"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

O On & Off de Ribadeo acollerá a rodaxe da curta máis rápida do audiovisual galego.

O venres 3 de agosto comezará en Ribadeo a rodaxe de “Límite 12h.” unha curtametraxe que supera tódolos límites de velocidade, xa que está concebida para ser escrita, preproducida, rodada, montada, publicitada, exhibida e presentada a un festival de curtas nun tempo de 12 horas.

O proxecto que se desenvolverá integramente dentro do marco do Festival On & Off de Ribadeo estará escrito e dirixido por Marcos Nine e contará coa participación de Quique Batet na producción, Ximena Losada como encargada da difusión, Martín Vázquez no son e Fran X. Rodríguez na montaxe e a postproducción.

O argumento de “Límite 12h”. está a medio camiño entre o ducumental e a performance, xa que a curta contará xustamente como produce unha curtametraxe contrareloxo. Así cada unha das secuencias do filme estarán marcadas polas incidencias reais que tiveron os seus protagonistas para poder ilustralas nesta curta.

O inicio da producción está previsto para as 19.00h. do venres día 3 de agosto e terá que estar entregada á organización do festival antes das 12.00h. do sábado día 4 para poder entrar a concurso.

Que o futuro do cinema pasa po-la curtametraxe é algo que hoxe en día xa ninguén discute. A tódo-los niveis (experimetal, argumental, calidade, etc.) é no eido das curtametraxes onde o cinema segue a bulir como unha fábrica de soños e non como unha fábrica de cartos, remakes, refritidos, onanismo e outras historias que trufan a escena actual do cinema (non só comercial). Mentras “a industria” loita contra internet, as curtas fan desta o seu medio natural de nacemento, vida e reprodución. Sen dúbida dúas formas moi distintas de entender isto do cinema.

É neste panorama no que en Galicia agroman iniciativas relacionadas cas curtas case en tóda-los recunchos: Curtocircuito (Santiago), Curtas na Rede (internet), CurtasGZ (Pontevedra), Festival de Cans (Porriño), Certame Audiovisual de Vilagarcía (Vilagarcía de Arousa), Nada sobre nós sen nós (Boiro) e o que se está a celebrar agora mesmo, o On & Off de Ribadeo.

E é nesta última cita na que un dos colaboradores de CINEMA FRIKI vai levar a cabo esa idea tola que tedes relatada máis arriba (por algún sitio xa falan de facer unha rodaxe paralela dunha de zombis)

Dende aquí queremos darlle-lo noso apoio a todos eles, tanto ó seu traballo anterior como a tóda-las súas novas iniciativas e propostas que renovan e enriquecen (isto parece un anuncio de pastillas de caldo) o panorama do audiovisual galego e fan un pouquiño máis grande esa tolemia de soñadores para soñadores que é o cinema (e máis se é amateur)

No bló do proxecto poderedes seguir hora a hora o desenvolvemento, fotos, anécdotas e pronto o produto final.

2 Comments

  1. by Marcos Nine, on Agosto 5 2007 @ 9:07 p.m.

     

    Moitisimas gracias. Nos pr

  2. by Marcos Nine, on Agosto 7 2007 @ 7:21 p.m.

     

    Xa a podedes ver todos.
    http://limite12h.blogspot.com/

    Un saudo.

Comment RSS

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.