"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Coa estrea en 1987 de Pesadelo en Elm Street III: Os guerreiros dos soños a saga volvía á súa orixe. Os malos resultados da parte anterior obligaban a un cambio de mentalidade e Wes Craven volveu coller a tixola polo mango para facer desto un produto puramente industrial. Tiñan unha historia, tiñan unha personaxe con tirón entre o público e o que había que facer era explotar esa gran materia prima. Así foi que Wes Craven volveu ó guión e escribiu unha desas historias que se lle dan tan ben. Ó mesmo tempo, a tarefa de dirixir foi parar as mans de Chuck Russell, un director que se destaca en algo é precisamente en ser un productor experimentado. E é que no momento de poñerse a dirixir este filme, Russell xa levaba producidas 7 películas, todas elas de xénero, e non levaba dirixido ningunha. Esto fainos dubidar se o que pretendían en New Line era relanzar a saga ou simplemente sacar a última pasta posible a un produto mermado pola secuela anterior. O caso é que a terceira de Elm Street foi un éxito.

Heather Lagenkamp (Nancy) e John Saxon (seu pai, o tenente Donald Thompson) rexurdían da nada e volvían aparecer cando o público xa os daba por mortos. E neste caso ás vitimas son toda unha tropa de mociños que están nun psiquiátrico porque non se atreven a durmir. Só co planteamento de base, o filme xa tiña asegurado un bo feixe de mortos. É dicir, o que facía falta dado o éxito de Venres 13.

Vista con distancia, o filme resultaría inocente e rematadamente infantil para a actualidade. A terceira de Elm Street é unha sucesión de mortes de adolescentes marcada por unha estética recargadísima, moi dos oitenta, na que Craven se dedicou a mesturar con bastante bo resultado todo o imaxinario infantil da época, desde a maxia tipo Señor dos Aneis, a pandilleiros punkarras.

A peli é unha auténtica frikada pero a verdade é que resulta divertida. Nancy resulta ser agora toda unha especialista en terapia dos soños (non sei onde estudaría eso tendo en conta que na primeira parte estaba na metade do instituto e na terceira non pasaron máis de 6 anos daquela. Sería por CCC.) e quere que lle receiten ós crios unhas pastillas que os impida soñar (esto ten coña). O caso é que os rapaces que se mantiveron con vida ata a chegada de Nancy empezan a palmar un tras outro. Entre medias vemos que polo lugar en cuestión vai aparecendo unha monxiña que parece saber moito de Freddy e gracias a ela sabemos que o manicomio de marras onde están os chavales era unha prisión na que Freddy estivo recluído, resumindo: lugar maldito. Ata aquí podo ler e non vou desmembrar máis do argumento por se queda alguén na humanidade que non a vira.

Como apuntamento final dicir que nesta parte iniciase de forma máis clara unha das marcas estéticas made in Pesadelo en Elm Street, que é a inclusión máis ou menos habitual de efectos visuais en stop motion. No 87 aínda non chegáramos á era dixital así que os efectos especiais debían ser mecánicos. Nesta parte da saga temos un marabilloso exemplo cun “pequeno Fredy” de plastilina que da un paseiño polo manicomio.

Curiosidades moi moi frikis

  • Por se alguén non o sabe a prota deste filme non é outra que Patricia Arquette que fai o papel de Kristen. Fixo esto antes de convertirse nunha superstar de Hollywood e acabaría renegando do filme e non volvendo a pasar pola saga cando tivo a oportunidade. Moi mal Patri, que sería de ti se non tiveses feito esta peli.
  • Ademáis de Patri, tamén atopamos máis caras coñecidas. Pesadelo en Elm Street foi unha auténtica canteira de xente. Nesta parte atopamos facendo un papel ínfimo a Laurence Fishburne ,ou o que é o mesmo, o Morpheo de Matrix facendo de enfermeiro .
  • E máis curiosidades. A música desta parte fixoa un auténtico xenio: Angelo Badalamenti. Este home é algo así como o compositor fetiche de David Lynch e é o autor de músicas tan importantes como a de Twin Peaks ou Mulholland Drive. No ano 1987, Badalamenti tiña feito moi pouca música para cine pero acababa de dar un dos pasos que posiblemente marcaría o resto da súa carreira que foi facer a música para Blue Velvet.

Continuará…

Fagot

1 comentario

  1. by CINEMA FRIKI » Arquivos » Marat, on Maio 8 2008 @ 3:56 p.m.

     

    […] enorme

Comment RSS

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.