"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

O enorme éxito da terceira parte fixo que tan só un ano despois pudiésemos ver unha nova entrega e en agosto de 1988 estreábase comercialmente Pesadelo en Elm Street IV, que levaba o subtítulo de “Dream Master”. Este subtítulo foi traducido de múltiples formas por estes lares, comunmente como “Maestro de los sueños”, unha tradución moi pouco apropiada. Así que eu prefiro quedarme coa traducción que fixeron no mítico programa de Antena 3, Noche de Lobos, alá polo ano 90, na que falaban de “Amo dos soños”.

Pero vamos ó que vamos. Este Pesadelo 4 é probablemente, xunto coa primeira parte, o mellor e o máis importante de tódalas entregas da saga. Como xa é habitual en toda a saga, continúa o desfile de talentos polos filmes, e se a anterior era a peli de Patricia Arquette, ou a primeira a de Johnny Depp, esta vai ser sen dúbida a peli de Renny Harlin.

O director vikingo vaille dar auténtica personalidade a este filme e eso vaille servir de detonante para unha carreira exitosa aínda que en claro declive nos últimos anos. Harlin, que pouco despois deste filme dirixiría A Xungla de Cristal 2 e a mítica As aventuras de Ford Fairlane vai imprimirlle ó filme un ritmo frenético e un tono metalero co que anticipa, esteticamente, a chegada dos 90.

Despois da inocencia da que falábamos en partes anteriores, Harlin vai marcar un punto de inflexión na saga cun filme máis moderno e que soubo envellecer infinitamente mellor que o resto.

O argumento propón unha volta á orixe, condicionado polas distintas variables que se produciron na historia. Kristen (que agora xa non é Patricia Arquette senón Tuesday Knight), é a que sofre o inicio dos pesadelos, e é a única que pode proporcionarlle vítimas a Freddy (algo similar ó que acontecía na segunda parte). Sen embargo, a historia non tardará en querer desligarse do pasado e as personaxes herdadas da secuela anterior palman na primeira media hora para pasar o protagonismo a Alice Jonson (Lisa Wilcox) unha antiheroína que ten que pasar de ser a rapaza tímida da clase á todopoderosa que remate con Freddy.

A partires daquí, o filme vaise estruturar sobre dúas grandes tramas, a evolución de Alice como heroína e a sucesión de mortes que fan a Freddy máis poderoso pero que paradoxicamente tamén fan medrar o poder de Alice.

As voces máis críticas acusaron ó filme de non aportar nada novo e de ser predecible, mais creo que é dos máis redondos de toda a saga. É certo que desde o comezo podes deducir quen vai chegar ó final, sen embargo, a importante carga de humor, a linguaxe dos soños tinxida de certo surrealismo e o ritmo de rock and roll que cubre o filme, fai que sexa unha das entregas máis divertidas.

Ademáis hai unhas cantas secuencias antolóxicas. A resurrección de Freddy despois dunha ardente mexada do can de Kincaid é gloriosa. Por non falar dos momentos nunchacu ou a kafkiana metamorfose de Debbie (Brooke Theiss).

Despois deste filme todo o que vai vir é decadencia.

Curiosidades moi moi frikis

  • Hai varias curiosidades musicais. Pesadelo 4 é o filme no que a música ten un peso máis importante e na banda sonora podemos atopar desde composicións de rap ou rock a metal. Neste sentido, a primeira curiosidade que nos atopamos é nos títulos de crédito que comezan con unha nena pintando cun xiz. De fondo soa unha música que ten un inicio inquietante e unha guitarra potente, trátase do tema Running from this nightmare. Este tema non aparece na B.S.O. da peli e está interpretado por Tuesday Night que é a mesma que interpreta a Kristen no filme.
  • Lin por aí que Bruce Dickinson compuxo un dos grandes éxitos de Iron Maiden, Bring your daughter… to the slaughter para este filme. Sobre esto teño as miñas dúbidas. A canción non aparece no filme, sen embargo si que atopamos unha referencia ó mesmo nos créditos do Pesadelo 5 onde tampouco soa durante a peli. En todo caso, o tema editouse no disco No prayer for the dying e convertiuse nun dos grandes éxitos de Iron Maiden.
  • Outra banda mítica que sí que está neste filme é Blondie que aportou un tema tanto ó filme como á súa B.S.O. Trátase de Rip her to shreds que saía editado no disco de debut Blondie.
  • Rachel Talalay, auxiliar de producción da primeira parte, xa é unha dos produtores deste filme.
  • O guión é un dos puntos destacables deste filme e vemos que o firma un descoñecido William Kotzwinkle. Xunto a el, aparece como co-guionista un home que naquel entón tamén debía ser un descoñecido: Brian Helgelan. Cos anos Helgelan vai convertirse nun dos guionistas máis importantes de Hollywood e o responsable de títulos como L.A. Confidential ou Mystic River.

Continuará…

Fagot

1 comentario

  1. by CINEMA FRIKI » Arquivos » Marat, on Maio 8 2008 @ 4:10 p.m.

     

    […] Pesadelo en Elm Street IV. Amo dos so

Comment RSS

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.