"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

CINEMA FRIKI cumpre 4 anos

Hoxe fai 4 anos que comezamos esta tolemia que é CINEMA FRIKI. O que comezou sendo un chiringuito de catro colegas segue sendo iso, non conseguimos (de momento) forrarnos.

Nestes 4 anos os que nos visitades ou estades suscritos ás nosas sementes disfrutáchedes da noso irregular ritmo de actualización (que durante meses chegou a ser inexistente) e das nosas opinións carentes de estilo (agás contadas excepcións) E inda así seguides visitándonos e algún ata comentando, vós saberedes porqué.

Aproveitando tan sinalada data imos facer repaso e gustaríamos que nos comentárades que é o que máis vos gusta ver cando visitades CINEMA FRIKI, o que menos, que cambiaríades, engadiríades, etc. Tamen gustaríamos que se hai algún artista entre os lectores que se animara a facer unha cabeceira para o bló, unha cousa sinxela, o que se vos ocorra (tamaño aproximado 200 x 1000)

Seguide atentos porque en breve comezarán os Premios CINEMA FRIKI 2008 (o ano pasado non se celebraron, mais tampouco a ninguén lle preocupou)

E nada máis. Gracias a toda a xente que estivo con nós e sobre todo a toda a xente que coñecimos en persoa e ós que nos quedan por coñecer. Porque CINEMA FRIKI é para comer panterasrosas, pizza e patacas fritidas e os blós para comer churrasco!

9 Comments

  1. by Marcus, on Febreiro 16 2009 @ 8:01 p.m.

     

    ¡Parabéns, Ifrit! A ver se aguantas moitos anos máis comentando as frikadas que chegan ás nosas pantallas.

  2. by A Ra, on Febreiro 17 2009 @ 4:43 p.m.

     

    Moitos parab

  3. by ifrit, on Febreiro 17 2009 @ 10:18 p.m.

     

    Marcus,
    gracias!! Inda te

  4. by oko, on Febreiro 18 2009 @ 7:02 p.m.

     

    parab

  5. by ifrit, on Febreiro 18 2009 @ 11:48 p.m.

     

    oko, gracias!

    o problema

  6. by moinante, on Febreiro 21 2009 @ 5:02 p.m.

     

    Parab

  7. by ifrit, on Febreiro 21 2009 @ 7:01 p.m.

     

    Gracias, moinante!

    Iso nunca morrer

  8. by Centro Cultural Caixanova, on Febreiro 27 2009 @ 11:07 a.m.

     

    Parabens cin

  9. by ifrit, on Febreiro 27 2009 @ 11:27 a.m.

     

    Gracias, Centro Cultural Caixanova! (curisoso alcume)

    E somos cin

Comment RSS

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.