Aventuras, acción, fantático, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series…

Archives for Trailers e teasers category

Dentro da laboura social que levamos a cabo dende este bló hoxe queremos advertirvos de dous filmes dos que debedes fuxir sen pensalo dúas veces.

Que Hollywod está nas últimas era ben sabido por todos. Non chegaban cos seus contínuos remakes e adaptacións, que das poucas cousas orixinais que se lles ocorren é esta… ‘cousa’. Agora tócanos Ninja cheerleades (As animadoras ninja) e o seu argumento non pode ser máis típico: tres animadoras que aprenden as técnicas ninja para salvala cidade ou ó guapiño de turno.

En fin, o director da película (por chamarlle dalgunha maneira) é un tal David Presley (non deixedes de seguir a ligazón para botarlle un ollo á súa foto). E as protagonistas son: Trishelle Cannatella, Ginny Weirick e Maitland McConnell.

E non hai moito máis que dicir. Por se a alguén inda lle queda algunha dúbida aquí está o tráiler.

E aquí outra mostra máis de que a fin do mundo está preta. Chega o momento da segunda parte dun dos maiores bodrios endexamáis rodados. Falamos da segunda parte de Bloodrayne (estreouse a primeira parte en España?), baseada no videoxogo do mesmo nome e cuxo tráiler “es lo puto peor”. Os máis cultivados do lugar atoparán certos parecidos cun video-clip de Camela, inda que este era bastante mellor. Quedade con nome: BloodRayne II: Deliverance.
Avisados quedades. Non se aceptan reclamacións.

Uns opinan que a serie vai gañando con cada entrega, mentras outros pensan que con esta terceira parte só se intenta explotar unha vez máis o produto.

Botádelle un olló ó novo tráiler e opinade por vós mesmos.

Do que estamos seguros é que teremos a nosa ración de espionaxe, persecucións de coches e acción sen pretensións de gañar un Oscar.

Sempre tomei ós 4 Fantásticos como os superheroes máis light de todos (a serie de debuxos non me axudou) pero despois de vela primeira película que, inda que foi moi correcta, faltáballe esa madurez para explotar a tódolos personaxes, e despois de ver este tráiler, cambio de opinión. Pinta moi ben, con xente dando supermamporros e notándose quen ten superpoderes por fin.

P.D.: O coche dos 4 Fantásticos moi logrado, e non esa cousa rectangular dos cómics.
Siempre tomé a los 4 Fantásticos como los superheroes más lights de todos (la serie de dibujos no me ayudó) pero después de ver la peli anterior que, aunque fué muy correcta, le faltaba esa madurez para explotar a todos los personajes. Después de ver este trailer… aggg! cambio de opinión. Pinta muuuuy bien, con gente dando supermamporros y notándose que tienen superpoderes, por fin! P.D.: El coche de los 4 Fantásticos mu logrado y no esa cosa rectangular de los comics. ;)

Tráiler de Stardust

En Stardust atopamos un pobo, Muro, que fai linde entre a campiña inglesa e o reino de Faerie. Nel vive Tristran Thorn, un mozo produto do cruce entre un humano e unha elfa qu se atoparon na noite na que, unha vez cada sete anos, celébrase unha feira á que acuden habitantes de ambo-los dous mundos. Unha promesa feita nun momento de paixón a moza máis bonita do lugar levará a Tristran a atravesa-lo muro que dá nome ó pobo e a internarse no país das fadas na procura dunha estrela fuga caída. No seu camiño atoparán ós seres máis extraordinarios, tanto benévolos coma maléficos, e progresará nas súas aventuras á maneira dos contos de fadas, sendo recompensado (ou non) po-las súas boas accions segundo a particularísima lóxica de Faerie, e gañando no proceso coñecementos sobre si mesmo e a súa especial herdanza compartida…”

Aqueles que pensen que este filme é outro amago de cinema de aventuras ó estilo de Narnia ou Unha ponte cara Terabithia, pero sen nenos protagonistas, ou que só é un filme máis de efectos especiais e con actores como Michelle Pfeiffer ou Robert De Niro en papeis meramente alimenticios é que non teñen memoria.

Neil Gaiman puxo uns bos vimbios, haberá que agardar para ver se lles quedou un bonito cesto. De momento teremos que contentarnos co tráiler.

Pinta moi espectacular, pero o malo é que este trailer está en ruso (o tráiler ruso desapareceu pero xa temos un na língua de Shakespeare. Aproveitade antes de que o quiten.)

Primeiro un trailer da enésima adaptación dunha historia de Stephen King, 1408, desta volta protagonizada por dous actores benqueridos neste bló, John Cusack e Samuel L. Jackson.

E de segundo unha non recomendación, algo do chamado ‘cinema para mentes pouco inquedas’. O trailer dunha parodia parida, Delta Farce (Farsa Delta)

Christian Bale sin ser Bruce Wayne e pilotando un A-1 Skyraider sobre Vietnam. Como mola ese actor. Métese no papel que é unha pasada, engorda, adelgaza, engorda…

Sen dúbida o máis rechamante do filme é que está dirixido por Werner Herzog.

Aquí podedes ve-lo trailer.

Aquí podedes le-lo diario do piloto do que fala o filme.

E xa para os máis frikis-bélicos aquí podedes ver fotos de avións A-1 Skyraider.

En canto á data de estrea non o temos moi claro. Rescue Dawn foi estreado no Festival de Toronto e tiña previsto estrerse tanto nos EUA coma en España no 2006, pero nalgúns sitios pon 2007. Isto cheira a ‘directo a DVD’.

Transformers

O fandom está dividido, unha metade está ilusionada con esta nova revisión da franquicia dos robots tranformabeis e a outra metade opina que poderían chamala Os Robots Xigantes Transformabeis en Vehículos Vidos do Espazo e sería o mesmo (inda que a película tamén lles ten boa pinta) No que están todos de acordo é que sen a dobraxe sudamericana non vai selo mesmo.
Vede o trailer dos Transformers e opinade por vós mesmos.

A estrea nos EUA o 4 de xullo do 2007.

Un par de cartaces novos, Transformers

Grind House

Aquí chega o último de Tarantino e Rodríguez. Alucinante. Estes dous saben o que nos gusta. E revivindo a Kurt Russell no seu mellor momento! Non ten desperdicio (ou tamén podemo dicir que é todo desperdicios) Para mostra un xenial trailer.
Pero o que realmente sabe cousas de Grind House é uruloki, mirade aquí e máis aquí.

A estrea no EUA será o 6 de abril do 2007.

Protégé

Aquí podedes ve-lo trailer da nova película do director Derek Yee, Protégé, un thriller de acción de magnífica factura no mundo das mafias da droga.

Encabeza o reparto Andy Lau. Acompáñano Daniel Wu, Louis Koo, Anita Yuen e Zhang Jingchu.

Vía KFC Cinema

Casino Royale

Primeiro foi o teaser, logo o primeiro trailer e agora chega o segundo trailer. Canto máis vemos deste novo filme do axente 007 máis convencidos estamos nos nosos pensamentos. Este novo filme segue a liña dos protagonizados por Pierce Brosnan primando a acción por riba da espionaxe (non aprenderon nada da saga de Bourne) e tendo como piares fundamentais o coche e unha ghachonda saindo da auga. Tamén estamos cada vez máis convencidos de que Daniel Craig daría un bo axente do KGB, pero non dun ó servizo da Súa Maxestade.

Se po-lo menos inda chegara ós límites descacharrantes da orixinal se lle podería perdoar algo, pero parece que esta xente tómase en serio a si mesma.

Thandie Newton en Casino Royale, Charlize Theron en Casino Royale, Angelina Jolie en Casino Royale, Vilán e chica Bond en Casino Royale, O novo James Bond, Ás voltas de novo co novo James Bond, Ás voltas co novo James Bond, Casino Royale

Trailer de 300

300

Inda queda alguén que non vira o trailer da agardadísima 300? Pois por se inda que da alguén aquí estamos nós para enmendalo. Aquí o trailer de 300.

E nesta outra páxina podedes ve-las similitudes entre as imaxes do trailer e a novela gráfica de Frank Miller.

Inda que pareza mentira vendo as imaxes e por toda a expectación que desperta ó seu redor a estrea nos EUA non está programada ata o 9 de marzo do 2007 (por estes lares a finais de marzo principios de abril). Así que só nos queda agardar con paciencia e ir disfrutando destas pilulas que nos soltan ós poucos de vez en cando.

300

Trailer de Eragon


Eragon semella unha mistura de As Crónicas de Narnia e Corazón de dragón. Non ten mala pinta, pero supoño que só para pasa-lo rato. E a tía está moi boa. *

Aquí téde-lo trailer.

Na páxina web está máis grande e máis espectacular. Paga a pena.

* ‘A tía’ é Sienna Guillory (Jill Valentine en Resident Evil. Apocalipse)

Aquí tedes o segundo trailer de Dead or Alive.

Hai que ser moi moi fan do videoxogo.

DOA: Dead or Alive

Flyboys


Cine bélico, I Guerra Mundial e combates aéreos. Que máis se pode pedir? Que estea ben feita, por favor.

Dos productores de Independence Day e O patriota chega Flyboys. E aquí o trailer para ir abrindo boca.

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.