perspectiva e ver os deseńos antiguos das personaxes, cos mil e un bat-aparellos, trampas absurdas e de tamańo descomunal e tódolos compañeiros da factoría DC. Tanto é así que ata fai aparición Bat-miudo.
Ahi o deixo. Desfrutade!

clone wars

O venres 2 de outubro comeza en Cartoon Network a nova tempada das Clone Wars.
Parece ser que non e unha serie para todolos gustos pero sorprende o seria que é nalgúns momentos tratandose dunha serie feita para os máis pequenos.
Vendo o trailer parece que esta nova xeira promete máis do mesmo, que é o que necesitamos. A esperar con impaciencia…

E isto é un bonus. Vale moito a pena velo. George Lucas trabucouse en facer os últimos filmes, pero por que non deixa en mans desta xente o de facer películas!? Creo que a palabra “impresionante” non se lle achega o máis mínimo a este trailer.
Poderemos ver un filme así? Eu dubídoo, sobretodo porque é moito mellor asi
Repito: “Impresionante… moi impresionante…”

Volve Futurama!

futurama

Disque a canle Comedy Central pediu facer unha nova tempada de 13 capítulos e que xa comezaron coa produción e o cásting, inda que de momento non hai nada anunciado oficialmente.

De confirmarse o rumor sería unha grande nova ca que agardamos quitarnos o mal sabor de boca que nos deixaron os mediocres filmes que sairon despois da cancelación da serie directos a DVD.

Vía Collider

Cando fai cousa dun mes quedei sen internet sentinme morrer. Máis a sensación durou pouco, pois unha serie veu ó meu rescate. Baixáraa facía ben pouco e estaba agardando a baixar uns subtítulos para vela, os anacos que vira para comprobar que todo funcionaba correctamente prometían.
Así que me puxen a ver a serie en cuestión, The Big Bang Theory, polo capítulo que estaba en primeiro lugar (e que logo descubriría que era o número 6. Agora recomendo que empecen por este, que non pasa nada)

E que é iso de The Big Bang Theory e que ten a medio fandom alterado? Pois é unha cousa ben sinxela pero que ninguén conseguira facer así de ben antes.

Pero que é? De que vai? Pois é unha sit-com das de toda a vida coa única particularidade de que está protagonizada por un físico experimental, un físico teórico, un enxeñeiro, un astrofísico e unha traballadora dunha fábrica de tartas de mazá que máis tarde traballa de camareira nunha cafetaría (tamén aparece de vez en cando unha física experimental). O físico experimental e o físico teórico viven xuntos e o primeiro namora da veciña de enfrente, a da fábrica de tartas (a típica loira que anda con pouca roupa faga o tempo que faga e cunha complicada vida sentimental arrodeada de chuliboys) o que ó segundo cóstalle entender, pois é un superdotado asocial que entrou na universidade ós 11 anos (graduose ós 14 e ademáis ten un máster e dous doutorados). Para completar e complicar a cousa o enxeñeiro é unha especie de playboy cutre e o astrofísico non pode falar con mulleres.

Inda non estades convencidos de que esta en unha gran serie? Pois sen entrar en moitos detalles direivos que está chea de referencias imposibeis desas das que tanto gustamos (banda deseñada, videoxogos, xogos de rol, series, ciencia-ficción…), frases para a posterioridade (a física dá para moito), respostas ás grandes preguntas da humanidade (xa dixen que a física dá para moito?), enredos, sociopatías e si, vale, tamén algo de pasteleo, pero moi friki e geek. Si, vale, dixen que non ía entrar en moitos detalles, mais teño que exemplificar esto último. Porque si, tamén hai pasteleo geek, vale, máis ben “pasteleo” geek, porque, como xa imaxinades, ó noso físico experimental favorito non lle é nada doado achegarse ó corazón da loira, así que ten unha fase da serie na que experimenta coa súa compañeira de laboratorio, a física experimental. E si, a palabra é “experimenta”. Coas súas probas-erro-proba, teorías, apuntamentos a pé de páxina… case aséptico.

Si, esta é unha desas series das que podes estar contando anécdotas durante horas. E só vou contar unha (máis) para rematar. Nun capítulo a veciña invita ós catro a un festa de disfraces. Como son tan orixinais, os catro aparecen vestidos de Flash. Para solucionalo o enxeñeiro di: “Se imos os catro en liña podemos parecer unha persoa que vai moi rápido”. Chuvia de colleghas.

E paro. Tedes que vela. Recordade: The Big Bang Theory, 2 tempadas (1+17 e 22 capítulos) A Wikipedia di que en Antena.neox lévana botando dende xuño do 2008 (alguén que o certifique?)

ifrit

TBBT é um regalo semanal de bom humor.
The Big Bang Theory é umha dessas séries das que um sabe que vai gostar desde o primeiro minuto do piloto, aliás é umha dessas séries das que os amigos sabem que ti vas gostar. Acostumados como estamos às produçons na moda de 40 minutos e tramas complexas ou bem a insulsas comédias feitas com molde TBBT é um regalo semanal de bom humor. Embora a estrutura da série ser a mesma das comédias americanas de meia hora com anúncios e a base argumental a vida de dous companheiros de piso e os seus amigos, como em tantas outras, há três cousas que a distinguem de todas: Uns actores cómicos excelentes, uns roteiros originais mas com bons fundamentos e umha quantidade de referências de ciência, cultura geek, e frikismo em geral no nível da também genial The IT Crows.

A vida de dous companheiros de apartamento físicos, um teórico e outro de laboratório acompanhados dos seus amigos (um engenheiro espacial e um astrofísico) que introduzem no seu círculo à sua vizinha -umha “hot girl” namora dum deles- pode ser a licença umha chuva de tópicos, tecnocharlataneria e tramas repetidas me umha dúzia de séries antes. Mas TBBT é diferentes, as piadas sobre física e “mundo geek” som feitas desde o interior, por guionistas que conhecem realmente o que é ser um friki e com a ajuda de David Saltzberg. físico do Caltec, onde de feito trabalham os protagonistas, para que todo tenha coerência. Isso fai que algumhas piadas -nom todas, nom tenham medo- chegem a ser um pouco especiais.

Como dizia junto com o humor e o bom trabalho dos roteiristas o terceiro factor determinante da qualidade desta série é o trabalho dos actores. Todos estam geniais nas suas interpretaçons, e especialmente Jim Parsons impersonando Sheldom: um exemplo aristotélico do cientista asocial -seguramente com Asperger, como já se tem comentado em muitos foros da série- com umha falta de empatia total, rígido e cheio de teimas. Com cada linha, com a sua entonaçom e a sua interpretaçom -que justifica que nalgum momento um dos personagens o defina como “umha mantis religiosa humanoide” ou bem como que “está a um acidente de laboratório de ser um mestre do mal”- som umha pérola de humor. E mais quando interactua com a vizinha, com a cara de Kaley Cuoco, e a suas incapacidades sociais som mais patentes…

Eu até bem pouco cuidava que, para surpresa dos popes da crítica de começos de século, vivíamos numha década onde o peso da identidade das produçons televisivas descansava na linha de estilo marcada polos produtores. TBBT rompeu esse meu esquema para sempre: Se a combinaçom de Chuck Lorre, criador da denunciável “Two and a half men”, e Bill Prady, i-responsável da eterna e assassina de diabéticos “Gilmor Girls”, podem criar um produto de tanta qualidade e tam afastado dos seus tics pessoais… entom há vida depois de J.J. Abrams.

fer

Ligazón recomendada: Sheldon Shirts (Vía: Microsiervos)

A política de revisións de vellos (e non tan vellos) clásicos semella non ter fin. A única escusa medianamente críbel é que queren renovar a estética daquelas producións, xa que ás novas xeracións bótalles para atrás todo o que cheire a vello.

E agora chegoulle o turno a un dos grandes clásicos do terror Os nenos do millo de1984, baseado nunha novela de Stephen King. A canle Sci-fi prepara un telefilme de dúas horas con actores e actrices de series de éxito na última tempada.

De momento semella que o argumento segue igual. Burt (David Anders) e Vicky (Kandyse McClure), un matrimonio con problemas sentimentais fai unha segunda lúa de mel para intentar arranxar a súa situación e no camiño atopánse cunha comunidade rexida só por nenos, dirixida por unha sorte e rapaz sacerdote chamado Isaac (Preston Bailey) e a súa man dereita Malachai (Daniel Newman). O resto xa sabedes como vai.

Estrea prevista para o 2009. Escribe e dirixe esta nova versión un dos produtores da versión orixinal, Donald P. Borchers.

Estades avisados.

Vía KillerMovies

Para celebrar como se merece, e por primeira vez a tempo neste bló, o Dí­a do Traxe de Gorila faremos un repaso á maior saga de xente disfrazada de mono da historia do cinema, O Planeta dos Simios e outros subprodutos relacionados.

Para empezar po-lo principio diremos que o filme O planeta dos simios, ó igual que Sin tetas no hay paraiso, está baseado nunha novela. Neste caso a novela de 1963 é obra do escritor francés Pierre Boulle, tamén autor do libro A ponte sobre o rí­o Kwai, no que se baseou o filme homónimo.

Para que non vos fagades un lí­o podedes seguir esta liña temporal.

O planeta dos simios (1968)

O argumento é máis que coñecido: Charlton Heston é un astronauta que xunto con outros astronautas viaxan nunha nave que se perde no espazo chegando a un planeta onde os simios son a raza dominante e os humanos uns meros escravos. Charlton Heston é capturado e engaiolado e deberá fuxir dalí loitando contra os prexuizos da sociedade simia.

O filme fundador da maior saga de xente vestida de gorila é un filme de ciencia ficción en toda regla e así o demostra o final, unha das escenas máis famosas de Charlton Heston. A viaxe non foi no espazo mais no tempo, o lugar no que están é a Terra da que partiron mais no ano 3978.

Primeiramente o filme é unha plataforma para ensinarnos a Charlton Heston seminú e despois para tratar un sinfín de temas tanto filosóficos como morais. O dito, pura ciencia ficción da boa.

Regreso ó planeta dos simios (1970)

O segundo filme da saga sucede a continuación do primeiro, mais seguindo a historia de personaxes distintas. Un novo astronauta aterra no planeta, vén en busca dos astronautas perdidos. A historia repítese e ten que fuxir axudado polos mesmos que axudaron a Charlton Heston na primeira e así marcha á Zona Prohibida en busca deste. Nesta Zona Prohibida o que atopa é unha sociedade de mutantes de pel traslúcida e con poderes psíquicos que viven nos restos subterraneos da civilización post-holocausto (metro e outras ruinas de Nova York). Alí adoran a un misil nuclear co que deducimos que os mutantes son os herdeiros dos “pajeros”, pois de todos é coñecida a súa afección po-lo nuclear e os fungos radiactivos. Ó final aparecen os simios soldados e tamén Charlton Heston e a festa está montada.

En definitiva Regreso ó planeta dos simios é unha secuela en toda regla: conta practicamente o mesmo que a primeira, con menos orzamento mais intenta parecer moito máis, e ten a metade de chicha. E gustamos diso, non si?

Fuxida do planeta dos simios (1971)

Como era de esperar, os filmes de señores disfrazados de gorila (e outros simios) son todo un éxito, así que hai que seguir facendo películas, e desta volta proban algo novo. Cunha bomba nuclear polo medio o anterior filme non podía ter rematado doutra maneira que non fora a destrucción do planeta, e así este terceiro filme conta de como os simios que axudaron ós dous astronautas nas anteriores entregas e a estas alturas convertidos en protagonistas da saga chegan aproximadamente 2000 anos antes do seu tempo montados na nave da primeira parte. Así que temos o argumento das dúas anteriores pero do revés. Nun primeiro momento a xente trataos ben e eles intentan encaixar na sociedade humana (gorileo a gogó), mais unha vez que se revela que no futuro os simios gobernarán por riba dos humanos as cousas cambian e queren acabar con eles. Pero, como nas primeiras, entre tanto mal sempre hai alguén disposto a axudar e consiguen que o seu bebé sobreviva á persecución. A continuidade espazo-temporal está salvada.

Que é incríbel ademáis de inexplicábel que vaian na nave averiada? Si, claro, que esperabades? A saga está chea de inconsistencias tanto científicas coma de guión dende a primeira entrega. Mais non me digades que non é bonito ver bicarse a dous señores disfrazados de simio. E inda máis inspirador, ver a dous señores disfrazados de simio intentando parecer señores nun guateque. Demencial!

A rebelión dos simios (1972)

Isto xa non hai quen o pare! A saga é todo un éxito e imos a filme por ano! Unha vez máis o filme continúa a historia do anterior uns vinte anos despois. Unha estraña plaga acabou con tóda-las mascotas e agora o que se leva é ter simios na casa. O fillo supervivinte é descuberto polo mismísimo presidente dos EUA e perseguido. O noso protagonista non pode ficar indiferente ante o trato recibido po-los seus conxéneres e organiza unha revolta. Os simios inda non evolucionados érguense contra a humanidade levando ó caos e a destrucción alí por onde pasan. Ó final o simio arrepíntese de ter escomezado a revolta e berra po-la convivencia pacífica entre os restos queimados da cidade.

Unha nova reviravolta nos plantexamentos da saga con relación as razas. Na primeira están os simios por riba(gorilas, chimpancés e orangutáns) e os humanos por baixo; na segunda os simios por riba, os humanos por baixo e os mutantes, os diferentes; na terceira están os humanos por riba e os simios os raros (despois o perigo) e na cuarta están os humanos por riba e os monos moi por debaixo. Non dubidedes que hai lecturas e explicacións varias para todos estes argumentos.

A conquista do planeta dos simios (1973)

E chegamos ó quinto e derradeiro filme da saga. Antes de nada explicar un dato que pode levar a confusión provocado po-los XENIAIS! tradutores de títulos de películas españois. O cuarto filme no orixinal chámase Conquest of the Planet of the Apes e traducírono por A rebelión dos simios; e a quinta é Battle for the Planet of the Apes e traducírono por A conquista do planeta dos simios. Moi hábiles, si señor.

O mono listo da anterior é agora o líder dos simios e para que a cousa non se lle vaia das mans ten ós humanos esclavizados (interesante maneira de conseguir a convivencia pacífica). Mais non todo é idílico e tanto de parte dos humanos como de parte dos simios hai disidentes que buscan desestabiliza-lo sistema. Por primeira vez na saga un filme remata ben e a convivencia entre simios e humanos faise posíbel.

É hora de ir rematando a saga. Os principais valores da mesma desapareceron: a ciencia ficción brilla pola súa ausencia, así como os subtextos e o espectacular maquillaxe substituiuse por máscaras de goma.

O planeta dos simios (1974)

Rematan os filmes, mais non a saga. Esa historia e todos eses traxes de simio hai que aproveitalos dalgún xeito, e que mellor maneira que unha serie. A serie consta dunha única tempada de catorce capítulos autoconclusivos protagonizados por dous humanos e un simio que loitan no ano 3085 contra a tiranía dos simios que dominan o planeta.

Cunha calidade máis que aceptábel a serie non se diferencia demasiado doutras semellantes da mesma época. Tres fuxitivos viven eternamente no camiño e loitando ó límite, mais ó final do capítulo sálvanse.

Regreso ó planeta dos simios (1975)

E non hai saga que se prece que non teña a súa serie de animación. Así Oplaneta dos simios ten a súa serie dunha tempada de trece capítulos para que os máis pequenos da casa podan disfrutar coma monos (pero outra vez veremos que os debuxos animados non son sempre para nenos)

Aquí non hai xente disfrazada porque son debuxos, mais non podiamos deixar esquecida esta pequena xoia dos ’70.

Ó contrario que a serie de imaxe real os capítulos non son autoconclusivos e contan unha historia que van desenvolvendo pouco a pouco. Ademáis disque esta serie é máis fiel á novela de Boulle xa que conta unha historia semellante á dos dous primeiros filmes inda que sucede despois de Regreso ó planeta dos simios. Tres novos astronautas chegan ó planeta. A muller é capturada po-los mutantes e os seus compañeiros intentarán liberala mentres axudan ós humanos a loitar contra o exército simio.

A serie ten unha animación bastante pobre e como nota distinta dos filmes os simios posuen unha tecnoloxía moito maior, con vehículos motorizados, radio, televisión e elevados edificios.

Saru No Gundan / Time of the apes (1974, 1987)

E chega a hora do bizarro e da apesplotation. E como non podía ser doutra maneira chega dende oriente, máis concretamente dende Xapón.

En 1974, ó mesmo tempo que a serie estadounidense, estréase Saru No Gundan (O exército dos monos), unha serie de 26 episodios nos que coñeceremos a historia dunha científica que xunto a dous nenos é accidentalmente transportada por culpa dun experimento crioxénico a un futuro no que os simios dominan o planeta (sóavos de algo?)

En 1987 (sabe Deus por que) saiu un telefilme co mesmo título e feito na súa totalidade en forma de colado con anacos da serie. Reciclaxe xaponesa a todo filispín!

Eso que vedes aí arriba co título en marelo é a carátula da banda sonora, composta por 56 pistas que misturan de todo: pop xaponés da época, ruidiños incidentais, berros militares, música estilo spaghetti western, cancións cantadas por nenos, orquestras robóticas e toda o que se vos poda ocorrer.

Aquí podedes ler o resumo dos catro primeiros capítulos feitos por un machiño que os visionou sen subtítulos.

Homes de ollos rasgados disfrazados de gorilas disfrazados con gabáns e de militares, non se pode pedir máis.

Planete of the Erotic Ape / World of the Erotic Ape / Babes in Kongland (2002)

E chegamos á parte máis quente. A unha parodia soft-core do Planeta dos simios. O argumento é o que segue: Un mad doctor/técnico de televisión inventa un aparello co que sintonizar canles eróticas de planetas lonxanos, mais cando o proba é transportado a un planeta lonxano (ou iso cre el) domina por mulleres no que os homes foron enviados á Zona Prohibida (o lugar onde os homes aman a outros homes e pasan o seu tempo libre escoitando vellas canción de Judy Garland) e os gorilas son os seus escravos sexuais. O doutor é capturado por unha tribo que perdeu ó seu gorila escravo (a.k.a simio erótico) e danlle un ultimátum para atopalo ou perderá a súa hombría nun bizarro ritual.

O que a saga nunca non amosou! Homes vestidos de gorila a foder con mulleres! (en tóda-las posturas)

Play-mate of the Apes (2002)

Os guionistas de soft-core son do máis surrealista que hai (sempre acompañados po-los orzamentos máis baixos) Tres astronautas de boa raza caen nun planeta gobernado por simios (a ninguén lle soa?) e a partir de aí todo tocarse entre elas e ós gorilas.

Non conseguín ningunha imaxe, pero disque os disfraces de gorila son do peor visto nun filme.

E ata aquí chega o repaso á saga do Planeta dos simios e os seus subprodutos.

Feliz día do traxe de gorila e a disfrutar!

ifrit

Space Ghost, de Costa a Costa

En CINEMA FRIKI temos un novo heroe! Space Ghost!

Facendo un resumo rápido: Space Ghost é o protagonista duns debuxos animados dos anos 70 de Hanna-Barbera e que foi recuperado coma entrevistador para unha parodia de late-night (spoof, que lle din en inglés) chamado Space Ghost, Coast to Coast emitido na canle estadounidense Cartoon Networks. No 2006 chega a España e arredores da man da canle TNT nun espazo dedicado á animación para adultos chamado Adult Swim, e de aí a YouTube hai un paso.

Space Ghost está acompañado polos noutrora seus inimigos Moltar e Zorak, agora reconvertidos en realizador e músico, respectivamente.

Algúns dos personaxes insultados, manipulados e obrigados a falar cun debuxo animado: Nacho VigalondoJoaquín Reyes, OGT Calor, Astrud

Aí­ vai unha imaxe da serie The Sarah Connor Chronicles. A foto corresponde ó episodio piloto da serie, que estará protagonizada por Lena Headey (Sarah Connor) e Thomas Dekker (John Connor). Tamén se encontran no reparto Summer Glau, Richard T. Jones, Daniell Lozeau, Genia Michaela y Babak Tafti, entre outros.

A serie está dirixida por David Nutter e escrita por Josh Friedman.

O pasado domingo estreouse en cuatro A habitación perdida, unha miniserie de ciencia-ficción e drama de tres capí­tulos dobres.

Esta miniserie xira ó redor dos obxectos, obxectos cotidiáns que teñen certos poderes, uns máis utis que outros. Todos estes obxectos proceden dunha habitación dun motel localizado nun lugar indeterminado. O obxecto principal na serie é a chave, abrindo calquera porta coa chave chegas á habitación do motel e dende a habitación podes abrir e aparecer en calquera sitio onde haxa unha porta.
Ó redor dos obxectos existen varias teorí­as que misturan deuses, explicacións do universo, fallos na fí­sica e outros moitos. E como non, ó redor dos obxectos xurden multiples intereses dende sectas e ordes que os buscan para destruilos ou atoparse con Deus ata coleccionistas e xente que busca o seu poder.
En medio de todo isto atópase sen comelo e sen bebelo o protagonista, Joe Miller, un detective da policí­a que recibe a chave e nun momento ve como a súa filla pequena desaperece dentro da habitación indo a parar a non se sabe onde (tódo-los obxectos que entran na habitación e non pertencen a esta desaparecen, persoas incluidas, se non están coa chave dentro, claro).
Agora deberá busca-la forma de atopala nunha realidade recén descuberta e movéndose nun mundo no que non se pode fiar de ninguén.

Despois de ve-lo primeiro capí­tulo dobre non me queda outro remedio que recomendala. O guión está moi ben construido, a acción está moi ben levada (a duración afórranos ter que aguantar palla), os actores están á altura, hai sangue, mortes cruentas, humor negro…
Haberá que seguir vendo os outros dous capí­tulos, pero mantendo como mí­nimo o nivel do primeiro conseguirá converterse nunha serie de ciencia ficción moi recomendábel.

Ás veces tamén se agradece que non nos queiran marear capí­tulo tras capí­tulo, e tempada tras tempada, dando voltas ó mesmo e facéndoo todo un lí­o.

ifrit

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.