"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)


Antes de nada un aviso para navegantes, dirixido a quen todavía non víu a película: é unha obra inequívocamente Disney, non choredes se logo non soportades ós nenos protagonistas, se sufrides un novo trauma similar ó da nai de Bambi ou ó de Chanquete, ou se vos parece extraño que se poidan reunir dous exércitos de anémicos, por non comentar nada dos animais que falan, ou que visten armadura.
Por outro lado, preparádevos a disfrutar de dúas horas e pico de historia de fantasía con arquetípicos heroes, malos que se arrepinten e viláns malísimos (a mellor personaxe, magistralmente interpretada por unha actriz xenialmente seleccionada, Tilda Swinton, que realmente arrepía) tendo a total tranquilidade de que ningún deles vai empezar a cantar no momento máis inadecuado, costume que esperamos que Disney olvide dunha vez para sempre.

Detalle a destacar, por suposto, o altísimo nivel de calidade do vestuario, atrezzo, deseño das criaturas, monstros e toda clase de bechos proporcionados por Richard Taylor e o equipo de Weta Workshop (envidio a estes tipos, unha lexión de friáis adicados a construir cousas friáis cun montón de medios, presuposto e, dende logo, talento).

En fin, unha obra que merece a pena ver, excepto, claro está, que sexas un incondicional tertuliano de Garci, a súa lexión de cinéfilos superespacializados, incapaz de disfrutar de ningunha película posterior ós cincuenta, e por suposto, alérxico ós efectos por ordenador.

Godzilla-sama

Crónicas de Narnia para rato

As Crónicas de Narnia. O León, a Bruxa e o Armario é unha historia de nenos e para nenos, o que non impide que os maiores a disfruten, inda que non ao nivel de filmes coma Shrek.

As Crónicas de Narnia preséntanos unha mistura de mitoloxías e historias cunha posta en escea espectacular, da man dos nosos reverenciados Weta Workshop. Os efectos especiais e o traballo artesanal deste filme rebosan por todos lados ofrecendo un producto final impecábel, relucente e dunha beleza perfecta.

A historia é a de sempre, pero contada doutra maneira, o que non impedirá que esta película sexa referencia para unha xeración futura de amantes do fantástico, como na nosa foron Willow, A princesa prometida, A historia interminábel e tantas outras.

O éxito en todo o mundo (en España case millón e medio de persoas na estrea e dos libro xa se levan vendidos máis de 600.000 exemplares e con reedicións á vista) e a resposta do público fai agardar que teñamos Crónicas de Narnia para rato.

Ifrit

Por fin chegou

Despois de tanto tempo agardando por ela, o fin a película chegou ás nosas pantallas de cine. Como todo o mundo sabe esta película esta baseada na serie de novelas que levan o mesmo nome, e tendo en conta que ditas novelas foron escritas para un publico infantil, o que se víu no cine foi unha película moi, pero que moi decente.
Teño que decir que non lin ningun dos libros e polo tanto a min a peli pareceu digna de ver, digna de que todo o mundo que se chama friki a vexa polo menos unha vez.
A historia esta ven levada, a forma de chegar o mundo de Narnia dos catro irmans, a forma de escapar da bruxa, así como o momento en que coñecen a Aslan. O tempo de duración da película é o idóneo para desenrola-la historia, e todo hai que dicilo, a batalla faise de rogar un pouquiño.

A aposta de Disney de poñerse en mans do mesmo equipo que creou a Terra Media do Señor dos Aneis para todo relacionado coas razas, armamento, etc… e os efectos dixitais, como non, de ILM, sailles ben.
Todo ven levado exceptuando un par de cousas:

    Os ananos. Tendo contratados ó equipo que realizou o Señor dos Aneis…, por favor…, o de coller a uns meniños e porlles barba para facelos pasar por ananos… (polo menos fixeime en dous) E outra cousa dos ananos, ¿dende cando os ananos, coma raza, utilizan arcos? Polo amor dos deuses, os ananos sempre utilizaron ballesta (ou balista).
  1. Unha imaxen impactante. Un castor, con cota de malla e arco. O que me faltaba por ver…

En resumo, tanto a historia, como as distintas razas creadas para o mundo de Narnia, así coma os efectos dixitais estan moi ben feitos, notándose a forte aposta de Disney por unha historia que a catapulte e a saque da miseria na que esta sumida.

Todo aquel que se faga chamar friki debe ir vela peli, e senon o fai, non sei que carallo fai lendo este blog de CINEMA FRIKI.

Por ultimo, alguns rumores que me chegaron sobre as Crónicas de Narnia. En principio están pensado facer outras dúas películas seguindo os libros, pero todo depende da resposta do publico a este filme. Non sei se isto sera certo. O unico fixo é que queren facer máis pelis de Narnia, pero como se soe dicir, la pela es la pela.

Inversorr

Crítica de As Crónicas de Narnia. O León, a Bruxa e o Armario. Las Crónicas de Narnia. El León, la Bruja y el Armario. The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe

5 Comments

  1. by Don Vitto, on Decembro 23 2005 @ 4:05 p.m.

     

    Se escoitásedes algo máis certo programa de cine, mellor dito, se algunha vez tivésedes escoitado un certo programa de cine, teríades descuberto que a Garci tamén lle van as pelis “modelnas”, polo menos algunhas. Por suposto, nin el nin outra persoa calquera pode telo peito de dicir que moitas das pelis que aparecen por aquí son para imitar e sacar ideas delas.
    Que Garci fale do que fala non é como para darlle tanta brasa. Ten os seus gustos, coma todo o mundo. E recoñezámolo, nos cincuenta e nos sesenta facíanse unhas pedazo películas que pra que.
    Gladiator, Titanic, Black Hawk Down, LA Confidential; películas desas son as que teñen boa acollida entre todos e cada un dos que lle dan a lingua no programa de Herrero, Garci entre eles. ¿Por qué? Resposta sinxela: porque son unha marabilla comparable para eles a Foise co Vento, Ben-Hur, O Falcón Maltés, etc.
    Para nos, pois qué nos van contar, molan infinitamente máis as primeiras. Pero claro, a eles esas pelis colléronos cando non había tele, e se pasaba o No-Do antes da sesión, etc.

    Demasiado gratuita esa navallada, sobre todo tendo en conta que mesmo eses tertulianos loubaron a boa factura do filme e o clasicismo inevitable dos roles de cada personaxe. Están os bos e os malos, os nenos e os maiores, quen abomina da nenez e quen desexaría voltar a ela; bruxas e reis, ananos e faunos, minotauros e grifos, etc.
    Eu, humildemente, pasoo moi ben dentro dunha grande variedade de filmes. Creo que coma o resto da xente.

  2. by ifrit, on Decembro 23 2005 @ 4:58 p.m.

     

    Os cr

  3. by Pol, on Decembro 23 2005 @ 11:06 p.m.

     

    En l

  4. by Gran Dios del Bien y del Mal, on Decembro 24 2005 @ 4:01 a.m.

     

    O mellor da pelicula foi a mi

  5. by ifrit, on Decembro 24 2005 @ 4:42 a.m.

     

    Se s

Comment RSS

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.