Arquivo para a categoría 'Xeral'
« Páxina anterior — Seguinte páxina »
Haberá Saw 3
6 Marzo 2006Darren Lynn Bousman dirixirá o derradeiro episodio, Saw 3, cun guión escrito por Leigh Whannell.
Prometen ser fieis ás raices da franquicia e ó mesmo tempo engadir “frescos, terroríficos e inimaxinabeis novos xiros”.
Vía KillerMovies
Razzie Awards
6 Febreiro 2006Un ano máis, coincidindo co anuncio dos nominados ós Premios da Academia estadounidense (vulgo Oscars) déronse a coñece-los nomes dos afortunados con opcións de obter un bonito amorodo dourado, que os acredite como gañadores dos Premios Razzie.
Podería estenderme sen motivo falando da historia e historial destes premios, pero creo que é mellor que […]
Killing Demons
6 Febreiro 2006Xa falta pouco para que facer unha peli baseada nun cómic deixe de ser unha nova.
Killing Demons é un cómic independiente, escrito por Peter Siegel e debuxado por Brent White, auto-editado e auto-distribuido.
A historia é ben sinxela: un home presencia na súa nenez como toda a súa familia é asasinada por seres sobrenaturais, po-lo que […]
The Chronicles of Narnia: Prince Caspian
6 Febreiro 2006A secuela xa está en marcha. Agardan poder estrear As Crónicas de Narnia: O Príncipe Caspian para o Nadal do 2007.
Mil anos despois da primeira parte os irmáns Pevensie voltan a Narnia onde de novo é todo unha desfeita. Desta volta deberán derrocar ó rei usurpador Miraz para devolverlle o trono ó novo Príncipe Caspian.
Dirixe, […]
Fanboys
6 Febreiro 2006Fanboys é iso, unha roadmovie que conta a viaxe de catro amigos que cruzan os Estados Unidos para cumpli-lo derradeiro desexo doutro amigo: ver A Guerra das Galaxias. Episodio I. A amenaza pantasma no mellor dos sitios posibeis, o Rancho Skywalker (o rancho de George Lucas)
Os posibeis protagonistas serían Kristen Bell (a protagonista desa famosa […]
Disculpas gorileras
6 Febreiro 2006A Semana Internacional do Traxe de Gorila rematou e aquí non se víu nada do prometido. ¿Por que? Pois porque gracias ó noso costume de deixa-lo todo para o último día e face-lo todo a correr e sen preparar nada atopamos que xusto cando íamos escribir algo bitacoras.com tiña problemas cos servidores (algún tamén se […]
Resultados dos Premios CINEMA FRIKI 2005
28 Xaneiro 2006Pois rematado o plazo de votación e feito o reconto pasamos a relaciona-los resultados e os premiados nesta primeira edición dos Premios CINEMA FRIKI. A participación foi baixa pero suficiente para facer unha aproximación ao mellor e ao peor do ano 2005.
MELLOR PELÍCULA: Batman Begins 4 votos
Seguido moi de preto por A Guerra das Galaxias. […]
Sam Raimi produce…
26 Xaneiro 2006Cando un ten moitos cartos gástaos en cousas que lle gustan, e a Sam Raimi o que lle gusta é dar medo. Por iso os seus dous próximos proxectos coma productor serán sendos filmes con alto contido de terror: Priest (Crego) e Siren (Sirena)
Xunto cos tamén productores Mike De Luca e Josh Donen comezarán a […]
Premios CINEMA FRIKI 2005
13 Xaneiro 2006Chegados a estas alturas do ano é un bo momento para facer un repaso do visto e elexir o que máis nos gustou e o que menos. Por iso inauguramos eiquí os 1os Premios CINEMA FRIKI.
Para participar e dar as vosas opinións tan só tedes que enviarnos un correo-e ó noso enderezo
sinalando un máximo […]
Nova vilá en X-men 3
2 Xaneiro 2006Pois xa temos outra vilá máis para X-men 3, que se vai converter na película con máis mutantes da historia. Se es alguen no universo mutante tes que estar nesta peli.
Agora é o turno de Psylock, irmá do Capitán Britania, que será interpretada po-la actriz filipina Mei Melançon.
Psylock é unha das personaxes máis sexis do […]
Batman Continues
28 Decembro 2005Christopher Nolan desvela nunha entrevista xugosos detalles da próxima película do Señor da Noite. Entre os datos revelados están os papeis principais, o compositor e algún detalle máis.
Reparto de Batman Continues (confirmado o nome):
Batman: Christian Bale
Joker: Michael Keaton
Dúas Caras: Justin Timberlake
Enigma: Sean William Scott
Moza: Jessica Alba (disque por iso rexeitou o de chica Bond)
Compositor BSO: […]
Bo Nadal
25 Decembro 2005Dende a redacción de CINEMA FRIKI querémosvos desexar que pasedes un Bo Nadal, cheo de bos momentos e moito cine dese que tanto nos gusta, porque para iso son as vacacións e as festas.
Seguiremos informando ca nosa característica e particular periodicidade. Esperamos que sigades disfrutando das nosas críticas, novas e rumores e que así no-lo […]
III Xantanza do blogomillo
23 Decembro 2005.zg_div {margin:0px 5px 5px 0px; width:117px;}
.zg_div_inner {border: solid 1px #FFFFFF; background-color:#ffffff; color:#666666; text-align:center; font-family:arial, helvetica; font-size:11px;}
.zg_div a, .zg_div a:hover, .zg_div a:visited {color:#990000; background:inherit !important; text-decoration:none !important;}
zg_insert_badge = function() {
var zg_bg_color = ‘ffffff’;
var zgi_url = ‘http://www.flickr.com/apps/badge/badge_iframe.gne?zg_bg_color=’+zg_bg_color+’&zg_person_id=41809824%40N00&zg_set_id=1641140&zg_context=in%2Fset-1641140%2F’;
document.write(’‘);
if (document.getElementById) document.write(’
¿que é isto?’);
}
zg_toggleWhat = function() {
document.getElementById(’zg_whatdiv’).style.display = (document.getElementById(’zg_whatdiv’).style.display != ‘none’) ? ‘none’ : ‘block’;
document.getElementById(’zg_whatlink’).style.display = (document.getElementById(’zg_whatdiv’).style.display != ‘none’) […]
Nacho Libre
6 Decembro 2005Para aclarar posibeis malentendidos, o titular non se refire a un de Ferrol que saíu da cadea, ainda que a imaxe poda dar esa impresión.
Nacho Libre é unha hilarante comedia protagonizada por Jack Black.
A historia non ten desperdicio. Ignacio, un sacerdote mexicano convértese, como segundo emprego, nun loitador de loita libre mexicana chamado Lucha Libre […]
Premios Británicos de Cinema Independiente
6 Decembro 2005Mellor director: Neil Marshall (por The Descent)
Mellor realización técnica: Jon Harrys (por The Descent)
Mellor película extranxeira: O Afundimento
Premio Raindance (para películas realizadas en contra das probabilidades): Evil Aliens
Mellor curta británica: Six Shooter
O resto dos premios en Cinema Blend.