"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Rematan Curtocircuito e Amal e comeza Cineuropa

O outono é o tempo do cinema en Compostela. Curtocircuito, Amal e Cineuropa. Tres festivais que cos anos van gañando experiencia e calidade ofrecen ó público da cidade e arredores unha extensa oferta de cinema do máis variado.

curtocircuito 2008

Fai dúas semanas remataba o V Festival de Curtametraxes de Santiago de Compostela, Curtocircuito 2008 e estes foron os gañadores:

O festival segue medrando e este ano ofrecéronos máis filmes que nunca e varias actividades paralelas (un mercado audiovisual, cursiños, etc.) afianzándose inda máis como un referente no mundo das curtametraxes.

A gala de clausura e entrega de premios estivo ben. Como as boas curtametraxes tivo a duración xusta, unha boa banda sonora da man de coñecidos músicos da cidade (Quim Farinhas, etc.) e foi presentada/animada pola xente de Pistacatro. Ademáis puidemos ver a montaxe final do gañador do Premio Compostela Plató, A Princesa Alegría, un conto sobre a ledicia e a tristura, o mundo dos soños e as vidas perdidas, nunha combinación de imaxen real e animación ó máis puro estilo libro de contos infantil. Quizais demasiadas ideas en tan pouco tempo, haberá que ver máis cousas deste rapaz e a súa xente. E para rematar pinchos e música non Rúa Vella. Eu fun, comín rápido e correndo ó concerto de Nacho Vegas e Christina Rosenvinge na Sala Capitol. Todo moi rico.

Amal 2008

E sen tempo para coller folgos chegou o Euroarab Film Festival, Amal 2008 outro festival pequeno que segue medrando e sendo referencia no seu eido. Documentais, curtametraxes e filmes chegados dende todos os puntos do mundo árabe e as súas sucursais noutros paises que se complementan tamén con actividades paralelas coma cursos ou degustacións.
Aquí vos queda o palmarés:

  • Premio á mellor longametraxe: Waiting for Pasolini de Daoud Aoulad Syad
  • Premio ó mellor documental: A Jihad for Love de Parvez Sharma
  • Premio ó mellor director: Alain Gomis por Andalucía
  • Premio á mellor curtametraxe documental: Borderlands de Sawsan Darwaza
  • Premio á mellor actriz: Elvira de Armiñan por Bajo el mismo cielo
  • Premio ó mellor actor: Samir Guesmi por Andalucía
  • Premio TVG: La Maison Jaune de Amor Hakkar
  • Premio especial do público: La caravana del manuscrito Andalusí de Lidia Peralta García

Eu puiden ver tres filmes e comprobar a distinta forma que temos de ver o mundo nalgúns aspectos, inda que só sexa na velocidade do tempo. Vin Ahlaam de Mohamed Al-Daradji, unha crúa historia na que a vida de tres personaxes crúzanse dende a I Guerra do Golfo ata o comezo da II Guerra do Golfo nun psiquiátrico. Un drama sen miramentos que nos achega ó que foi algún día Iraq e nos deixa sen fala co sen sentido da guerra. Tamén vin a premiada por dúas veces Andalucía, que conta a historia de Yacine, un mozo francés de orixe magrebí que vai pola vida facendo as cousas á súa maneira e buscándose a si mesmo e ás súas raices. Un filme cheo de surrealismo e mistura de vitalismo e pesimismo cun ritmo peculiar. E para rematar vin a tamén premiada La Maison Jaune, un calmado relato de dor, amor, ilusión, esperanza, ledicia, familia e morte. Seguramente estea equivocado e inda que gustei dalgunhas cousas destes filmes sempre me queda a idea que nestes paises sempre se fai o mesmo tipo de cinema. Para cando en Amal unha como Hell’s Ground?

Cineuropa 2008

E mañá mesmo comeza a XXII edición de Cineuropa! Un mes enteiro vendo cinema! E perdoade que non vos conte máis pero xa sabedes que o programa sempre sae a última hora e inda o estou a ler. Pero podedes as miñas opinións nas colaboracións que irei escribindo durante o festival no xornal GZNación.

Vémonos nas salas!

* Búscanse colaboradores para O blog non-oficial de Cineuropa. Contactar polas canles de costume.

Comments are closed

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.