"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Porto. Día 6

Isto vai rematando, pero non deixamos de comer. A media manhá probei un dos centos de pasteis que se poden probar nos centos de pastalarías da cidade e estaba bo. E para comer de novo sopa de verduras e spaguettis con polo e chícharos (menudo invento da cocinheira. O polo estaba partido en anacos grandes). Eu quería probar uns rijões, mais non lles quedaban. Todo isto no Restaurante Central dos Clérigos.

Curtametraxes portuguesas de animación. Mostra dunha ducia de curtas da Casa da Animação. Algunha cousa curiosa e moito prescindíbel. Quedo con O Elefante, de Nuno Beato; unha curta de 38 segundos en plastilina, e Jantar em Lisboa, de André Carrilho, cunha animación atractiva e unha historia de amor con toques de ciencia ficción.

Visitor Q. Podería escribir moito sobre Takeshi Miike, case escribir un libro para describir a este director xaponés, mais vouno aforrar e direi que unha vez máis superoume. Direi que o filme é repugnante e aquí vos deixo unha lista do que podedes ver: incesto pai-filla (presumibelmente menor), violencia gratuita, maltrato á nai por parte do fillo, abusóns do instituto agreden ó fillo e intimidan á familia con fogos de artificio e petardos ata case queimar a casa, a nai é heroinómana, necrofilia, sexo con merda polo medio, o pai é vexado analmente no traballo, a nai é prostituta, violación pai-filla, xiringamento de calostro e rapaces asasinados brutalmente.

No comment.

Evil Aliens. Gore do de toda a vida. O equipo do programa de televisión Weird Worlde trasládase a unha illa do País de Gales para facer unha reconstrucción dunha granxeira embarazada por extraterrestres. Alí descubrirán que a historia é real e que os aliens non venhen en son de paz nin fan aquilo de “longa vida e prosperidade”. Así que podemos disfrutar dun menú completo de gore con todo tipo de cortes e mutilacións con todo tipo de material agrícola, sangue, berros, mulleres gostosas, sangue, mutilacións, sangue, sexo con extraterrestres… De todo, como en botica.

O filme amósanos como novidade o enfrontamento entre os malvados aliens e os garrulos granxeiros galeses que nin sequera falan inglés (de feito cuspen ó chan cando o escoitan nombrar)

Wolfhound. Non quero extenderme. Escribirei o que punha o programa: «Um grande guerreiro, Wolfhound, é o último homem da tribo dos Grey Dogs. Após ter escapado da morte certa, Wofhound tem un desejo só – vingança. Aceita servir de protector de Elen, a princesa de Galirad e numa viagem perigosa, cheia de mistérios. Na linha de “Lord of the Rings” com a habitual espectacularidade russa.» Eu máis ben diría “o filme dun ruso que viu O Senhor dos Aneis”… Mimadrinha! 136 minutos alí pegados aguantando un pastiche que polo menos serviu para botar unhas risas.

Antes puidemos ver un par de curtas: Shut-eye Hotel, de Bill Plympton, da que gustei, e Occupations, unha curta de Lars Von Trier feita por encargo e da que non contarei nada para que fiquedes tan sorprendidos coma min.

Notas:

Entrevistas realizadas con éxito en dúas sesións de 20 minutos que poderedes disfrutar en breve no primeiro falangullo de CINEMA FRIKI.

O Porto perdeu contra o Schalke 04 nos penaltis. Non se rexistraron incidentes graves mais os alemáns non me deixaron durmir, toda a noite de festa e acordaron pronto a falar nese idioma tan desagradábel e con esas voces estilo trompetas de Xericó.

5 Comments

  1. by desrealizate, on Marzo 7 2008 @ 6:38 p.m.

     

    http://desrealizate.blogspot.com/

    ajajja q decir como todos nuy bueno el blog, me pasare m

  2. by rafa, on Marzo 8 2008 @ 12:45 p.m.

     

    Sa

  3. by An, on Marzo 11 2008 @ 10:50 a.m.

     

    Non parades 🙂 Saudos

  4. by smile, on Marzo 14 2008 @ 9:03 a.m.

     

    Nice to meet you. It is smile.
    The blog of “Japan Animation mania” to introduce Anime of Japan was started.
    Please come to see at any time.
    And, please link to my site.
    It comes ..then…

  5. by onimac, on Abril 14 2008 @ 2:33 a.m.

     

    Grand

Comment RSS

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.