"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Gran Clint

A estas alturas xa pouco máis se pode dicir de Clint Eastwood, como actor ou coma director, nin do seu último filme, Gran Torino, pero hai que falar.

Clint Eastwood volve ó tipo de personaxe que máis sona lle dera, o de Harry, o sucio. Desta volta é un ex-combatente da Guerra de Corea que ve como todo ó seu redor vai cambiando, inda que para el máis ben vaise derrumbando. Walt Kowalski (Clint Eastwood) é un estadounidense viuvo de orixe polaca cun pensamento racista e celoso do seu. O barrio no que sempre viviu está cheo de inmigrantes con comportamentos e costumes que nada gustan a Walt. El só quere beber a súa cervexa americana, mascar o seu tabaco americano, limpar o seu coche americano (un fermoso Ford Gran Torino), botar de menos á súa muller e recordar en soedade os horrores da guerra. Mais todo isto cambia cando axuda ó fillo dos seus veciños (unha familia de inmigrantes da etnia Hmong) que está sendo acosado por unha banda. Mais non pensedes que Mr. Kowalski cambia como noutros filmes, recordade que estamos falando de Clint Eastwood, un dos tipos máis duros do planeta.

Sen Clint Eastwood esta película sería unha quasi irrelevante melodrama ‘fascistoide’, mais a súa incríbel presencia e a súa visión como director convértena nunha xoia, nun clásico (no esquezades que practicamente todos os que escribimos neste bló poderíamos ver un filme no que só aparecera a cara de Clint Eastwood poñendo as súas cara de duro durante unha hora).

Ver este filme na versión dobrada ó castelán ten unha grande chata, a dobraxe dos pandilleiros, tanto dos Hmong coma dos hispanos ou dos negros. Especialmente os Hmong están dobrados por actores con acento poligonero madrileño, o que choca inda máis comparado co grande traballo que unha vez máis fai Constantino Romero dobrando a Clint Eastwood.

Gran Torino é unha película de Clint Eastwood sobre un tipo duro e fachendoso mais con corazón (á súa maneira) e que no final da súa vida apetécelle un carallo cambiar. Recomendábel para calquera.

ifrit

Nun parágrafo

Nun párrafo. Sublime. Clint Eastwood na sua gran despedida (espero que non o sexa), un home duro, Harry Callahan na súa xubilación. Todo o filme con frases que marcarán historia. Todas valen para poñer como dedicatorias en carpetas, “facebookes”, “tuentis” ou demáis. Hai que vela. Non se pode dicir máis.

Diefer K’san

1 comentario

  1. by serna, on Maio 11 2009 @ 11:45 p.m.

     

    Eu via no avi

Comment RSS

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.