"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Estrea de Risico

Vai tomando forma. O 7 de novembro do 2008 estrearase nos cines Risico (título non oficial todavía, pero segundo diversas fontes moi probábel). Repiten Daniel Craig como James Bond, Judi Dench coma M e Giancarlo Giannini coma Mathis. A trama do film continuará onde quedou Casino Royale: 007, marcado para sempre pola súa relación con Vesper, seguirá á organización que intentou asesinalo en Montenegro.

Rumores fresquiños: a derradeira chica-Paul Verhoeven (O libro negro) Carice Van Houten podería pasar a sela derradeira chica-Bond. A actriz australiana Abbie Cornish, que xa soara como actriz principal, pasaría a ter un papel secundario e o vilán sería Goran Visnjic, coñecido por todos como o doutor guaperas substituto de Clooney na serie de TV Urxencias e que xa soara tamén como posíbel James Bond.

Comments are closed

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.