"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Images are hot linked but I’m gonna change it soon. I’m sorry!
O artículo que reproducimos a continuación é un documento básico para calquera afeccionado ó cinema de kung-fu e é unha tradución revisada e ampliada de Weird Asian Martial Art Weapons (tirado de Weird Asian News)

Dende garras de ferro e cordas con bolas ata follas de corno de cervo e agullas emei, o muestrario de antigas armas de Artes Marciais é incríbel en forma e deseño, e todas teñen un só propósito: facer dano. Nas mans dun asasino cualificado incluso uns sinxelos palitos chineses poden converterse en salvaxes armas. Demostración!

Bestiais látegos con seccións metálicas, espadas en miniatura agochadas en pipas de fumar, abanos co gume afiado coma navallas e frechas envelenadas son todas mortais de necesidade mais nada comparadas cun arma mística de decapitación: o urumi.

1. Urumi

urumi.jpg

Tamén coñecido como chuttuval, que significa “espada enrolada”, este arma flexíbel úsase no Arte Marcial do sur da India coñecido como Kalaripayatt.A folla (ou varias follas, como o da imaxe) é flexíbel dabondo para podelo enrolar e así gardalo cando no se usa, ou incluso levalo en forma de cinto e sacalo cando sexa necesario.
A folla ou follas normalmente está moi afiadas e son malas novas para aqueles que sexan veciños de alguén que porte un urumi.

Demostración!

urmi-payattu.jpg

2. Tekko-kagi (”man garra”)

tekkokagi.jpg

Os ninjas poden usar o tekko-kagi para protexerse dun ataque de espada, podendo así golpear e ter a posibilidade de tirar a espada das mans do seu agresor.
Os ninjas tamén poden usalo ofensivamente contra os seus inimigos con resultaos devastadores.
Polo común están feitos de aluminio, aceiro, ferro ou madeira. Os historiadores de Artes Marciais cren que a orixe das armas tekko deuse cando os Bushi en Okinawa comezaron a utiliza-las ferraduras dos seus cabalos para defenderse dos atacantes.

tekkokagi02.jpg

3. Kusari-gama

kusarigama.jpg

A kusari-gama é un arma tradicional xaponesa que consiste nunha folla en forma de gadaña (kama) unido á unha cadea metálica cun peso de ferro ó final.

O arma ven do deseño da gadaña dos agricultores pero non era un arma que estes usaran.

O arte de manexa-la kusarigama chámase Kusarigamajutsu. Demostración!

4.Nunchaku

wood_nunchucks.jpg
Un nunchaku son dous paus de madeira (tamén de metal nos modernos) unidos por unha corda ou unha cadea. Os nunchakus chinseses soen ser redondeados mentres que os xaponeses son octogonais.
Tradicionalmente o nunchaku está feito cunha madeira forte e flexíbel, como carballo, nespereira xaponesa ou castanopsis cuspidata. Orixinariamente a madeira mergullábase en lama durante varios anos e a falta de osíxeno e unha acidez adecuada evitaban o apodrecemento.

O resultado final é unha madeira endurecida. A corda faise de crina de cabalo, e a tradición di que é capaz de parar unha espada. Para rematar, a madeira líxase e frégase cun aceite ou tintura para protexela.

nunchaku.jpg

Demostración!

5. Cordas con bolas e corda con dardos
meteor-hammers.jpg

Este arma componse dunha corda longa con dous pesos metálicos ou dardos en cada extremo. Cando se usa como arma un dos pesos ou dos dardos é para atacar e o outro para defender.

A corda ponse derredor do pescozo, das costas, do ombreiro, do cóbado, do pulso, da coxa, do pé ou da cintura. Cando se lanza o peso ou o dardo o golpe de ida é dunha rapidez contundente e sorprendente. É unha das Artes Marciais chinesas unicas é máis complicadas de dominar.

Demostración!

6. San-Jie-Gun (a vara de tres seccións)

3-section-staff.gif

A vara de tres seccións é un arma histórica que aparece descrita no libro chinés Sangokushi. A súa característica principal son tres paus iguais duns 3 centímetros de diámetro e 70 centímetros de largo (o tamaño dos brazos do loitador) unidos cunha cadea ou elo facéndoo máis longo que unha vara normal.

Pódese voltear, usar como unha vara (collendo só un extremo) ou para esquivar a un atacante (collendo os dous extremos).

Demostración!

7. Shurikens (Estrelas arroxadizas ou estrelas ninja)

throwingstar.jpg

É unha das armas máis populares dos ninja, inda que o shuriken usábase máis coma distracción que como arma. Tamén nun combate desigual entre un ninja e un samurai o primeiro deberá intentar acertarlle nas mans para que non poida pelexar. Inda que poden facer dano rara vez penetran dabondo como para matar (outra cousa é que ás veces os shurikens estiveran envelenados).
Os shurikens tradicionalmente teñen entre 4 e 12 puntas.

Demostración!

8. Tessen (Abano de ferro)

tessen3.jpg

Abanos pregábeis cos radios feitos de ferro deseñados para parecer normais, abanos pregábeis inofensivos ou solidos barras moldeadas para parecer un abano fechado.

Os samurais podían levalos a sitios onde as espadas e outras armas non estaban permitidas, e algunha escola de esgrima incluia entreno no uso do tessen coma un arma.

O tessen tamén se usaba para esquivar frechas e dardos, como arma arroxadiza e como axuda para nadar, como unha aleta.

tessen3-1sign.jpg

Aquí podedes ver un documental de National Geographic sobre as dez armas máis mortíferas do kung-fu.

Filmografía recomendada (só é orientativa): Legendary Weapons of China, Master Killer.

9 Comments

  1. by chuza.org, on Setembro 3 2007 @ 9:06 a.m.

     

    Armas das Artes Marciais (vol.1)…

    Cinema Friki achega-nos umha tradu

  2. by An, on Setembro 4 2007 @ 6:26 p.m.

     

    A man garra esa pinta ben…pero para conducir ten que ser un chisco incomoda 🙂 un saudo

  3. by ifrit, on Setembro 5 2007 @ 11:33 p.m.

     

    Si, An, creo que che quitan tres puntos 😀

  4. by Gran Dios del Bien y del Mal, on Setembro 6 2007 @ 3:48 p.m.

     

    Ummm, siiii, xa fac

  5. by Diefer K, on Setembro 7 2007 @ 11:36 p.m.

     

    Impezonante, chi se

  6. by Gelbros J3, on Setembro 11 2007 @ 6:14 p.m.

     

    Noraboa polo “bl

  7. by Antonio, on Setembro 12 2007 @ 11:26 a.m.

     

    Fun moi afeccionado a estas cousas cando era m

  8. by Fada Branca, on Setembro 16 2007 @ 2:22 p.m.

     

    Xa dicia eu que curioseando curioseando e con paciencia sempre se atopan cousas interesantes, noraboa digo eu tamen. E aqui ten bostede a mi

  9. by thanasopit, on Abril 28 2011 @ 3:02 a.m.

Comment RSS

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.