"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Super (2010, James Gunn) púidose ver en Sitges e tivo moi boa acollida. No filme, o protagonista decide combatir o crime pola súa conta e risco despois de que a súa muller o abandone para irse cun mafioso.

Escrito polo propio Gunn, Super é unha volta de porca máis á idea de Kick-Ass (2010, Matthew Vaughn): un individuo patético e sen habilidades que se disfraza para loitar contra os criminais. Pero disque Super e inda máis grosa e chocante.

O elenco non pode ser máis prometedor: Kevin Bacon, Liv Tyler, Ellen Page e Rainn Wilson. A estrea nos EUA está anunciada para o 1 de abril de 2011, o día que os burros van a onde non deben ir. De momento desfrutade do tráiler.

1 comentario

  1. by Novo póster de Super, agora con Ellen Page | CINEMA FRIKI, on Marzo 15 2011 @ 1:44 p.m.

     

    […] Novas relacionadas: Tráiler de Super, un superheroe que dá risa. […]

Comment RSS

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.