"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

John Rambo Bovino

“Cona! Pero se está bovino!”- berrou asustada a Raiña dos Mortos ó aparecer na pantalla Sly Stallone encarnando por cuarta vez ó arquetipo definitivo do heroe de acción: John Rambo.

E era ben certo. A magna presenza física (a hormona GH fai marabillas) do actor de 62 (!) anos segue intimidando e admirando á vez. Rambo destila ameaza física en cada movemento, e neste derradeiro filme esta ameaza non se queda tan só niso, senon que se convirte nas máis violentas, realistas e ‘casqueriles’ secuencias bélicas vistas dende… Salvar ó soldado Ryan? Non, iso foi tan só un conto infantil en comparación.

A historia non é complexa, nin debería selo tendo unha lenda como Rambo de protagonista. O malpocado Rambo, aínda perdido na negación do seu propio ser, atópase na fronteira de Burma facendo chapuzas para os chinoides habitantes do lugar cando unha cuadrilla de benintencionados e profundamente estúpidos misioneiros brancos lle piden que os guíe cara o país en guerra. E entón ocorre o que sempre pasa cando se pretende facer algo tan só con ideais, e sen contar cunha compañía de infantería para darlles validez: que os pérfidos militares de Myanmar (fillos de puta en grado extremo) os apresan logo de pasar polo gume do machete a toda unha aldea.

O pastor da igrexa dos anteriores, entrando por fin en razón, decide enviar a un grupiño de mercenarios a sacalos dese inferno, e Rambo (muller loira de por medio) únese a eles.

Rambo 4 Deus da Guerra

Dende este momento o noso entrañable protagonista demostra e vai aceptando paulatinamente o que en realidade é: a encarnación na Terra dalgún terrible Deus da Guerra. A cantidade de tralla que reparte e o estilo furibundo con que o fai pagan a pena velos. E iso que só leva con él o seu tradicional arco composto e un ferro afiado! Pero ó longo da largometraxe consegue responder a algunha das dúbidas que sempre tiven, como: Que fai cun home o impacto dunha ametralladora do .50 a curto alcance? A resposta é: miudos (4).

Rambo 4 miudos

En fin só podo dicir como conclusión que, a pesares de ser un filme do que non agardaba nada, Rambo logrou satisfacer a miña innata sede de sangue por algún tempo ofrecendo algunhas das secuencias de acción máis traballadas e impresionantes que se viron en anos. Duras e arrepiantes si, pero claro, non poderiamos agardar que a nosa nova e sanguenta deidade guerreira se comportase de xeito máis suave, non?

Yann Breoc

2 Comments

  1. by Odemo, on Outubro 23 2008 @ 8:56 a.m.

     

    Nalgum sitio existe umha gr

  2. by ifrit, on Outubro 23 2008 @ 9:10 a.m.

     

    @odemo, digoche eu como

Comment RSS

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.