Posted on 2005 under Xeral |
25
dec

Dende a redacción de CINEMA FRIKI querémosvos desexar que pasedes un Bo Nadal, cheo de bos momentos e moito cine dese que tanto nos gusta, porque para iso son as vacacións e as festas.
Seguiremos informando ca nosa característica e particular periodicidade. Esperamos que sigades disfrutando das nosas críticas, novas e rumores e que así no-lo fagades saber en comentarios, correos-e, regalos, etc.
Posted on 2005 under Xeral |
23
dec
.zg_div {margin:0px 5px 5px 0px; width:117px;}
.zg_div_inner {border: solid 1px #FFFFFF; background-color:#ffffff; color:#666666; text-align:center; font-family:arial, helvetica; font-size:11px;}
.zg_div a, .zg_div a:hover, .zg_div a:visited {color:#990000; background:inherit !important; text-decoration:none !important;}
zg_insert_badge = function() {
var zg_bg_color = ‘ffffff’;
var zgi_url = ‘http://www.flickr.com/apps/badge/badge_iframe.gne?zg_bg_color=’+zg_bg_color+’&zg_person_id=41809824%40N00&zg_set_id=1641140&zg_context=in%2Fset-1641140%2F’;
document.write(’‘);
if (document.getElementById) document.write(’
Posted on 2005 under Xeral |
6
dec

Para aclarar posibeis malentendidos, o titular non se refire a un de Ferrol que saíu da cadea, ainda que a imaxe poda dar esa impresión.
Nacho Libre é unha hilarante comedia protagonizada por Jack Black.
A historia non ten desperdicio. Ignacio, un sacerdote mexicano convértese, como segundo emprego, nun loitador de loita libre mexicana chamado Lucha Libre para conseguir diñeiro para o seu orfanato.
O director será Jared Hess, director tamén dunha das comedias do ano, Napoleon Dynamite, e o guionista Mike White, guionista doutra das comedias gamberras dos últimos anos, Escola de rock (na que tamén participa Jack Black).
Bizarrismo americano ó estilo Ben Stiller (que sae con Jack Black en Envidia).
Vía Cinema Blend
Posted on 2005 under Xeral |
6
dec
Mellor director: Neil Marshall (por The Descent)
Mellor realización técnica: Jon Harrys (por The Descent)
Mellor película extranxeira: O Afundimento
Premio Raindance (para películas realizadas en contra das probabilidades): Evil Aliens
Mellor curta británica: Six Shooter
O resto dos premios en Cinema Blend.
Posted on 2005 under Xeral |
6
dec

Os coreanos irmáns Pang, Danny and Oxide, dirixirán a adaptación cinematográfica do cómic da editorial Top Cow The Darkness.
O cómic cóntanos como o tirador da mafia Jack Estacado descubre que é o herdeiro dunha formidábel forza mística chamada the Darkness e é o único que pode deter un poder sobrenatural empeñado en escravizar á humanidade.
O cómic ofrece o que todos os da factoría Top Cow/Image: mulleres neumáticas, homes hipermusculados, splash pages a tutiplén… En definitiva, querer facer algo distinto a Marvel e a DC para acabar facendo o mesmo.
Inda andan buscando a un que lles escriba o guión así que de datas de estrea nin falamos.
Vía Superhero Hype!
Posted on 2005 under Xeral |
30
nov

O que primeiro mande un correo-e á nosa dirección (cinema_friki (arroba) yahoo.es) antes das 13:00h terá a posibilidade de ir con Ifrit ó maratón de feche de Cineuropa.
20:15
Touro Salvaxe (Martin Scorsese)
Crash, estranos praceres (David Cronenberg)
Abre as orellas (Stephen Frears)
O neno de Mâcon (Peter Greenaway)
Barton Fink (Joel Coen)
O xantar nu (David Cronenberg)
Pat Garret e Billy O neno (Sam Peckinpah)
¡Dádevos prisa!
Posted on 2005 under Xeral |
24
nov

DOA. Dead or alive a película. Esta si que é unha boa nova. No seu momento Dead or Alive foi toda unha revolución, xa que ademáis de ser un xogo de loita 3D moi completo as súas xogadoras femininas tiñan unha característica que as facía especiais e distintas ás dos demáis xogos: tiñan deseños de movemento individual para cada unha das súas glándulas mamarias.
Esto fixo que as súas loitadoras pasaran a ser as máis famosas no mundo do pixel e protagonizaran os seus propios xogos en solitario, coma Dead or Alive Extreme Beach Volley.

Xa vedes por onde vai a cousa.
Pois agora ven a peli. Estará rodada en China po-lo director Corey Yuen e contará no reparto con Devon Aoki, Sarah Carter, Matthew Marsden, Jaime Pressly, Eric Roberts e a cantante australiana Holly Valance.
A estrea está prevista para finais do 2006.
Se non perdemos no seu momento Street Fighter abofé que non imos perder esta.
Vía KillerMovies.com
[editado]
Aquí está o trailer. Unha imaxe vale máis que mil palabras miñas.
Vía Cinema Blend
Posted on 2005 under Xeral |
18
nov

Despois de dirixir Os irmáns Grimm Terry Gilliam ataca co seu persoal e delirante conto de fadas, Tideland. Delirante xa dende a propia páxina web. Se alguén consegue chegar ata o trailer que avise.
Disque desta volta nin os máis fans dos Monty Python poderán defendelo.
Vía Cinema Blend
Le a crítica que Martin Pawley (de Días Estranhos) fixo para Vieiros no Festival de Cine de San Sebastian.
Posted on 2005 under Xeral |
16
nov


E aquí temos dúas mostras dos cartaces de King Kong na súa versión para Rusia.
Vía Cinema Blend
Trailer de King Kong
James Newton Howard en King Kong
¿Póster de King Kong?
Posted on 2005 under Xeral |
16
nov

Este é o primeiro dos catro novos pósters que ó longo do día irán aparecendo da película V for Vendetta.
Como se pode observar o “and remember, remember… 25th of November” cambiose agora po-lo 17 de marzo do 2006.
Vía Superhero Hype! e Ain’t It Cool News
[editado]



Deliciosamente retro.
Vía MTV, IGN e UGO.
V for Vendetta, O novo peiteado de Natalie Portman, Rodaxe de V de Vendetta, Novo póster de V for Vendetta, Primeiro trailer de V for Vendetta.
Posted on 2005 under Xeral |
6
nov

Dende que a icona do boneco con lentes chegou a esta bitácora certo aire gafapasta cubreu a redacción de CINEMA FRIKI. Esperemos que esto non dure moito, pero de momento é o que hai.
Dende o 2 ata o 30 de novembro podemos disfrutar en Compostela de Cineuropa, un festival que non está adicado nin a dar premios nin ás alfombras vermellas. Cineuropa é tan só cinema e público, cara a cara.
Como noutras edicións Cineuropa ven cargado de títulos que teñen poucas posibilidades de ser vistos nos circuitos comerciais, algúns cargados de premios e boas críticas e outros no máis absoluto anonimato. Ademáis este ano co trinomio transgresión, memoria histórica e fantasía como puntos comúns entre os títulos do programa.
Os ciclos programados son para tódo-los gustos: a Sección Oficial, Panorama Internacional, Oriente Express, Cine e Historia, Transgresións, Retrospectiva Michael Haneke, Fantastic Compostela, Cinefílias, Fermosos e Malditos e o adicado ó premio deste ano, Luís Tosar.
Os precios populares, os lugares de proxección recollidos, cantidade de títulos para elexir… Cineuropa é unha oportunidade que debemos apreciar e non deixar pasar. Dende aquí felicitar ó director do festival, José Luís Losa e ó Concelleiro de Cultura, Néstor Rego.
E por suposto CINEMA FRIKI non podía deixar de estar presente nun dos acontecementos cinematográficos máis importantes do ano, así que Ifrit tirou un bono de dez películas e fará a crítica do festival. Tede coidado pode estar na butaca do lado.
Posted on 2005 under Xeral |
31
out

O británico Matthew Vaughn dirixirá e producirá para a Paramount Pictures unha adaptación dunha das obras máis aclamadas de Neil Gaiman, Stardust.
Como xa sabedes todos Stardust é un conto de fadas pouco convencional. A historia, situada nunha singular vila inglesa, cóntanos como un mozo lle promete á súa namorada recuperar unha estrela caida, para o que terá que enfrontarse con bruxas, trasnos, gnomos, animais que falan e malvadas árbores.
O proxecto a penas está en cueiros e podemos agardar de todo, pero está ben que os superheroes non sexan os únicos que sexan adaptados á pantalla grande.
Vía KillerMovies.com
Posted on 2005 under Xeral |
4
xull
Uwe Boll pon os pelos de punta a calquera sempre que se fala dunha adaptación dun videoxogo ou similar. Agora tócall o turno á espada e á bruxería de Dungeon Siege.
Jason Statham será Farmer (o heroe), Leelee Sobieski será Muriela (filla do feiticeiro da corte, Merrick interpretado por John Rhys Davies), Ron Perlman será Norick (amigo de Farmer), Matthew Lillard será o Duque Fallow, Burt Reynolds o Rei Konreid e Kristanna Loken será Elora (unha criatura encantada que semella unha árbore e axudará a Farmer a supera-las probas máis difíciles)
Rodarase nos arredores de Vancouver a partir de setembro.
Posted on 2005 under Xeral |
29
xun
Brian De Palma dirixirá esta precuela de Os Intocabeis de Eliot Ness. Traballando no guión están David Levien e Brian Koppelman e a historia contaranos como Capone chega a Boston e a súa andaina ata converterse no rei do hampa e o primeiros encontronazos co policia Johnny Malone (interpretado por Sean Connery na primeira)
Posted on 2005 under Xeral |
28
xun

O pobo non debería ter medo dos seus gobernantes.
Os gobernantes deberían ter medo do seu pobo.
Novo poster de V for Vendetta e nova imaxe para a súa páxina web.
Rodaxe de V de Vendetta
O novo peiteado de Natalie Portman
V for Vendetta