"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

The Master de Jet Li


Unha peli mala que é boa por ese exacto e concreto motivo. Ou sexa, unha de chineses. É unha pequena marabilla, un entretenemento tranquilo e gracioso dunha tarde ou noite entre xente amiga. Quédaseche o corpo a gusto. E ademais lémbraste dun actor de artes marciais nos seus comezos. Mola.

Porque a peli, aínda que non a coñecíamos, é vella, pero vella, vella. En termos de actualidade me refiro, que non aparece Brus Li nin nada diso.

Os móbiles eran armas de defensa persoal. Deseños contundentes para persoas poderosas. Ou con móbil da empresa. Xa veredes, porque tendes que velo.

E qué dicir do malo maloso. Master Johnny. Aí queda iso. Con dúas…. palabras.

E os momentos de loita. Ruidiños de sopapos en tódolos altofalantes. E cachondeo fino cando toca. E ostias coma pans cando procede. E sen follóns demasiado liosos. Non, aquí estase ó que se está, e coma o dos cartos son eu, Tsui Hark, ímolo facer de consumo sinxelo con boa producción. E faise. Barateiro pero faise.

Por outra parte, cómo non falar da mentalidade chinesa e das mulleres. A corrección ou algo semellante está a anos-luz aínda. E tamén no tocante ás minorías, etc., etc.

Porque eran outros tempos, máis felices se cadra, onde a ilusión máxima era chegar un pouquiño máis preto de Gholivud, e esixíase descaro para lograr esa meta.

Pero non son o único que a viu. Que outros completen o que falta, para iso están os comentarios.

Don Vitto


The Master é unha película arquetípica de kung-fu, un deleite para os fans das películas de artes marciais. Non esperedes a beleza de Tigre e Dragón ou a espectacularidade de Hero. The Master é unha película de chineses das de toda a vida.

O filme segue con fidelidade as guías maestras dunha historia repetida ata a saciedade neste tipo de cinema, coa única orixinalidade de actulizala no tempo e no espazo.
Un vello mestre ten unha tenda de mediciña tradicional chinesa en California, o típico malo malla nel e destrózalle a tenda. O seu discípulo ven de Hong Kong sen saber nada de todo isto e nada máis chegar tres pandilleiros, impresionados po-lo seu dominio do combate, o collen coma mestre. Son os típico alumnos estúpidos que fan de secundarios cómicos. O alumno intenta recupera-la honra do mestre, pero este non se deixa axudar e inda por riba xa non o recoñece coma discípulo. Agora ten baixo a súa tutela a unha discípula, a unha ximnasta.

Falsos mestres, estilos de combate enfrontados, pelexas espectaculares, aforro de especialistas e dobles de esceas perigosas (Non hai dor!) é o que nos ofrece este filme da época na que Jet Li era simpático, non tiña a cara picada e non coñecera a ningún rapeiro.

Do director, Tsui Hark, só diremos o mesmo que dicimos de tódo-los directores chineses deste estilo: A fame aguza o enxeño e a fartura embota os sentidos. Se queres unha boa peli ponllo difícil e non lles deas diñeiro.

Ifrit

Críticos: Don Vitto, Ifrit, Pol e Yann Breoc
Ingredientes: Unha bolsa de pipocas e dúas bolsas de Chaskis

Crítica de The Master Long xing tian xia

3 Comments

  1. by Pol, on Decembro 26 2005 @ 3:11 p.m.

     

    Master Johnny es Dios, y su mullet su profeta.

  2. by ifrit, on Decembro 26 2005 @ 3:43 p.m.

     

    Jerry Trimble, in your mullet we trust

  3. by Pedro Jos, on Marzo 5 2006 @ 1:47 p.m.

     

    Qu

Comment RSS

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.