"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Warner Bros finalmente amosa o primeiro trailer do thriller de ciencia-ficción Contagion.

Se o argumento do que se supón un dos últimos proxectos de Steven Soderberg (antes do período sabático que supostamente ten pensando coller en canto remate os presentes compromisos) era ata hai ben pouco unha incógnita máís aló do que o título suxería, agora con este trailer queda case clarificado. Nestes pouco máis de dous minutos revélase moito. O que nos fai pensar, tendo en conta as estratexias de marketing dos americanos, que aínda haberá milleiros de xiros e sorpresas agochadas no producto final.


O argumento (tentando evitar spoilers) é o seguinte: Cando unha muller de negocios volve de traballar en Hong Kong, descobre que o que parecían ser efectos do jet lag, toman un xiro virulento. Soderberg contará como isto afecta á xente que o sofre, ós científicos que loitan por vencelo, e á xente que esixe a verdade ó goberno, dende diversos puntos de vista como xa fixera en Traffic (ídem, 2000).

Este drama, que fará as delicias dos amantes das tramas post-apocalípticas conta cun elenco de luxo cheo de nominados e gañadores de Oscar, que encabezan Marion Cotillard (Inception), Matt Damon, Kate Winslet, Gwyneth Paltrow, Bryan Cranston (o protagonista da serie Breaking Bad), Jude Law e Lawrence Fishburne. Está baseado no guión de Scott Z. Burns e a data de estrea é este 14 de setembro (aquí o 29 de novembro).

Vía: Screenrant.com

3 Comments

  1. by Fenicia, on Agosto 31 2011 @ 1:47 p.m.

     

    Ten boa pinta. A ver se anima un pouco a carteleira e acaba cos pitufos makineros VS. pingüinos.

  2. by urizen, on Agosto 31 2011 @ 4:02 p.m.

     

    Cousas interesantes están por chegar, a verdade é que tanto o verán coma o nadal son datas para os cativos máis que para os adultos.

  3. by ifrit, on Setembro 1 2011 @ 12:54 p.m.

     

    Home, eu deste verán non me queixo. Tivemos outros moito peores 😉 Super 8, Conan, Capitán América, Green Lantern, os monos, Cowboy vs. Aliens…

Comment RSS

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.