"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Vencelho
s. m.

(1) Atilho feito com palha, junco, vime, etc., para atar a messe e outras cousas.

“Deus os cría e internet os xunta”, dixo alguén nalgures desta rede infinita. Gando con gando, usando unha expresión de noso. Iso é o Vencello, a unión de varios blogues especializados en temas como a tecnoloxía, os móbiles, os videoxogos, a construcción, as telecomunicacións ou o cinema para crear unha rede de contidos en galego ampla e atractiva. Mais o Vencello non é algo fechado senon que inda collen máis blogues no feixe, así que se tes unha idea sobre un blogue temático, xa tes un ou gustaríache participar con máis xente nalgo novo non deixes de pasar pola nosa Incubadora.

Isto só é o comezo. Detrás disto hai un bo feixe de xente con moitas ideas, ilusións e ganas de traballar. Esperemos que a idea vos guste, vos ilusione e queirades acompañarnos nesta andaina.

De momento forman o Vencello:

Para máis información visitade a páxina principal do Vencello, que irá medrando con máis información. Déixovos aquí o texto de presentación da rede:

Nestes tempos nos que a rede xa tomou o relevo do papel e doutros medios como formato preferente escollido polos cidadáns para informarse, o galego vai traballando pouco a pouco para adaptarse á linguaxe de Internet e do mundo tecnolóxico. Mais, ao mesmo tempo que a nosa lingua avanza e se adapta á rede a nível de usuarios e de software libre, cada vez son menos os medios de comunicación que o utilizan e menos o apoio que reciben os que así o fan.

Nun entorno como o actual, dominado polas redes sociais, os blogues son un refuxio de tranquilidade onde a información detallada, as opinións e os argumentos teñen o seu espazo. Coa posibilidade de chegar a calquera sitio e a todo tipo de público queremos apostar pola información especializada nos máis diversos temas, aportando así o noso humilde gran de area para o fortalecemento do galego na rede.

Vencello xorde neste contexto como a resposta a estas necesidades e co compromiso preciso para afrontala con seriedade e decisión; nace como a primeira rede temática de blogues en galego, disposta a ser un punto de referencia na rede e poñendo os medios para seguir medrando coas aportacións de todos e cada un dos seus lectores.

Vencello non é pechado. Vencello é unha porta aberta a todos e todas, á comunicación e ao diálogo, co galego e con todo o mundo. Por iso agardamos vervos a cotío por aquí:

Benvidos a Vencello.

Longa vida ao Vencello!

Comments are closed

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.