Arquivo para a categoría 'Trailers e teasers'
Tráiler de Star Trek XI
5 Maio 2008Tráiler de Star Trek XI. Igual de visto pero iso de: “Space, the final frontier…” pon os pelos coma escarpias… A dobraxe ó español é triste…
A estrea de Star Trek: Zero (título provisional) está prevista para o 8 de maio nos EUA.
Tráilers de Indiana Jones e o Reino da Caveira de Vidro
28 Abril 2008Trailers de Indiana Jones e o Reino da Caveira de Vidro [1 e 2]. Xa sei que está moi visto, pero por que non velo outra vez? A traducción deixa que desexar, sobre todo iso de: “¿Y tú eres profesor? -De vez en cuando.” Era mellor “Solo a media jornada” como di en inglés. E […]
Tráiler de The Dark Knight
15 Xaneiro 2008Cando a escuridade cae
o cabaleiro érguese.
Non vos perdades o tráiler de The Dark Knight, a nova película de Batman e segunda das dirixidas por Christopher Nolan. Tamén podedes ver o tráiler en castelán e as reaccións que está espertando.
Mola ese Joker, moi escuro e moi humano, aínda que se bota algo de menos un poco […]
Tráiler e póster de The Forbidden Kingdom
15 Xaneiro 2008O camiño é inseguro
O lugar é descoñecido
A viaxe é incríbel
Por primeira vez dous dos mellores ‘dragóns’ xúntanse nun filme para gozo e deleite dos fans. Jackie Chan e Jet Li xuntan forzas e patadas en The Forbidden Kingdom, unha nova mirada do conto Viaxe ó oeste. Pero non creades que son todo boas novas, […]
Tráiler de Hellboy II: The Golden Army
14 Xaneiro 2008Por se inda queda alguén que non o viu e non disfrutou del aquí tedes o tráiler de Hellboy 2: The Golden Army. Máis espectacular, máis monstros, malos peores… A ver se desta volta conseguiron o aquel que lle faltaba á primeira para ser un peliculón.
Detrás de todo os da primeira entrega: dirixe Guillermo del […]
Tráiler de As Crónicas de Narnia. O Príncipe Caspian.
14 Xaneiro 2008Aquí tedes o tráiler de As Crónicas de Narnia. O Príncipe Caspian, a segunda película despois de As Crónicas de Narnia. O León, A Bruxa e O Armario (que disfrutamos no seu momento)
A cousa promete máis fantasía branca cunha factura incontestábel.
The Chronicles of Narnia. Prince Caspian
Vai de tráilers!
5 Agosto 2007Para comezar a semana nada como unha boa selección de tráilers para tódo-los gustos.
Angelina Jolie cunha trenza? A terceira parte de Tomb Raider?! Non, tranquilos. É o póster promocional de Beowulf, unha nova revisión do mito nórdico.
E que queredes que vos diga, visto o tráiler non é que me emocione. Nin sequera tendo no […]
Teaser tráiler de The Dark Knight
2 Agosto 2007A cousa promete e moito. Case tan bo como se estivera feito por fans.
Aquí o tráiler.
Tráiler de Grayson, a película de Robin
31 Xullo 2007 Aquí vos queda a ligazón ó tráiler.
Para babexar e demáis sempre téde-los comentarios.
Tráiler de Star Wars, The Clone Wars TV Series
29 Xullo 2007 George Lucas está decidido a amosarnos que o mellor da nova triloxía é o que pasa entre película e película. Despois de desfrutar como ananos con Star Wars: Clone Wars, (a serie de animación) agora chega unha nova serie e desta volta en 3D, The Clone Wars, TV series.
Inda que os modelos podan chocar […]
Tráiler de I am legend
29 Xullo 2007 Aquí podedes ver o tráiler de I am legend.
Recordar que o filme está baseado na novela homónima de Richard Matheson na que tamén se basearon filmes como The last man on earth, 28 días despois ou O derradeiro home… vivo (Omega Man), da que á súa vez este novo filme homenaxea ese paseo en […]
Tráiler de Thunder Captain
19 Xuño 2007Umha boa nova. Parece que em Cannes se fijo oficial o projecto de levar ao ecram El Capitán Trueno e o encarregado será o director Pau Vergara, coa supervisom do mesmo criador do comic, Victor Mora. Tem um orçamento de 15 milhons de euros e fai varios meses que se empezou. A sua estrea prevê-se […]
Novo tráiler de Transformers
25 Maio 2007Novo tailer de Transformers. Neste xa se vem os Autobots e os Decepticons em todo o seu esplendor. E, sim! na trasnformaçom de Optimo Prime ouve-se esse característico som de… de… bom, como nos desenhos animados, já sabedes kikoxu, ou algo assim.
Tráiler de War
25 Maio 2007Para comezarmos, um trailer do novo filme de Jet Li a Jason Statham (Transporter, Snatch, The Italian Job, Celllular, Call of Duty, sim, call of Duty e ,em breve, The Brazilian Job). Nom se pode dizer muito vendo estes dous actores. Apuntade, War, um filme destes de relaxar e desfrutar dumha boa enxurrada de tiros, […]
Ninja cheerleaders e Bloodrayne 2
13 Maio 2007Dentro da laboura social que levamos a cabo dende este bló hoxe queremos advertirvos de dous filmes dos que debedes fuxir sen pensalo dúas veces.
Que Hollywod está nas últimas era ben sabido por todos. Non chegaban cos seus contínuos remakes e adaptacións, que das poucas cousas orixinais que se lles ocorren é esta… ‘cousa’. […]