"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Porto. Día 5

Levo dous días de peregrinaxe polos principais centros de adoración consumista: Fnac, MediaMarket, Central de Cómics… e conseguín sair sen mercar nada (e andar moito). A comida deste día foi sinxela: salchichas frescas cubertas con queixo fundido e patacas fritidas nun local preto da Central de Cómics. E de cea unha hamburguesa non moi alá no bar da policía que patrulla a Praça da Liberdade e arredores.

The Ferryman. (ou Caronte does the Fiji Islands) O subtítulo é meu. Dúas parellas pasan as vacacións nun iate propiedade dunha parella local de viaxe a Fidxi. A pesar dalgúns pequenos roces entre eles todo parece perfecto ata que atopan un náufrago nun barco en medio dun neboeiro. E a partir de aí temos sangue, violencia e un argumento curioso que dá lugar a situacións impensabeis ó principio do filme. Estou entre darlle o suspenso ou o aprobado raspado.

The Record.  Un grupo de amigos vai de vacacións á montanha. Unha vez alí gástanlle unha broma pesada a un deles para gravar un video e “ser los putos amos de internet”, mais a cousa non sae ben e o mozo morre. Para non estragar as súas vidas e as súas posibilidades de entrar na universidade deciden facer un pacto de silencio e enterrar o corpo. Fan un buraco, botan o corpo, déixanlle a cinta no peto e préndenlle lume. Pero mira ti que o mozo non estaba morto, sae correndo e cae por un precipicio. Pero isto non era un filme de medo? Cando xa se esquezeran de todo un desconhecido empeza a ameazalos, perseguilos e matalos un a un. A vinganza está servida.

Cuns vimbios que xa deron bos resultados noutras ocasións podería ter sido moito mellor.

Ellos robaron la picha de Hitler. Humor descerebrado espanhol. Uns obreiros atopan o membro viril de Hitler e un dos maiores xenios científicos do III Reich, o doutor Weissman, fai que catro skinhead vai ata Berlín para roubala e así poder implantala nun ario vivo e traer de novo á vida ó Führer. A cousa non será sinxela pois intentarán facelos fracasar a Sociedade Secreta para a Destrucción do Macho, sociedade de féminas que colecciona os penes dos maiores persoeiros da historia, Ghandi, Kennedy, Alexandro Magno…

Dirixida por Peter Temboury ó filme non se lle pode pedir máis que boas risas e iso consígueo. E tetas, que para iso é un filme espanhol.

La habitación de Fermat. Todos sabemos de que vai o filme que xa foi estrenado en Galicia, mais coido que poucos a viron. Craso erro!! O filme está moi ben, mantendo a tensión e a intriga en todo momento. Moitos quererían facer unha ópera prima así.

E antes deste puidemos ver RedRojo, unha curta colombiana que é un xenial conto no que un neno tira dos fíos que atan a cidade e todas as cousas. Os curtametraxistas seguen a darnos esperanzas nisto do cinema e de vez en cando podemos ver unha luz ó final do túnel.

E non falo máis destes dous filmes porque hoxe espero poder falar cos seus autores. Entrevista en CINEMA FRIKI!

No deportivo máscase a traxedia. Levamos varios días con xente que só ten unha camisola a dar voltas pola cidade. Son os seguidores do Schalke 04 que esta noite xoga contra o FC Porto na Copa da UEFA. Na minha pensión hai uns cantos. Que non pase nada.

Comments are closed

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.