"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

E hoxe é tan bo día como outro calquera para estrear a cabeceira que nos fixo ictioscopio.

Na imaxe pódese ver a un superheroe estilo Batman loitando contra un xigante home de area. Será unha metáfora?

Ictios é un ilustrador e deseñador ben inquedo e ademáis da súa páxina profesional podedes ver as súas ideas bulindo no seu blogue homedareia ou no seu Twitter @oictioscopio.

Ademáis da súa faceta como ilustrador ictios ten outra como explorador de músicas con licenza Creative Commons que podedes seguir no seu falangullo C’mmons Baby e na súa correspondente conta de Twitter @cmmonsbaby.

Obrigados, ictioscopio!

E xa sabedes, se vós tamén lle dades a isto do deseño podedes enviarnos a vosa cabeceira cas mesmas medidas da que está agora a cinema_friki @ yahoo . es

Pronto teremos novas colaboracións! Estade atentos!

Novas relacionadas: A cabeceira de chimpin

5 Comments

  1. by Snob Megalove, on Xuño 20 2010 @ 5:22 p.m.

     

    Parabéns! Que fermoso vos quedou, hostia! Eu tamén quero un así, a quen hai que zugarlle a pirola? 😀

  2. by Chimpin, on Xuño 20 2010 @ 8:23 p.m.

     

    Moi bonito, digno sucesor 😀

  3. by ghanito, on Xuño 25 2010 @ 7:56 p.m.

     

    Ooohhh! Que xeitoso!

    A min gustaríame ter tamén algún debuxo deste rapaz no meu blogue! 😉

  4. by ifrit, on Xuño 26 2010 @ 12:18 a.m.

     

    Snob, eu non teño que zugar pirola ningunha para acadar as cousas 😉
    Chimpin, se tal podes ir facendo outra para dentro dun ano 😀 😀
    ghanito, o rapaz fai poucos debuxos para blogues, pero cando os fai… se sale 😉

  5. by Estreamos a cabeceira de Xastriño | CINEMA FRIKI, on Marzo 3 2011 @ 4:24 p.m.

     

    […] a tedes aí arriba. Decimos adeus ó superheroe que nos agasallou ictioscopio e damos á benvida ó Lobeto come polbo de […]

Comment RSS

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.